Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.496

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de marzo de 1995 pola que se outorga o nomeamento de rexistrador da propiedade para o Rexistro de Celanova (Ourense).

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes, en virtude de concurso de aspirantes convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 15 de decembro de 1994 (BOE do 26 de decembro, corrección de erros BOE do 28 de decembro), e de conformidade cas artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do regulamento para a súa execución e 17 da Lei de réxime xurídico da Administración do Estado.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981 e o decreto da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, e demais disposicións legais autonómicas vixentes na materia, esta consellería, para prove-los rexistros da propiedade vacantes, radicados no territorio desta Comunidade Autónoma, ten a ben outorga-lo nomeamento de:

Jesús Fernández Brea, número de escala 901, aspirante nº 42, para o Rexistro da Propiedade de Celanova (Ourense).

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

Sr. Director Xeral de Xustiza e Interior