Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.508

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de marzo de 1995 pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de febreiro de 1995 polo que se modifican as condicións da concesión definitiva outorgada a Faro de Vigo, S.A. para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia na Estrada (Pontevedra).

O Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, na súa reunión do día dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco, adoptou un acordo polo que se modifican as condicións da concesión definitiva outorgada a Faro de Vigo, S.A. para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia na Estrada (Pontevedra).

De acordo co disposto nos artigos 10 e 15 do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, fáise público o citado acordo.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Acordo do 16 de febreiro de 1995, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se modifican as condicións da concesión definitiva outorgada a Faro de Vigo, S.A. para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia na Estrada (Pontevedra).

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de outubro de 1994, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 217, do 10 de novembro de 1994, mediante Orde do 26 de outubro de 1994 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, outorgouse a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia na Estrada (Pontevedra), a Faro de Vigo, S.A., de acordo coa normativa aplicable, no que se fan consta-las características técnicas da citada emisora, asignando á devandita emisora a frecuencia 89,7 Mhz tal e como se recolle na acta de conformidade final emitida pola Dirección Xeral de Telecomunicacións con rexistro de entrada na Secretaría Xeral de Comunicación do 12 de setembro de 1994 e número de entrada 1.248.

A Dirección Xeral de Telecomunicacións posteriormente comunica que a frecuencia autorizada para esa emisora é 90,9 Mhz, tal e como se recolle na Resolución do 21 de xullo de 1987 da dita dirección xeral (BOE nº 243, do 10 de outubro de 1987).

Tendo en conta o informe da Secretaría Xeral de Comunicación, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, a teor do que se dispón no artigo 15 do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras en ondas métricas con modu

lación de frecuencia, modificado polo Decreto 35/1992, do de febreiro, o Consello da Xunta de Galicia,

ACORDA:

Primeiro.-Modifica-la frecuencia asignada á emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia outorgada a Faro de Vigo, S.A. na Estrada (Pontevedra) por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de outubro de 1994, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 217, do 10 de novembro de 1994, mediante Orde do 26 de outubro de 1994 da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Segundo.-A frecuencia que se lle asigna á mencionada emisora é a seguinte:

Frecuencia (Mhz): 90,9.