Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o prego de cargos que se formula no expediente número 916/11-94 de desafiuzamento administrativo de vivendas de protección oficial.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) notifícaselle a María Fernández Barros, con domicilio na rúa Gregorio Espiño, nº 47-3º B, da localidade de Vigo, da provincia de Pontevedra, o prego de cargos que se lle formula no expediente número 916/11-94, de desafiuzamento administrativo de vivendas de protección oficial, que, de acordo co establecido nos artigos do texto refundido de vivendas de protección oficial e 138 do seu regulamento, dará lugar ó desafiuzamento administrativo da vivenda situada no enderezo sinalado.

PREGO DE CARGOS:

«Non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente»; e requirímola para o pagamento dos recibos que debe por 771.261 ptas. a setembro de 1994, sen prexuízo dos posteriores vencementos que resulten sen pagar, e que se irán incorporando ó total da débeda.

Polo tanto, concédeselle o prazo de oito días hábiles, para que realice as alegacións que coide necesarias e propoña a práctica das probas que considere oportunas para o seu descargo. En caso contrario notificaráselle a resolución administrativa na que se acorde desafiuzamento e lanzamento da devandita vivenda.

En cumprimento do disposto no artigo 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común poderá comparecer ante esta delegación para facer efectivo o trámite de audiencia ó interesado, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións na defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 23 de febreiro de 1995.

Justo José González Ballesta

Delegado provincial de Pontevedra