Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.348

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de marzo de 1995 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan pertencences ós concellos de: Boborás; Piñor; Pobra de Trives, A; Teixeira, A; Trasmiras; Verín; Vilamartín de Valdeorras; Vilardevós e Vilariño de Conso.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que «Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega».

De acordo con este mandato, seguindo o procedemento establecido polo Decreto 132/1984, do 6 de setembro, para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia, e contando co preceptivo dictame da Comisión de Toponimia, emitido na súa sesión plenaria do dez de febreiro de mil novecentos noventa e cinco, esta consellería dispón:

Artigo único

Quedan aprobados os nomes oficiais dos topónimos que figuran no anexo desta orde.

Disposición adicional

Do establecido na presente orde e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública