Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.627

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1994 da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4070 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA) con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. y C.T edificio en Lugo, r/ Lavandeira-Esq. r/ Colocci., e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con conductor D.H.V.

15/25 kV, de 140 metros de lonxitude. Centro de transformción 2x400 kVA 20.000±5%, 380/220 V, en Lugo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 21 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo