Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 1995 Páx. 2.575

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de estratigrafía, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente desta universidade, a Marta María Pérez Arlucea.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 29 de marzo de 1994 (BOE do 19), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de estratigrafía, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente, da Universidade

de Vigo, a prol de Marta Mª Pérez Arlucea, DNI número 8.954.202, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Marta Mª Pérez Arlucea profesora titular de universidade da área de coñecemento de estratigrafía, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente, da Universidade de Vigo.

Este nomeamento surtirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, a contar desde o día seguinte da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal. Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 24 de febreiro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo