Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARREAUS

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995 referente á convocatoria para prover unha praza de operario de servicios varios.

No BOP número 48 de data 27 de febreiro de 1995 aparece publicada a convocatoria e bases que rexerán o concurso-oposición dunha praza de operario de servicios varios, vacante no cadro laboral deste concello.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse soamente no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Sarreaus, 8 de marzo de 1995.

Gumersindo Lamas Alvar

Alcalde-presidente