Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia acordo da Comisión Provincial de Vivenda do 6 de setembro de 1994 de adxudicación dunha vivenda de protección oficial de promoción pública.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Ángeles Besa Romero, con domicilio na ruela Yáñez, 16, piso 1º, de Vigo (Pontevedra) que, por reuni-los requisitos establecidos no artigo 49 do Real decreto 3.148/1978, do 10 de novembro, e no Decreto 98/1992 sobre adxudicación de vivendas, a Comisión Provincial de Vivenda por acordo do 6 de setembro de 1994, procedeu a adxudicarlle, en

réxime de propiedade, a vivenda nº 205, con rocho e garaxe vinculados, promovida na localidade de Vigo (Pontevedra) ó abeiro do expediente PO-91/030, polo prezo de 4.389.359 ptas.

No prazo máximo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, deberá facer efectivo na conta 311000004/6 de Caixa Galicia o ingreso de 131.681 ptas., en concepto de IVE e 95.000 ptas., importe da provisión de fondos, ingreso que, unha vez efectuado, se acreditará ante a Xefatura Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na rúa Alcalde Hevia, s/n, Pontevedra.

Así mesmo, queda apercibido de que a falta de xustificación documental do ingreso das cantidades sinaladas no prazo indicado deixará sen efecto a adxudicación da vivenda.

Pontevedra, 23 de febreiro de 1995.

Justo José González Ballesta

Delegado provincial de Pontevedra