Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 1995 Páx. 2.536

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1995, da comisión de selección, para a obtención do diploma de inspección de servicios, convocado por Resolución do 9 de xaneiro de 1995, pola que se anuncia a relación de admitidos ó curso.

En sesión celebrada o día 31 de marzo de 1995 pola comisión designada para a selección dos aspirantes ó curso para a obtención do diploma de inspección de servicios, convocado por Orde do 9 de

xaneiro de 1995 (DOG nº 12, do 18 de xaneiro), acordouse a selección definitiva dos aspirantes que realizarán o III Curso de Inspección de Servicios.

A relación dos seleccionados atópase exposta no taboleiro da Consellería da Presidencia e Administración Pública e os interesados poderán interpoñer recurso ordinario no prazo de un mes, perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1995.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios