Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 1995 Páx. 2.576

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (158/1994).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela. Fago saber que neste xulgado do meu cargo se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, rexistrado baixo o número 158/1994, sobre declaración de falecemento de Pastor Rial Botana e Jesús Rial Botana, tramitado por instancia de Juan Mourullo Rial. Pastor Rial Botana e Jesús Rial Botana marcharon de nenos a Buenos Aires, e non se volveu a ter noticia deles desde entón. Jesús Rial Botana naceu en Santiago de Compostela o día 30 de novembro de 1882 e Pastor Rial Bontana naceu na mesma cidade o 28 de setembro de 18985, sendo fillos ambos de Nicolás Rial e Carmen Botana.

Polo presente edicto faise saber que calquera persoa pode comparecer, se o considera oportuno, no mencionado expediente para ser oída nel.

En Santiago de Compostela o sete de xuño de mil novecentos noventa e catro.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado