Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.584

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1995 pola que se fai público o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 1 de marzo de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública (DOG nº 45, do 6 de marzo) e o establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 9 de marzo de 1995, no salón C da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sito nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, e baixo a presidencia do director xeral da Función Pública, tivo lugar o sorteo ó que alude a citada resolución. Conforme o resultado do dito sorteo a orde de actuación dos aspirantes en tódalas probas selectivas de ingreso na Administración autonómica de Galicia que inicien o seu procedemento no presente ano, comezará por aqueles nos que o primeiro apelido empece pola letra «R».

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública