Obra: remodelación do servicio de cardioloxía e urxencias do materno infantil do hospital xeral do Sergas (Lugo).
Orzamento de contrata: 35.703.336 ptas.
Prazo de execución: 3 meses.
Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría e.
Fianza definitiva: 1.428.133 ptas.
Exposición de proxectos:
Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.
Prazo de presentación de proposicións.
Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo quinto día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deben presenta-los licitadores:
-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 7.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.
-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas.
-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 7.4 do prego de cláusulas administrativas.
Apertura de proposicións:
Será realizada pola Mesa de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro
día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.
Anuncios:
Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1995.
P.D. (Decreto 199, 16-6-1994)
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos