Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da modificación da delimitación da unidade de actuación número 5 do PXOU.

0 Pleno da Corporación, en sesión do día vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e cinco, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación, con carácter inicial, á proposta -instada por iniciativa particular por Luna, S.L., Eduardo Feijoo, S.A., Edificaciones Galaicas, S.L. e Cesáreo José Fernández Janeiro- de modificación da actual unidade de actuación número 5 do vixente PXOU, de conformidade co proxecto presentado polos peticionarios o día 17-1-1995, acordándose, en garantía da adecuada xestión efectiva da unidade, a adopción das seguintes determinacións:

A) Os promotores da modificación, na súa condición de propietarios das parcelas que, como consecuencia da nova delimitación se convertan en soares, terán que ceder, como condición para o outorgamento de licencia as vías de acceso á praza totalmente urbanizados, presentando, unha vez outorgada a licencia, certificado final de obra e escritura pública de cesión dos ditos terreos.

B) Os terreos dos solicitantes incluídos dentro do ámbito da unidade de actuación terán que someterse ó inicio do proceso de xestión e exceución da unidade a través dos mecanismos urbanísticos estipulados pola normativa reguladora do solo, para este fin, na aprobación definitiva da modificación proposta, imporase coa condición de que os solicitantes presenten ante o rexistro deste concello os preceptivos estatutos e bases de actuación no prazo de seis meses desde a publicación da dita aprobación. En caso contrario, ó amparo do previsto no artigo 30.1º do texto refundido da Lei do solo, verán reducido o seu aproveitamento urbanístico nun 50%.

Ámbalas condicións establecidas terán que ser inscritas no Rexistro da Propiedade, polos promotores da modificación, ó amparo do disposto no artigo 307 do texto refundido da Lei do solo, achegando solicitude da dita inscrición no prazo de un mes desde a súa aprobación.

Segundo-Someter a información pública o expediente e proposta citada durante o prazo de quince días mediante anuncio no taboleiro de edictos da Casa do Concello, un periódico dos de maior circulación provincial, BOP e Diario Oficial de Galicia, computándose este período desde esta última publicación, con notificación persoal ós propietarios de terreos incluídos na unidade de actuación número 5, para os que o prazo empezará a contarse desde o día seguinte ó da recepción da notificación.

Terceiro-Dispor que con carácter previo á aprobación definitiva, se procede, Cesáreo José Fernández Janeiro ratifique os compromisos a que se obrigou acerca da concesión da superficie da súa propiedade destinada a industria de panadería afectada polo alargamento da rúa ou praciña Fonte da Moureira, segundo o vixente PXOU.

Durante o prazo de cinco días, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente incoado na Unidade de Fomento (rúa Dona Teresa) deste concello, e presenta-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 7 de marzo de 1995.

Francisco Javier Cobián Salgado

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario