Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público polo procedemento de urxencia para a contratación das obras de reforma do centro de saúde de Valga (Pontevedra).

Obra: reforma do centro de saúde de Valga (Pontevedra).

Orzamento de contrata: 27.572.571 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

Fianza definitiva: 1.102.903 ptas.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo quinto día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que presentarán os licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 7.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 7.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións:

Realizaraa a Mesa de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1995.

P.D. (Decreto 199, 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos