Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.584

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de marzo de 1995 pola que se dispón o cumprimento da sentencia dictada o 6 de marzo de 1995, pola Sala Terceira, sección sétima, do Tribunal Supremo no recurso de casación 1.271 de 1992.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dispón o cumprimento da sentencia dictada pola Sala Terceira do Tribunal Supremo, con data do 6 de marzo de 1995, no recurso de casación 1.271 de 1992, interposto contra a sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia do 11 de xuño de 1992 dictada no recurso número 644/1991 e acumulados, sobre probas selectivas funcionariais.

En relación co devandito recurso, interposto ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo, dictouse a sentencia do 6 de marzo de 1995 na que a parte dispositiva é como sigue:

«Que debemos declarar e declaramos haber lugar a este recurso de casación interposto pola Abogacía do Estado, a Xunta de Galicia, o sindicato CC.OO. de Galicia, María Pilar García Suárez, Elena Martínez Martínez, Margarita García Giménez, Ramona Sotelo Lorenzo, José Luis Galiñanes Domínguez, María Begoña Caballero Javierre, Enrique Outomuro Vázquez, María Leonor Vázquez Outes, María Jesús Campo Rivera, María Luisa Fernández Hermida, Mª Teresa García García, José Manuel Neira González, Nieves Elvira Sabín Pita, Irene Clara Balsa López, Manuel José Díaz Gómez, Mª Ángeles Álvarez Robles, Mª Gloria Femández López, Mª Elena Faraldo Rodríguez, Mª Otilia González Alonso, Mª Consuelo García Santalla, Mª Begoña Fernández González, Mª Teresa Gamundi Miraz, Mª Elena González Lois, Juan Luis Fernández Fernández, Carlos Llanes Seoane, Mª José Torres Moure, Mª Isabel López Fernández, Mª Salvadora Fernández Díez, Mª Eulalia Pérez Iglesias, Mª Esther Abelenda Carro, Mª del Carmen Buitrón Pérez, Mª

Jesús Vázquez Pérez, Mª de los Ángeles Fernández Carreja, Mª Concepción Moure Martínez, Mª Margarita Rodríguez Conde, Mª José Covadonga Sarandeses Astray Caneda, Mª Fernanda Marzo Nogueras, Emilia López López, Mª Isabel López Saavedra, Manuel Jesús López Saavedra, Carmen Cabaneiro Santomé, Mª Luisa Raíces Núñez, Cándida Campos Crecente, Fernando Cerecedo González, Julia Núñez López e Luis Seoane Cajaraville, que actúan baixo a representación da procuradora Isabel Cañedo Vega e Mª del Carmen Souto Negrete, Mª Isabel Pardo Rodríguez, Mª Inmaculada Pierres Duarte Ferreira, José Manuel Couso Bravo, José Manuel Penide Colomer y Mª Dolores López Iglesias, que actúan baixo a representación do procurador Víctor Requejo Calvo e, en consecuencia, casamos e anulámo-la sentencia impugnada da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 11 de xuño de 1992, dictada nos recursos acumulados números 664/1991, 1.179/1991, 1.180/1991, 1.346/1991, 1.347/1991,

1.352/1991, 1.374/1991, 1.401/1991, 1.402/1991, 1.433/1991, 1.455/1991, 1.457/1991, 1.458/1991, 27/1992, 40/1992, e 235/1992 sobre probas selectivas funcionariais. E en substitución dela, desestimámo-los mencionados recursos contencioso-administrativos, confirmando as ordes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Galicia, do 23 e 24 de abril de 1991, e demais actos administrativos delas derivados relativos ó resultado da proba selectiva para elas convocadas, que fora obxecto de impugnación na anterior instancia».

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do previsto na Lei do 27 de decembro de 1956 reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, na Lei 62/1978, do 26 de decembro, de protección xuris

diccional dos dereitos fundamentais da persoa e na Lei 10/1992, do 30 de abril,

DISPÓN:

Que se cumpra a sentencia, nos seus propios termos, dictando as resolucións que procedan e acordando a práctica do que esixa o cumprimento das declaracións contidas na decisión.

Santiago de Compostela 17 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria