A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do día 28 de febreiro de 1995, aceptou a renuncia de Antonio Carlos Pereira Menaut como membro suplente do tribunal cualificador da oposición de letrados do Parlamento de Galicia.
Así mesmo, a Mesa, por acordo do día 21 de marzo, aceptou a designación, por substitución, de Enrique Gómez Reino-Carnota, catedrático de dereito administrativo na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, como vocal suplente do referido tribunal cualificador, consonte a designación efectuada polo Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela con data do 15 de marzo de 1995.
O que se publica en cumprimento do disposto na base 5.2 da convocatoria (DOG nº 188, do 28 de setembro de 1994) e para os efectos previstos nos arts. 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e 12.13º do Real decreto 2.223/l984, do l9 de decembro.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1995.
Victorino Núñez Rodríguez
Presidente do Parlamento de Galicia