Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.375

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1995 pola que se adxudica unha bolsa de colaboración en tarefas de estudio e investigación sobre a codificación normativa da Xunta de Galicia.

A Escola Galega de Administración pública convocou por Resolución do 12 de decembro de 1994 (DOG nº 4, do 5 de xaneiro de 1995) unha bolsa de colaboración en tarefas de estudio e investigación sobre a codificación normativa da Xunta de Galicia.

O tribunal cualificador para a adxudicación desta bolsa na súa reunión do 9 de marzo de 1995, baremou tódalas solicitudes e propuxo a adxudicación en favor do candidato que obtivo a maior puntuación.

De conformidade coas competencias que me recoñede a normativa vixente e, á vista da proposta do tribunal, resolvo outorgarlle a dita bolsa a Juan Lete Achirica que alcanzou 21 puntos.

Contra esta resolución cabe interpoñer no prazo dun mes recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (art. 114.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), sen prexuízo da formulación do recurso contencioso administrativo contra a resolución do devandito recuso ordinario.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública