Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.626

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4064 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4-1º, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar a BEGASA a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Instalación de reconectores Cooper Power Systems, modelo KFVE das seguintes liñas a 20 kV: liña de Aluminios (lugar Aluminios San Cibrao); liña Bravos, lugar Bravos-Ourol; liña pantalla de Pena, lugar Piago-Martul-Outeiro de Rei; liña Tablicia, lugar Arieiras; liña San Andrés de Logares lugar Ouviaña (Ribeira de Piquín); liña Lamas de Campos, a Pobra de Burón (A Fonsagrada); liña O Cadramón, Vilares (San Cosme de Barreiros); liña Barreiros-Ribadeo (Mañente-Foz); liña a Xermade, San Martiño; liña Goiriz-Xesta, polígono industrial de Vilalba.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 1 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo