Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle na avenida, de Buenos Aires, 51.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 14 de febreiro de 1995, o estudio de detalle, para axuste de aliñación interior e ordenación de volume do terreo sito na Avda. de Buenos Aires, número 51, presentado por Vaseta, S.L., redactado polo arquitecto Roberto Lamas Díaz e visado polo COAG con data do 28 de novembro de 1994; sométese a información pública polo prazo de quince días, con anuncios no Diario Oficial de Calicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da casa do concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados, especialmente ós propietarios contiguos á parcela.

O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito, cos límites seguintes:

Norte: Travesía de Vigo 261A e 263.

Sur: Buenos Aires, 49 e 51.

Leste: Buenos Aires, 53.

Oeste: Buenos Aires, 47.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 7 de marzo de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde