Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.295

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de febreiro de 1995 pola que se establece o currículo de relixión católica na educación infantil, na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria.

Os reais decretos 1330/1991, do 6 de setembro, 1006/1991, do 14 de xuño, e 1007/1991, do 14 de xuño, establecen respectivamente os aspectos básicos do currículo da educación infantil e as ensinazas mínimas correspondentes á educación primaria e á educación secundaria.

Por dúas ordes do 20 de febreiro de 1992 establecéronse os currículos da área de relixión católica na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria e por Orde do 3 de novembro de 1993 o da educación infantil.

A disposición adicional única do Decreto 426/1991, do 12 de decembro, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 7.4 do Decreto 245/1992, do 30 de xullo, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 5.7 do Decreto 78/1993, do 25 de febreiro, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, determinan que os currículos da área de relixión católica corresponde establecelos á xerarquía eclesiástica.

Finalmente o Real decreto 2438/1994, do 16 de decembro, regula -con carácter de norma básicaa ensinanza da relixión no sistema educativo de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE).

Na súa virtude, por proposta dos bispos das dióceses de Galicia, esta consellería dispón:

Artigo único.- Os currículos de relixión católica para a educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria obrigatoria son os que se inclúen no anexo da presente orde.

Disposición derradeira única

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Sr. Director Xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO

Currículo da área de relixión católica

1. Introducción xeral

1.1. Aproximación antropolóxica

Aproximarse á comprensión do home leva consigo non quedarse nunha única definición pechada, senón

deixar espacio aberto á totalidade. É dicir, favorecer que a muller e o home poidan ter acceso á súa realización e á súa plenitude.

A aportación da antropoloxía cristiá ás lexítimas preguntas sobre o ser humano radica nunha oferta de complementariedade e autotranscendemento. O concepto de home que se reduza a unha explicación pechada en si mesmo (inmanentismo) e que non desvele as realizacións de esperanza cunha apertura ó Absoluto corre o risco de elimina-la dimensión máis fonda do home. Ou, o que é o mesmo, prescinde de dar resposta ás preguntas máis existenciais do ser humano: á súa posibilidade de transcendencia e totalidade.

Desde a perspectiva antropolóxica cristiá compréndese ó ser humano como o único ser con capacidade de apertura para autocomprenderse e comprende-lo principio de esperanza.

Se ben é certo que toda visión do home é susceptible de múltiples traduccións culturais -tamén na cristiá- os principais vectores son: a apertura á totalidade desde a afirmación da unidade do ser humano.

Non se comprendería a antropoloxía do home galego, nin a súa historia e cultura, anulando ou deixando na penumbra esta apertura «relixiosa» ó Absoluto, que lle posibilita unha determinada lectura da natureza e de si mesmo.

O lugar da pregunta por Deus está na profundidade do propio ser humano. A limitación da ciencia e mailo grito da ecoloxía indican que a realidade non se pode esgotar eliminando o seu aspecto de misterio.

O verdadeiro Deus non lle rouba ó propio ser humano nin a súa soberanía nin a súa autonomía. Deus non aparece no horizonte da liberdade humana como antagonista, senón como favorecedor da súa realización, da súa plenitude.

Deus, na concepción antropolóxica cristiá, significa plenitude do humano, pois Deus fíxose Home para que o home sexa o que é, «humano»; agora ben, o home vive na historia e esta plásmase no conxunto cultural. Por iso, o home debe le-la súa historia e maila súa cultura desde o que esencialmente é: ser que camiña cara a unha realización que lle é posible, en tanto que non se esgota en si mesmo.

Hai que resalta-lo influxo que tivo na configuración da muller e do home galegos a súa religación á natureza e maila súa concepción da esfera do «espiritual». Arrecantar estes aspectos é optar pola morte cultural e pola morte dun pobo.

O ocultamento do Absoluto, de Deus, prodúcese cando o ser humano se converte el mesmo en absoluto, cando non acepta os seus propios límites.

Os tres principios da antropoloxía cristiá xiran arredor de:

-Unha cosmovisión na que a natureza adquira o seu sentido ó servicio do ser humano. Un descubrimento da creación que abra as perspectivas da Bondade e da Estética.

-A persoa de Xesús: «Home Novo» que posibilita e potencia a realidade humana. Ratificación e esclarecemento do home. Auténtico modelo referencial de Deus que mira á culminación da humanidade.

-A Resurrección: posesión plena das posibilidades do ser humano. Aclaración da incógnita da muller e do home.

Natureza, historia, Deus, son a resposta cristiá á pregunta polo ser humano.

1.2. Diferenciación cultural galega

Non se pode poñer en dúbida o feito de que en Galicia existe unha cultura diferenciada, aínda que teña unha forte conexión histórica coa castelá. Esta diferenciación afecta ó terreo relixioso de tal xeito que se pode afirmar que o cristianismo, encarnado na Igrexa Católica, é o elemento esencial na conformación da cultura espiritual galega.

A parroquia vén sendo unha institución básica de convivencia e veciñanza na sociedade galega. Nela atopa o individuo e maila «casa» o seu punto de identificación. Esta institución remóntase ós tempos da monarquía sueva, partindo de estructuras preexistentes, e responde á socioloxía da época na que se creou e ó estadio de evolución da sociedade daquel momento. Na parroquia foise formando o universo simbólico constitutivo da cultura galega e forxáronse os valores, normas e lexitimacións coas que viviron os galegos durante séculos ata hoxe.

Foron as parroquias rurais e mariñeiras, durante a «longa noite de pedra» de máis de trescentos anos, os fogares nos que se mantivo viva a lingua galega, considerada por moitos como o elemento diferenciador da nosa cultura.

A modernidade instalada nas cidades chéganos e implántase desde os valores, normas e lexitimacións típicos da poderosa e puxante cultura castelá. O binomio rural-urbano en Galicia, que algúns quixeron confundir coa expresión galega da loita de clases, non é máis que a manifestación patente desta división cultural.

Esta división afectou á cultura e á relixión, pois se a relixión conformou a cultura galega, esta condicionou un modo especial de entende-la relixión polos galegos.

Todo isto fai evidente a necesidade de que o estudio do elemento relixioso da nosa cultura sexa imprescindible en calquera proxecto educativo.

A alumna e o alumno teñen que descubri-lo factor relixioso desde a súa experiencia persoal, tratando de entendelo en relación cos estudios das ciencias sociais, da arte, da literatura, da socioloxía e das demais disciplinas.

O feito de que a investigación e a reflexión seria e científica do feito relixioso diferencial galego estea aínda por facer, obríganos a afrontalo xa nos diversos niveis educativos da nosa Comunidade Autónoma, dándolles entrada nos programas a elementos conducentes a un avance neste campo.

É preciso profundar no estudio dos temas e puntos fundamentais da doutrina cristiá desde a vivencia concreta que dela se deu no medio galego. Puntos tales como a percepción da morte e resurrección, a vinculación á terra e a construcción do Reino de Deus, a fe cristiá e a concepción da liberación integral do ser humano, a liturxia e maila súa vinculación á expresión relixiosa dos campesiños... son todos eles temas que deben integrarse, no momento oportuno, no proxecto curricular.

O diálogo fe-cultura no contexto galego precisa tamén un coñecemento serio dos temas básicos da construcción histórica e cultural de Galicia como serían: a primeira evanxelización de Galicia (cuestión xacobea... ), a aportación dos suevos, o monacato e a súa influencia na economía e na cultura galega, a institucionalización da parroquia, o Camiño de Santiago, a participación no xurdimento e na construcción de Europa, a relixiosidade popular, desenvolta en múltiples santuarios da nosa xeografía, e a súa relación coa sociedade e coa cultura galega, etc.

O estudio reflexivo destes temas, e a tódolos niveis, posibilitará o xurdimento dunha visión de Galicia fiel á súa maneira de ser, pero aberta ó futuro, auténtica e solidaria con tódolos demais pobos na construcción dunha Europa unida.

1.3. Presencia da área de relixión na escola

Nunha sociedade democrática e pluralista como a española, cun Estado aconfesional, o primeiro que se pode pensar é que a ensinanza relixiosa non ten cabida na escola, sobre todo na escola sostida con fondos públicos; sen embargo, cómpre indicar que a razón xurídica de que se imparta ensinanza relixiosa na escola non se basea na confesionalidade do Estado, pois non é o Estado quen para decidi-la orientación do saber, o significado último e total da vida humana.

Todo sistema educativo debe responder a un sistema de valores da sociedade á que pertence; sistema de valores que, de ningún xeito, pode ser imposto.

As institucións, educativas están ó servicio deses valores. Por conseguinte, se os pais ou os alumnos consideran o «relixioso» como unha realidade de significación decisiva para a súa existencia e para o pleno desenvolvemento da persoa humana, teñen dereito a unha educación que implique esta dimensión. Así o recolle a Constitución Española no artigo 27, parágrafos 2 e 3:

...a educación ten por obxecto o pleno desenvolvemento da persoa ( ... ) os poderes públicos garanten o dereito que asiste ós pais para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas propias conviccións.

Trátase dun dereito fundamental que lles permite ós pais, como principais responsables da educación dos seus fillos, escolle-lo tipo de educación que desexan para eles, e, por conseguinte, a escola ten que ofrece-lo ensino da relixión para que lles sexa posible a devandita opción, pois cadaquén configura a súa personalidade desde a visión profunda que ten da vida.

A lexitimidade con que se presenta a Área de Relixión na escola é a de educa-lo núcleo referencial de valores, ideas e crenzas; ese ámbito derradeiro e máis íntimo no que o ser humano configura os seus «por que» e os seus «para que»; o seu telón de fondo desde o que fai as súas opcións libremente. Desde aí medran a muller e mailo home de fe como seres humanos, e aí descobren e atopan as razóns da súa fe.

A escola, pola súa propia natureza, é unha institución da sociedade ó servicio da formación integral do home, mediante a transmisión sistemática e crítica da cultura. Non se pode contentar con instruír, senón que ha de educar e, para conseguilo, debe cultivar tódalas dimensións da personalidade dos alumnos; entre elas, a dimensión relixiosa para aqueles que o desexen.

Se a escola, pois, ten que contribuír ó pleno desenvolvemento da personalidade humana; se a escola realmente quere educar integralmente á persoa, ten que incorporar como obxectivo do sistema educativo ese núcleo referencial de valores, ideas e crenzas que lle permiten ó ser humano dar resposta ós seus interrogantes máis radicais; -e correspóndelle a cada cidadán determinar en que núcleo referencial quere ser educado-. Se non o fai así, non podemos falar de educación integral, pois non cumpriría coa súa función de servir a esta sociedade na que está e para a que está.

A alumna e o alumno que teñen fe constrúen desde esa fe toda a súa personalidade en diálogo constante e permanente coa cultura e cos datos culturais recibidos na escola e, ó mesmo tempo, van artellando aquelas razóns que xustifican e defenden esa dimensión fundamental para eles, como é a dimensión relixiosa.

A relixión é un ineludible feito cultural. Quen pase por alto o feito relixioso queda privado das claves necesarias para interpreta-la civilización galega, mediterránea e europea.

Para entende-los procesos históricos de case tódolos pobos, a súa creación artística, o seu patrimonio cultural e a súa creación popular -folclore, festas e calendario, mitos e rituais, universo simbólico, etc.-, nunha palabra, para entender e interpreta-la nosa realidade social, cultural e humana, hai que facer necesariamente referencia expresa a motivacións e condicionamentos de carácter relixioso que conformaron decisivamente a idiosincrasia dos pobos. Todo isto contribuirá a unha maior aproximación entre as culturas como base para o diálogo de civilizacións, sistemas de valores e crenzas.

A cultura ensínase e apréndese. A relixión, polo tanto -como fenómeno cultural e social que é- apréndese é ensínase nos procesos de transmisión da cultura. A escola, por suposto, desempeña un papel importante nestes procesos, e ten que transmitir ó alumnado o patrimonio cultural, relixioso e cristián, ofrecéndolle un soporte axeitado da súa cultura.

A fe e maila cultura están de tal maneira relacionadas que non se pode falar dunha cultura que non sexa expresión do «espírito», nin dunha fe que non leve consigo unha cultura. A cultura ten que ser unha expresión totalitaria da vida humana e non

unha visión unilateral ou unidimensional que non comporte un equilibrio cultural. Non se pode aceptar unha cultura de antinomias na que todo é válido, pero independente, como, por exemplo, fe-razón, sagrado-profano, laico-relixioso, etc., excluíndo unha síntese unitaria.

Para inserirse nunha sociedade libre e colaborar na súa progresiva construcción, o home precisa, ademais, vivencia-la súa liberdade -tamén a liberdade relixiosa- en tódolos campos onde se desenvolve a educación. A ensinanza relixiosa relaciónase dun xeito moi especial con esa liberdade.

O sistema educativo non pode reproducir sen máis o modelo de sociedade existente. Terá que preparar ás alumnas e ós alumnos para que sexan capaces de inserirse nela dun xeito crítico, lúcido e creativo, de maneira que colaboren responsablemente na transformación da propia sociedade.

1.4. A relixión e moral católica na escola

A Área de Relixión e Moral Católica concorre á formación das alumnas e dos alumnos cando axuda ó pleno desenvolvemento da súa personalidade e ó respecto dos dereitos e deberes fundamentais, dentro do marco da tolerancia, da liberdade, do saber e do diálogo.

Esta formación para o pleno afianzamento da personalidade inclúe o ensino da relixión como realidade antropolóxica, social e espiritual curricularmente significativa para o crecemento persoal dos alumnos e a súa integración social.

O ensino da relixión e moral católica procura facer unha lectura crente do feito cultural no que vive o alumno e debe dar sentido ós acontecementos sociais e culturais, en diálogo coas outras áreas curriculares.

O sistema educativo ha de forma-las alumnas e os alumnos para que se sitúen criticamente na sociedade, de xeito que sexan conscientes do que fan e queren, para colaborar así á súa transformación. Isto supón unha escala de valores e unha concepción concreta do ser humano. A relixión e moral católica aporta na escola unha peculiar maneira de valora-lo mundo que rodea ó alumno, ademais dunha determinada visión da persoa humana, que lle permitirá facer unha análise social coherente coas súas crenzas.

O alumnado só logrará unha identidade persoal se atopa o sentido último da súa propia existencia. A dimensión relixiosa católica dá resposta ós interrogantes do ser humano (vida, morte, liberdade, autorrealización, felicidade, ...), proporciona unha axioloxía, unha xerarquía de valores e unhas actitudes que se traducen en modos determinados de conducta e de convivencia.

É tarefa da clase de relixión e moral católica:

-Recoñecer e asumir lealmente aqueles valores humanos que caracterizan a cultura do noso tempo, xa que a fe e maila cultura interrelaciónanse na vida e, polo tanto, no ámbito escolar, onde o alumno vai facer unha síntese persoal da fe coa cultura, incorporando o saber da fe ó conxunto dos demais saberes.

-Presentar en todo momento a mensaxe cristiá como un saber razoable e como unha instancia crítica da sociedade.

-Realizar unha confrontación creadora entre a mensaxe cristiá e as diversas filosofías, proporcionando unha visión cristiá do ser humano, da historia e do mundo de cara á súa comprensión e de cara a un diálogo con outras cosmovisións e tradicións relixiosas.

-Realizar unha confrontación crítica cos elementos deshumanizadores da nosa cultura, proporcionando unha axioloxía, unha escala de valores e unhas actitudes en relación co sentido último da vida; educando a dimensión ético-social da persoa, de cara a unha apertura universal e realista fronte ós problemas da humanidade, e presentando a mensaxe cristiá como unha instancia liberadora e humanizadora da propia persoa.

-Educa-la dimensión relixiosa da persoa de cara a unha formación integral.

1.4.1. Identidade desta ensinanza relixiosa escolar

A Área de Relixión e Moral Católica escolarmente pódese identificar polas seguintes características:

-Apertura ó mundo cósmico e humano en diálogo respectuoso e crítico con outros campos do saber.

-Apertura do alumno ó transcendente e posibilidade de facilitarlle os contidos máis esenciais da fe cristiá -sen reduccionismos nin deformacións- de acordo coa xerarquía de verdades e coas posibilidades socio-culturais e psicolóxicas da alumna e do alumno en cada idade e en cada medio humano.

-Exposición do núcleo esencial da mensaxe cristiá desde a fe da propia Igrexa, como un ofrecemento aberto a todos e como un saber razoable.

-Utilización dunha linguaxe básica común, respectuosa co pluralismo, para evita-la disociación entre unha linguaxe sacral e unha linguaxe secular simplemente fenomenolóxica.

-Interdisciplinariedade, de xeito que o ensino de relixión encaixe perfectamente no marco curricular e nunha visión globalizadora da educación.

-Presenta-la mensaxe e o feito cristián de cara a un diálogo coa cultura, ofrecéndolle ó alumnado un soporte axeitado para face-la lectura da realidade histórico-cultural na que vive.

1.4.2. Finalidades desta ensinanza relixiosa escolar

A ensinanza da relixión e moral católica mantén unha profunda relación co progreso cultural, psicolóxico e espiritual do alumno, co seu contexto histórico e ambiental, e contribúe á súa inserción social nas seguintes dimensións:

-Ofrecéndolle un soporte axeitado para face-la lectura da realidade histórico-cultural na que vive e para coñece-lo contido do patrimonio católico.

-Formulándolle os problemas da verdade e do sentido da vida desde a perspectiva cristiá, contribuíndo

deste xeito a facer eleccións conscientes e responsables ante o problema relixioso.

-Axudándolle á formación da súa conciencia moral e facilitándolle o entendemento e mailo diálogo con diferentes crenzas e culturas, tanto con aquelas de ámbitos culturais distintos ó espacio mediterráneo-europeo como aqueloutras que, co cristianismo, forman o patrimonio relixioso dos pobos de España.

-Potenciándolle o seu equilibrio persoal para que sexa un individuo consciente, responsable e participativo na cultura e no mundo no que está inmerso; solidario ante os problemas do momento presente; capaz de discernir e tomar partido ante os valores que a súa propia cultura lle ofrece e enraizado no medio no que vive, con responsabilidade e compromiso.

-Sensibilizándoo profundamente ante calquera valor humano; cunha postura ante o feito e a experiencia relixiosa desbloqueada e liberada de prexuízos; integrando as propias experiencias de sentido, que implican a toda a persoa, sen renunciar a unha visión científica, criticamente inserta e humanizadora, de toda a realidade, como lle corresponde en canto membro da sociedade.

A modo de conclusión diremos que a auténtica educación integral do ser humano debe atender á dimensión do ser, á dimensión do saber e á dimensión do saber facer. A Área de Relixión e Moral Católica, ó mesmo tempo que fai un aporte importante ó saber, ten como peculiar e orixinal a potenciación, atención e fortalecemento de tódalas capacidades do SER da muller e do home.

1.4.3. Obxectivos xerais da Área de Relixión e Moral Católica

As consideracións anteriores, e outras moitas que se poderían facer, compéndianse nos tres grandes obxectivos desta área:

-Situarse lucidamente diante da propia tradición cultural, desenvolvendo unha asimilación reflexiva da mesma que lle permita ó alumno adopta-la súa propia perspectiva persoal.

-Inserirse criticamente, non só na sociedade na que está inmerso o alumno, senón na perspectiva total do universo, desde unha referencia explicitamente cristiá.

-Dar resposta á pregunta sobre o sentido último da vida, con tódalas implicacións éticas desde o horizonte cristián, construíndo deste xeito a súa propia identidade como persoa e como cidadán.

Educación Infantil

1. Introducción

A relixión e moral católica debe ter un lugar importante na escola porque contribúe á educación integral das nenas e dos nenos.

Os anos da educación infantil son básicos na estructuración da personalidade e na consecución da autonomía persoal.

Partindo das experiencias e dos valores que a nena e o neno perciben e viven, aínda que sexa de forma inconsciente, debemos tamén dar resposta ó seu espertar relixioso, axudándolles a que vaian descubrindo a dimensión transcendente nas actitudes e testemuños dos adultos crentes do seu arredor.

A experiencia relixiosa da nena e do neno destas idades non é absolutamente espontánea, precisa da acción educativa. A experiencia humana chega así a ser experiencia relixiosa e nela descobren a transcendencia.

Na etapa de 0-3 anos son os pais, fundamentalmente, os encargados de facerlles vivenciar a estas nenas e nenos as experiencias diarias, ó impregna-la súa vida de crentes con signos e símbolos que fan referencia ó Absoluto. Chegará, pois, con que perciban o xeito de ve-lo mundo e de relacionarse con el a través do seu ambiente familiar.

A etapa de 3-6 anos é, propiamente, a etapa do espertar relixioso e ten como característica a apertura a todo o que os rodea. Para que se realice esa apertura precisan dun clima de confianza e seguridade. Só un ambiente de cariño e afectividade, por parte de pais e mestres, os levará a abrirse ó mundo do seu arredor, a facerse conscientes do seu corpo, do «espacio» (casa, colexio, igrexa, rúa, ...) e dos ritos, xestos e símbolos que perciben a diario.

Habería tamén que destaca-los tres elementos a través dos que se expresa ese espertar relixioso:

-A linguaxe.

-O xogo.

-O símbolo.

A linguaxe é un elemento esencial para as nenas e nenos na construcción da súa propia identidade e será, ademais, o medio normal de comunicación.

O xogo constitúe a base da súa actividade, e a través del aprenden. Permítelles expresarse e descubrir pouco a pouco a dimensión comunitaria -dimensión fundamental da fe cristiá- polos seus aspectos socializantes.

O símbolo axúdalles a traspasa-la súa realidade e, por medio dos xestos, palabras e signos, intúen e comprenden os aspectos concretos da fe.

Os contidos estrictamente relixiosos abordaranse de forma ocasional e dentro do contexto no que se vaia desenvolvendo a súa vida e a súa actividade diaria.

Sempre que sexa posible, aproveitaranse momentos importantes (Nadal, Pascua, unha festa, calquera celebración,...) para que a formación relixiosa non quede descontextualizada, senón formando parte da propia vida diaria da nena e do neno, axudándolles así a vivir eses momentos dun xeito especialmente consciente.

Esperta-las capacidades relixiosas da nena e do neno nas súlas relacións coas persoas e co mundo que os rodea:

-No descubrimento de si mesmos e na busca da autonomía persoal.

-No descubrimento do contorno natural.

-No descubrimento do contorno social.

-No descubrimento da transcendencia (tamén a comunicación con Deus).

Serán, pois, os eixes da ensinanza relixiosa escolar, xa que lle axudarán á nena e ó neno a:

-descubri-los elementos relixiosos presentes neles mesmos e no mundo que os rodea (persoas, obxectos, signos, lugares, festas, celebracións, ...).

-achegarse ás claves da fe cristiá a través da linguaxe e das imaxes e símbolos relixiosos.

-suscitar actitudes cristiás básicas partindo de valores humanos fundamentais.

-exercita-la expresión, a creatividade e as destrezas e habilidades, valéndose dos recursos que ofrecen a liturxia e mailas festas cristiás.

2. Obxectivos

Ó remate da educación infantil a nena e o neno deberían chegar a te-la capacidade de:

-Descubri-la natureza e as persoas como regalo de Deus.

-Descubri-las súas cualidades e posibilidades, como regalo de Deus, para comunicarse e relacionarse con El e cos demais.

-Integrarse no contorno que os rodea captando o sentido relixioso como feito cultural, vivencial e identificador de persoas ou grupos, dun xeito sinxelo.

-Adquirir unhas actitudes básicas de comportamento familiar e social fundadas no respecto, na confianza, na verdade, na colaboración e na solidariedade.

-Coñece-los signos e celebracións principais da vida litúrxica cristiá.

-Exercita-los primeiros hábitos e habilidades para acceder por eles á súa propia interioridade, á oración e ás celebracións axeitadas ás idades destas nenas e nenos.

-Utilizar con propiedade algunhas expresións da fe cristiá, tanto verbais coma plásticas, musicais ou corporais.

-Descubrir a Deus como pai, á Virxe María como nai e a Xesús como amigo.

-Descubri-la familia dos cristiáns.

3. Contidos

Área de identidade e autonomía persoal

A Área de Relixión e Moral Católica, desde a súa orixinalidade e peculiaridade, vai contribuír tamén «ó progresivo coñecemento e control que as nenas e os nenos van adquirindo de si mesmos, e á capacidade para utiliza-los recursos persoais dos que dispoñan en cada momento ... » (Introducción á área de identidade e autonomía persoal. Decreto 426/1991, do 12 de decembro, DOG do 14 de xaneiro de 1992, no que se define o currículo da educación infantil).

É preciso, sen embargo, subliñar aquí que a relixión e moral católica desde esas claves apuntadas na devandita introducción lles vai axudar ás nenas e ós nenos desta etapa educativa a ir espertando tamén a esa identidade cristiá, querida e solicitada polos pais ou titores e, ó mesmo tempo, axudaralles a ir medrando no clima de autonomía persoal que a relixión católica reclama e proclama para todo ser humano.

3.1. Bloque 1: O corpo humano. Linguaxe relixiosa do corpo e as súas posibilidades de expresión relixiosa

3.1.1. Feitos e conceptos

-Deus é o Creador de tódalas cousas, tamén do corpo humano, coa colaboración dos pais.

-Diferenciación sexual como don recibido de Deus: o respecto ó propio sexo.

-O corpo como linguaxe de identificación cristiá.

-A linguaxe do corpo nalgúns relatos do Evanxeo.

-Xestos, posturas, movementos de expresión relixiosa.

3.1.2. Procedementos

-Expresión de sentimentos e emocións relacionados coa fe: sorpresa, ledicia, petición de perdón,...

-Realizar unha actividade na que coas súas mans, pés, ... ou coa súa palabra, a nena ou o neno poidan proporcionar ledicia ou producir dano ou tristeza.

-Utilización dos sentidos para percibir imaxes ou obxectos relixiosos por medio da vista, do olfato, ...

-Utilización dos sentidos na aprendizaxe dos cantos relixiosos.

-Escenificación de pasaxes do Evanxeo mediante xestos e movementos.

-Destreza para realizar algunhas expresións de carácter relixioso (xenuflexión, sinal da cruz, ...).

-Expresión de oración (mans levantadas ou xuntas), de fraternidade (tende-las mans, unilas coas dos outros), de axuda ós que o precisan (sorriso, ofrece-lo ombreiro, ...), imitando movementos rítmicos, con música de fondo.

3.1.3. Actitudes, valores e normas

-Ledicia de vivir e medrar xunto cos outros.

-Valoración de tódalas súas posibilidades, aceptando cristianamente as posibles minusvalideces.

-Actitude de axuda ós seus compañeiros.

-Satisfacción pola axuda prestada ós demais a través do corpo, como pode se-lo axudar a transportar algo, o sorriso, ...

3.2. Bloque 2: A saúde como experiencia e regalo de Deus

3.2.1. Feitos e conceptos

-A saúde como regalo de Deus ó ser humano.

-Para ter unha boa saúde dispoñemos dunhas persoas que nos coidan e duns alimentos, vestidos, limpeza,...

3.2.2. Procedementos

-Analizar comportamentos que axudan a conserva-la saúde ou a recuperala cando se perdeu: limpeza, ir ó médico, seguir un tratamento, ...

3.2.3. Actitudes, valores e normas

-Actitude de aceptación das limitacións da saúde (enfermidade, fatiga, ...).

-Actitude de loanza e acción de gracias a Deus pola saúde.

-Actitude de respecto pola vida propia e pola allea.

-Axuda a aquelas persoas que precisan algo.

Área do medio físico e social

Na introducción que a esta área se fai no DCB xeral desta etapa educativa (Decreto 426/1991, do 12 de decembro, DOG do 14 de xaneiro de 1992) dise: «O obxecto desta área é facilita-lo descubrimento, coñecemento e comprensión daquilo que configura a realidade do neno, sobre todo naquilo que está ó alcance da súa percepción e experiencia. Esta realidade atinxe os contornos e obxectos físicos, as organizacións e relacións sociais inmediatas, así como outros ámbitos, que, a pesar da súa posible distancia física e temporal, están estreitamente ligados ós intereses da nena ou do neno».

A relixión e moral católica, desde a súa orixinalidade, colabora e desenvolve o obxecto desta área xunto con tódolos demais aspectos aí sinalados; pero, ó mesmo tempo, amósalles á nena e ó neno destas idades que ese medio físico e social, onde se está verificando o seu total crecemento, é -para un crente ademais de agasallo de Deus, manifestación da grandeza, bondade, beleza, ... do Señor, que deberá respectar, coidar e mellorar a través dun proceso relacional progresivo e persoal.

Así mesmo, para as nenas ou nenos cristiáns o campo de relación é necesariamente máis amplo e profundo, pois a esa relación física e social hai que engadi-la relación persoal con Deus e co mundo da transcendencia.

3.3. Bloque 1: Dimensión cristiá das relacións sociais e da actividade humana

3.3.1. Feitos e conceptos

-Deus danos unha familia e uns compañeiros para axudarnos mutuamente e sermos felices.

-A familia é o lugar onde se descobre e se vive a experiencia da realidade relixiosa e cristiá.

-A familia, a casa e a escola, lugares de convivencia e de relación cos demais.

-Actividades diarias que poden axudar a mellorar ou a empeora-la vida familiar e as relacións cos demais, segundo o plan, de Deus.

-O amor cristián maniféstase en xestos concretos: saudar, axudar, comparti-las cousas, perdoar e ser perdoados.

-Principais festas cristiás. O domingo, a festa do Señor e dos cristiáns.

-A Parroquia: festas e celebracións.

3.3.2. Procedementos

-Iniciación da conciencia moral comparando as accións constructivas coas destructivas, correspondentes á súa idade.

-Expresión de diversos xestos cristiáns de relación cos demais (o saúdo, o xesto da paz, ...).

-Regulación dos comportamentos de agresividade, dos desexos, ... de acordo co modelo cristián.

-Compara-los comportamentos da xente do seu arredor co comportamento de Xesús.

-Estratexia para descubrir a Deus como «Pai noso», bo e agarimoso, en relación coa figura do pai e da nai.

-Análise descritiva do domingo e das festas cristiás, comparándoas coas festas cívicas do seu contorno.

3.3.3. Actitudes, valores e normas

-Valoración do traballo propio e alleo como colaboración e axuda ós demais.

-Actitude de respecto, cariño e dispoñibilidade na vida familiar e escolar.

-Disposición para colaborar nos traballos da casa e da escola.

-Actitude de confianza en quen nos coida e confía en nós.

-Valoración do amor dos pais, familiares e mestres cando teñen que corrixirnos en algo.

-Ledicia e gratitude a Deus por vivir no seo dunha familia, asistirá á escola, ter uns amigos, celebra-las festas, ...

3.4. Bloque 2: A Creación de Deus e a colaboración do home

3.4.1. Feitos e conceptos

-O ser humano é un colaborador de Deus na Creación.

-Os seres vivos son criaturas de Deus postos ó servicio do ser humano, para que este os aprecie, respecte e coide.

3.4.2. Procedementos

-Percepción dos datos evanxélicos de como Deus coida dos paxaros, das flores, ...

-Os elementos da natureza: as montañas, os montes, o lume, os mares, os ríos, ... tamén son obra de Deus.

-Colaboración e destreza no coidado da natureza, e dos animais confiados por Deus ó ser humano.

-Observación da paisaxe -natural e urbanapara descubri-lo que é obra do home e o que está máis alá das súas posibilidades.

-Recolleita dalgúns datos sobre as modificacións que o ser humano pode introducir na Creación, tanto para mellorala como para estragala.

3.4.3. Actitudes, valores e normas

-Gratitude a Deus e admiración pola Creación.

-Admiración ante a beleza da paisaxe natural e ante fenómenos como a saída e posta do sol, unha tempestade, as ondas do mar, o arco da vella, unha nevada, ...

-Actitude de agradecemento a Deus polas cousas boas e fermosas que temos no noso arredor.

-Colaboración na tarefa de manter fermoso o mundo que Deus nos deu, empezando polo noso arredor

-O deber e o uso, da natureza confiado por Deus ó ser humano.

-Respecto e atención ós animais e ás plantas.

Área de comunicación e representación

Entresacamos da introducción a esta área do DCB xeral desta etapa educativa (Decreto 426/1991, do 12 de decembro, DOG do 14 de xaneiro de 1992) o seguinte: «O centro de educación infantil é un lugar no que se amplían e diversifican as experiencias das criaturas e as formas de representación que foron elaborando nas súas experiencias familiares accedendo a novos vehículos de expresión. Nel foméntanse adquisicións e poténcianse intercambios comunicativos con outros nenos e cos adultos, dotando as súas comunicacións de contidos progresivamente elaborados e adquirindo conceptos, destrezas e actitudes que van favorecer expresións progresivamente máis complexas e afinadas de un mesmo, dos seus coñecementos, sentimentos, vivencias, etc. Deste modo estimúlanse non só o acceso ás representacións da realidade, senón tamén a expresión destas distintas realidades a través de diversos vehículos».

A relixión e moral católica, desde a súa peculiaridade, participa como calquera das outras materias disciplinares da educación infantil na tarefa de ampliación e diversificación das experiencias da nena e do neno e das formas de representación que foron elaborando nas súas experiencias familiares; pero a través desas canles de comunicación e representación a relixión e moral católica vai realizando xa nesta etapa de educación infantil a súa tarefa específica de axudarlle á nena e ó neno a descubrir, crear, representar ou expresar todo ese mundo de relixiosidade cristiá que impregna e singulariza a nosa cultura occidental.

A expresión relixiosa cristiá, xunto coas demais expresións -verbal, musical, plástica, matemática, etc.- fará non só que a formación da nena e do neno sexa máis rica e completa senón que tamén fará que a súa contribución ó «torrente» da cultura occidental sexa máis real.

3.5. Bloque 1: Signos e símbolos da expresión relixiosa-cristiá

3.5.1. Feitos e conceptos

-Imaxes e edificios relixiosos do contorno da nena ou do neno: imaxes de Xesús, de María ou dos santos, a igrexa, o adro, o cruceiro, o cemiterio, ...

-Obxectos relixiosos do seu contorno.

-Símbolos relixiosos: retablos, torre da igrexa, pía bautismal, campá, ...

-Símbolos cristiáns e imaxes: a cruz, os cruceiros, o Neno Xesús, María, o Belén, os santos, os petos de ánimas, ...

-Materiais diversos dos que se serviron os artistas: cristiáns: pedra, barro, madeira, bronce, ...

-Función dos símbolos relixiosos: luz, auga, sal, aceite, ...

-Representación dalgunhas pasaxes do Novo Testamento.

3.5.2. Procedementos

-Agrupación, diferenciación e representación de obxectos relixiosos nun conxunto de obxectos diversos.

-Identificación do tema de tipo relixioso dalgún cadro, debuxo ou fotografía.

-Debuxar, cortar, pegar,... distintos signos, imaxes ou figuras.

-Habilidade na construcción de obxectos e motivos relixiosos con materiais diversos que utiliza a cotío na escola.

-Elaboración dalgunha imaxe ou símbolo relixioso con plastilina, barro, etc.

-Relación de cousas, persoas, lugares, símbolos, con Deus Pai, con Xesús, con María ou cos santos; indicando por que se fai tal relación (pan-misa, custodia-Xesús, maio-María, sacerdote-Xesús, ...)

-Coordinación e control de habilidades xestuais e psicomotrices para expresar actitudes cristiás de ledicia, compañeirismo, perdón, loanza, ...

-Iniciación ó sentido relixioso de certas danzas e ritmos que se empregan nalgunhas festas cristiás.

3.5.3. Actitudes, valores e normas

-Colaboración en traballos, xogos, actividades da clase ou da familia.

-Confianza nas propias aptitudes para o exercicio, físico e actitude de axuda ós que poden menos.

-Valoración dos propios traballos para regalárllelos ós demais.

-Ledicia polas obras de expresión plástica realizadas, propias e alleas.

-Actitude de compartir, regalando ou intercambiando o que cada un fixo.

-Aceptación das regras que rexen os xogos.

-Admiración ante imaxes e símbolos relixiosos.

3.6. Bloque 2: Comunicación con Deus a través da oración

3.6.1. Feitos e conceptos

-O diálogo do ser humano con Deus para escoitalo, pedirlle axuda, darlle gracias, contarlle cousas, ... (oración).

-A música, o canto e o valor do silencio, distintas formas de expresión relixiosa.

-O canto como expresión relixiosa de loanza, ledicia, gratitude, esperanza, ...

-Instrumentos musicais que se empregan para expresa-la ledicia cristiá.

3.6.2. Procedementos

-Construcción de frases espontáneas relativas a imaxes ou símbolos relixiosos, como iniciación á oración.

-Habilidade para utiliza-las fórmulas de saúdo, acollida e despedida que teñen alcance cristián.

-Habilidade para cantar algunhas cancións relixiosas e recitar poesías.

-Utilización de instrumentos musicais sinxelos para acompaña-lo canto relixioso.

3.6.3. Actitudes, valores e normas

-Actitude de escoita ós outros para recibi-las súas informacións, ensinanzas, necesidades,...

-Valoración da actitude do silencio ante Deus.

-Valoración da oración como diálogo de amizade con Xesús.

-Sensibilidade para o canto e a música relixiosa.

-Ledicia e participación no canto de panxoliñas, cancións festivas, ...

3.7. Bloque 3: Primeira iniciación ós libros santos: A Biblia

3.7.1. Feitos e conceptos

-A Biblia, «libro santo» dos cristiáns.

-Coñecemento dalgúns dos relatos evanxélicos máis axeitados a estas idades.

3.7.2. Procedementos

-Observación e interpretación dalgunhas imaxes nunha Biblia ilustrada.

-Identificación dalgunhas palabras escritas moi significativas: Deus Pai, Xesús o Fillo de Deus e o noso Amigo, Virxe María, Nai de Xesús, ...

3.7.3. Actitudes, valores e normas

-Actitude de admiración e respecto pola Biblia, o libro no que Deus nos fala.

-Coidado e respecto no manexo de libros e láminas relacionados con Xesús, María ou os Santos.

4. Orientacións didácticas

Débense ter presentes as orientacións dadas para cada área no DCB xeral desta etapa educativa (Decreto 426/1991, do 12 de decembro, DOG do 14 de xaneiro de 1992), pois é imprescindible coñece-los distintos pasos que a nena e o neno van dando en tódolos campos do seu crecemento ata os 6 anos.

Desde a área de relixión é preciso non esquecer:

-As características peculiares que presenta a relixiosidade das nenas e nenos destas idades: a

súa experiencia familiar, o coñecemento do seu corpo, o contacto co contorno físico e social, a adquisición da linguaxe, ...

-A influencia das actividades lúdicas, a través das que se encarreiran modos de convivencia, opcións elementais, exercicios de expresión corporal, etc.

-O peso específico da afectividade nesta etapa: a relación cos pais, mestres, compañeiros, o trato coas persoas maiores, actitudes de xenerosidade, perdón, servicio ou agresividade, illamento, etc.

-O sentido relixioso do corpo reclama xestos coas mans, ollos, boca, brazos, pés, ... (xestos propios de adoración a Deus, de saúdo ós demais, de prestar servicio, de dominio da agresividade, ...)

-A coordinación viso-manual ten interese na formación relixiosa de cara á realización e manipulación de obxectos que familiarizan á nena e ó neno cos símbolos relixiosos e coas imaxes sagradas.

-As realidades concretas do contorno físico e social ofrécenlle á nena e ó neno un campo de significación relixiosa: o seu barrio, a súa aldea, a súa parroquia, a escola, a paisaxe, ... En todas elas pode exercitar actitudes cristiás e de oración e loanza a Deus Pai.

-A linguaxe entraña un particular interese. A ensinanza relixiosa conta historias, narracións, anécdotas que lle suscitan á nena e ó neno interrogantes e ofrécenlles unha plataforma para expresarse, ampliar vocabulario, esperta-la súa atención, etc.

-As produccións musicais e artísticas de carácter relixioso proporciónanlles medios axeitados para a educación da súa sensibilidade artística.

O método para que a nena e o neno progresen nos aspectos antes citados esixe:

-Respecta-lo seu ritmo, a súa «orixinalidade» relixiosa, distintos do ritmo e do modo de ser relixioso da persoa adulta.

-Considera-lo «estrictamente relixioso» como a culminación de todo o proceso educativo. O relixioso -na nena e no neno de 3-6 anos- está inseparablemente unido á acción, xa que é a través desta como desenvolven as súas capacidades de crecemento.

-Tomar conciencia das experiencias que viven do «seu eu en crecemento», do seu ambiente familiar, da extensión do seu mundo cultural e social, das súas posibilidades de abrirse á realidade cósmica e humana.

-Atender ós aspectos de globalización, absolutamente indispensables nesta idade; globalización que axuda á maduración progresiva da nena e do neno.

A globalización inflúe na educación integral da nena e do neno de 3-6 anos:

-A globalización esixida polas características da nena e do neno destas idades leva consigo, como complemento necesario, a iniciación na formación relixiosa.

-A ensinanza relixiosa é un aglutinante de tódalas experiencias, actividades e adquisicións que a nena e o neno de 3-6 anos levan a cabo.

-Significa empeza-la ensinanza polo todo, polo conxunto.

-Trata de organiza- la ensinanza cun criterio «totalizador e unitario» e de realizala intentando que, cun só acto, o educador se achegue a un saber ou ás súas actividades non fragmentadas na diversidade de materias. É patente que a globalización busca a integración de ensinanzas e, na devandita integración, xoga un papel esencial a formación relixiosa.

5. Orientacións para a avaliación

A avaliación nesta etapa enténdese non como avaliación da nena ou do neno, nin do grao de coñecementos adquiridos senón do proceso en si e, fundamentalmente, como autoavaliación do educador sobre os seus propios obxectivos.

Nesta etapa, tendo en conta o que se leva dito, só é posible avaliar:

-Certas actitudes básicas de atención, interese e colaboración.

-Se a nena e o neno se senten eficaces, competentes e capaces como membros da gran familia cristiá.

-Coñecementos elementais sobre Deus como pai, Xesús como irmán e amigo, María como Nai de Xesús.

A avaliación, ademais da súa función formativa, deberá servir para detecta-las carencias con que pasa a nena ou o neno ó ciclo seguinte para poder solventalas.

As capacidades -disposicións, actitudes, motivacións da nena e do neno son indirectamente avaliables, máis que a conducta ou o rendemento.

A avaliación será a que lle dea idea á mestra ou ó mestre do seu traballo, das correccións que debe facer, da necesidade de adecua-lo proceso de ensinanza-aprendizaxe ás posibilidades da nena e do neno.

Educación Primaria

1. Introducción

Nesta longa etapa das operacións concretas, 6-12 anos, teriamos que distinguir dúas ou tres fases.

Nun primeiro momento, as operacións cognoscitivas están orientadas cara ás cousas e feitos concretos do presente inmediato. O egocentrismo da nena e do neno lévaos a querer axusta-la realidade ós seus coñecementos e intereses.

Continúa a apertura ó mundo cósmico, cultural,... e tamén ó relixioso; haberá, pois, que ofrecerlles unha visión elemental das distintas manifestacións da relixión e moral católica para que as vaian integrando no descubrimento do seu contorno, da natureza, do cosmos; de xeito que o coñecemento de Deus, do mundo, da «Creación», ou os conceptos da mensaxe cristiá, nos que Xesús presenta a Deus como Pai, non resulten algo alleo ás súas vidas.

O egocentrismo vai deixando paso a un pensamento máis obxectivo e socializado consecuencia do descubrimento do outro e da interacción social que obriga á alumna e ó alumno a revisa-los seus conceptos e percepcións.

O diálogo relixión-elementos culturais nesa apertura ó mundo estructúrase arredor das verdades do Credo. Igual que na fase anterior, parece elemental que a relixión axude a crear un novo estilo de relación coas persoas e coas cousas; só así terá sentido a súa relación co Deus Pai e Creador.

A capacidade de síntese para organizar e crear esquemas e relacións estructuradas, garantía da aprendizaxe, concrétase, ó remate desta etapa, na capacidade de realizar unha correcta comprensión do símbolo.

Neste momento axudarase a que a alumna e o alumno fagan a síntese dos elementos e feitos relixiosos do seu arredor que lles permita ter unha visión de conxunto da relixión e moral católica e da interrelación coas formas culturais que eles perciben.

A oferta de claves para entende-la simboloxía das relacións sociais e dos símbolos e signos relixiosos axudará ó crecemento humano, á integración do relixioso na súa vida e a unha personalización progresiva da fe católica.

A Área de Relixión e Moral Católica, ademais de contribuír á potenciación das capacidades concretadas nos obxectivos xerais de educación primaria, quere responder tamén a outras capacidades non concretadas nestes obxectivos, pero que igualmente concorren no desenvolvemento integral das alumnas e dos alumnos, como poden ser:

-Capacidade de saber dar razón da súa «esperanza».

-Capacidade de explicar «o porqué» da ética persoal.

-Capacidade de dar resposta ás preguntas máis radicais do ser humano.

2. Obxectivos

Ó remata-la educación primaria as alumnas e alumnos serán capaces de:

-Coñece-lo alcance e o significado de determinados acontecementos, afirmacións, palabras, expresións e textos claves da fe católica e saber relacionalos para conseguir unha sinxela visión de síntese da devandita mensaxe.

-Manexa-los principais libros da fe cristiá e iniciarse na utilización do Novo Testamento; coñecer, así mesmo, os elementos fundamentais do ciclo litúrxico (Advento, Nadal, Coresma e Pascua).

-Coñecer e valora-los principais modelos de vida propostos pola fe cristiá a través dalgúns personaxes do Antigo e do Novo Testamento, en especial, Xesucristo e maila Virxe María, e de protagonistas sobranceiros da historia da Igrexa.

-Mostra-la importancia da Igrexa Universal e das súas comunidades locais, para valora-la súa acción evanxelizadora e caritativa, cultural e social, analizando casos actuais e máis algúns momentos cruciais da historia.

-Utiliza-los recursos da linguaxe corporal e simbólica que permiten expresar experiencias relixiosas, con vistas a adquirir unha visión elemental e estructurada dos Sacramentos; e tamén unha visión elemental dalgunhas expresións artísticas do cristianismo.

-Acceder a unha primeira análise e interpretación de certos interrogantes profundos do ser humano (vida, morte, dor, liberdade, ...), para valora-las respostas da fe cristiá e sacar conclusións.

-Recoñecer e valora-la dignidade do corpo e a importancia da natureza, analizando afirmacións fundamentais da mensaxe cristiá (Creación por Deus, Encarnación de Cristo e Redención, o corpo, templo do Espírito Santo, a resurrección da carne), para facer aplicacións á vida persoal e social.

-Observar e analizar certos usos e costumes da práctica cristiá habitual en relación ó seu ámbito familiar e social (saúdos cristiáns, compostura nas celebracións, ...), para darse conta do seu valor e poder comportarse en consecuencia.

-Descubri-lo sentido cristián de actitudes e accións de inserción e participación social (sinceridade, paz e alegría, comprensión e perdón, respecto e obediencia, colaboración e solidariedade, amor, ...) e valoralas para comprende-lo que aportan na vida persoal, na convivencia e na pertenza á comunidade eclesial.

-Tomar conciencia de que a fe cristiá convida sempre á acción para mellorar todo aquilo que ten que ver cun mesmo, cos demais e co medio ambiente, aplicándoo a casos e situacións concretas.

-Coñece-los datos máis relevantes do marco da súa experiencia situacional concreta (costumes, cultura, arte, historia, ...), que garda relación coa fe católica, para aprender a interpreta-las expresións relixiosas dos símbolos, imaxes e conductas.

3. Contidos

O eixe vertebrador dos contidos da Área de Relixión e Moral Católica na educación primaria é a relación Deus-home.

Só podemos captar en que consiste esa relación a través das manifestacións da propia persoa crente, por medio de expresións rituais e simbólicas ou da formulación conceptual que fai do que vive no fondo da súa alma, da profundidade máis íntima da persoa.

Os seres humanos expresan a súa experiencia relixiosa en distintas manifestacións espontáneas, ou codificadas polo tempo; en formas de organizarse para a convivencia e nas ensinanzas razoadas, froito da súa experiencia. A realidade relixiosa non está constituida exclusivamente pola «relación Deus-home», tamén ten outras múltiples manifestacións que conforman o seu elemento visible: narracións, culto, código moral, igrexa institución, ensinanza racional,...

A alumna e o alumno de educación primaria, que constrúen o seu pensamento segundo as coordenadas propias do «pensamento concreto», tamén as utilizan para o relixioso. O conxunto das manifestacións externas da relixión será pois «o obxecto» da atención do alumnado cando se atopa coa realidade relixiosa.

As relacións que se establecen entre as diversas manifestacións relixiosas levarannos, sen dúbida, ó descubrimento do esquema conceptual común a

tódalas expresións do relixioso: a relación Deus-home, que para o cristián culmina no coñecemento e aceptación de Xesucristo, ten unha particular expresión

-na natureza,

-na historia,

-na persoa de Xesús,

-na comunidade cristiá, no culto e na oración,

-na actuación dos crentes,

-na cultura do noso tempo.

3.1. Bloque 1: A relación Deus-home na vida do ser humano e a través da natureza

3.1.1. Feitos, conceptos e principios

Principais feitos e conceptos con significación relixiosa que inciden na vida das nenas e dos nenos

-Acontecementos con sentido relixioso que se desenvolven no ambiente onde viven os rapaces. Conceptos de ofrenda, sacrificio, petición a Deus, ...

-Ocasións na vida das nenas e dos nenos en que se usan cousas da natureza para accións relixiosas.

-Signos litúrxicos que expresan o sentido que algunhas situacións e relacións humanas teñen para o cristián.

Datos bíblicos sobre a natureza

-Imaxes, relatos e parábolas evanxélicas que utiliza Xesús referíndose ó coidado que Deus ten do ser humano e da natureza.

-Relatos evanxélicos nos que o home é chamado por Deus a coidar do próximo.

-Narracións do Xénesis sobre a Creación e concepto de «Deus e home» neste libro.

3.1.2. Procedementos

-Observación das relacións entre a vida do ser humano e a natureza, e que teñen lugar no ambiente no que vive o alumnado.

-Contemplación da natureza para tratar de atopar, a través dela, coa grandeza, fermosura, bondade, providencia... de Deus.

-Observación e descrición de signos e símbolos empregados na zona onde viven as alumnas e os alumnos.

-Interpretación de signos litúrxicos que fagan referencia á natureza.

-Análise de textos do Novo Testamento que amosen a relación da muller e do home coa natureza e cos demais seres humanos.

-Reconstrucción da mensaxe amorosa de Deus, recollida en parábolas e relatos bíblicos, mediante escenificacións, mimos ou medios audiovisuais.

-Elaboración de esquemas sinxelos onde se faga a síntese das ideas centrais deste bloque.

3.1.3. Actitudes, valores e normas

-Actitude de escoita e atención á natureza e ó ser humano como parte dela.

-Valora-la natureza na súa calidade de «signo» de atributos de Deus.

-Actitude de confianza diante da realidade natural como moi positiva para o ser humano.

-Actitude crítica, reflexiva e relixiosa ante a existencia do mal e actitude de constante loita para dominalo e vencelo. Con Xesús lógrase o total dominio sobre o mal e o pecado.

-Normas que regulan a relación ser humano-natureza (respecto, coidado, sentido solidario na utilización dos bens naturais, etc.).

-Normas que, desde a perspectiva cristiá, regulan a relación de cada un consigo mesmo e cos demais (respecto e promoción da vida e dignidade propia e allea, respecto ante o uso da liberdade, respecto ós bens dos outros, actitude de comparti-los propios, etc.).

-Actitudes e normas na relación «home-Deus» (loanza, agradecemento, petición e perdón, confianza, amor, ...).

3.2. Bloque 2: A relación Deus-home na historia do pobo de Deus

3.2.1. Feitos, conceptos e principios

Experiencia da nena e do neno con relación á Historia da Salvación

-Expresións da linguaxe popular sacadas de acontecementos ou personaxes bíblicos.

-Acontecementos que chegan á nena e ó neno a través da tradición oral dos devanceiros (avós, pais, familiares, ...).

-Expresións e ritos litúrxicos que subliñan a importancia da Sagrada Escritura para un cristián.

Secuenciación histórica dos feitos e personaxes bíblicos

-Relatos fundamentais do Antigo Testamento para comprende-la intervención salvadora de Deus na Historia, tal e como foi experimentada polo pobo de Israel e asumida pola tradición cristiá.

-Os acontecementos do pobo de Israel, ata o nacemento de Xesús, están recollidos nos libros do Antigo Testamento.

-Relatos do Novo Testamento nos que aparece a intervención de Deus na historia humana, a través de Xesús.

-A vida e predicación de Xesús e da primeira Igrexa están recollidos nos escritos do Novo Testamento.

Significado descritivo dos grandes conceptos e principios da Historia da Salvación.

-Pobo de Deus, Alianza, Pascua, Mesías, Reino de Deus.

-Principio da progresividade da Revelación.

-Principio de salvación outorgada por Deus.

-Principio do cristocentrismo da Historia da Salvación.

3.2.2. Procedementos

-Recollida e observación de expresións, frases, refráns, ditos, programas da TV, etc. de carácter relixioso que estean ó alcance das alumnas e alumnos.

-Localización, lectura e comentario de textos bíblicos fundamentais.

-Reconstrucción de pasaxes bíblicas mediante recursos de expresión plástica ou dramatizada.

-Interpretación, á luz da Biblia, de expresións de arte relixiosa do contorno (a propia igrexa parroquial, catedrais como a de Santiago que se constitúen nun verdadeiro catecismo).

-Comparación elemental entre os xéneros literarios para unha primeira aproximación á eséxese bíblica (maneiras de falar, linguaxe figurada, metáforas, ...).

-Reconstrucción do marco cultural de referencia dos feitos bíblicos, observando películas, cadros, dramatizacións, filminas, historias, ...

-Elaboración dun esquema xeral da Historia da Salvación (facer unha árbore xenealóxica).

-Comparación do valor significativo e entrañable das crónicas, fotos, ditos e recordos da historia dunha familia, co valor da Biblia como relato e memoria da historia do amor de Deus entre os crentes. (Facer murais con fotos dos avós, antepasados, ... e despois relacionalos).

3.2.3. Actitudes, valores e normas

-Actitude de curiosidade e interese polo pasado e polos valores de toda a historia humana; interese polos nosos antergos, pola historia das nosas aldeas, parroquias e vilas, chegando ó noso país galego e despois á humanidade; interese polo noso medio ambiente, pola natureza, etc.

-Actitude de admiración ante os heroes bíblicos e os personaxes do Novo Testamento (Abrahán, Xob, David, Sansón, Lázaro, San Xosé, San Pedro, San Xoán, San Paulo, ...).

-Actitude de respecto, aceptación e anuncio da Biblia, por ser palabra de Deus ó ser humano. Descubri-la Biblia coma un relato de revelación de Deus, desmitificándoa de heroes, facéndoa máis próxima á alumna e ó alumno.

-Valor da Biblia como libro máis coñecido e editado no mundo.

-Valor do progreso histórico, na medida en que se identifica co plan de Deus sobre a historia. A pesares dalgúns inconvenientes que ten o progreso, Deus tamén intervén dalgún xeito nel.

-Confianza do cristián no seu futuro e no da humanidade, ó acepta-la existencia dun designio salvador de Deus sobre a Historia. Convivencia amigable de tódolos seres humanos, sen diferencias raciais, relixiosas, etc.

-Normas e modelos de cultura cristiá que veñen a ser resposta á acción salvadora de Deus sobre o ser humano, tal e como aparece nos feitos da Historia da Salvación.

3.3. Bloque 3: A relación Deus-home en Xesucristo, o Señor.

3.3.1. Feitos, conceptos e principios

Feitos culturais e da experiencia da alumna e do alumno en relación con Xesucristo e coa súa nai, a Virxe María

-Expresións e manifestacións públicas na actualidade que conteñen unha referencia a Xesucristo.

-Manifestacións da fe da Igrexa en Xesús, que pasaron a ser patrimonio da cultura.

-Festas nas que a Igrexa celebra a súa fe na persoa ou na acción de Xesús.

-Oracións, cánticos e devocións que expresan a fe na persoa e nas accións de Xesús.

-Manifestacións da comunidade cristiá nas que esta expresa a súa fe, sentimentos e actitudes respecto da Virxe María, Nai de Xesús.

A vida de Xesús

-Principais feitos sobre como vai decorrendo a vida de Xesús nos Evanxeos.

-Conceptos que se aplican ós feitos principais da vida de Xesús.

-Narracións do Evanxeo e dos Feitos dos Apóstolos nas que aparece a presencia da Virxe María.

A fe da Igrexa en Xesucristo, o Fillo de Deus feito home

-Relatos do Novo Testamento nos que as testemuñas expresan a súa experiencia de encontraren que Xesús, o Fillo de Deus, é verdadeiro home.

-Relatos do Novo Testamento nos que as testemuñas acreditan térense encontrado co Fillo de Deus.

-Relatos do Novo Testamento nos que as testemuñas afirman, ata derrama-lo sangue se fora preciso, que Xesús é o Mesías prometido, o Fillo de Deus, Señor e Deus, que resucitou de entre os mortos.

-Significado descritivo das expresións: «Xesús é verdadeiro home, Xesús é mediador entre Deus e o home».

-Significado descritivo dalgúns nomes de Xesús.

-Significado descritivo elemental dos termos máis importantes cos que a Igrexa expresa o lugar da Virxe María na fe cristiá.

3.3.2. Procedementos

-Observación de datos referentes a Xesucristo ou á Virxe, que se dan no ambiente da nena e do neno.

-Análise de obras de arte sobre a vida de Xesús, fíxándose nos personaxes e accións representadas.

-Comentario de textos significativos sobre Xesucristo e a Virxe María (textos bíblicos, oracións, cancións).

-Reconstrucción esquemática da vida de Xesús, situando cronoloxicamente os acontecementos principais. (Tamén da xeografía, comparando un mapa de Palestina cun de Galicia: cf. Biblia en galego).

-Representación das características humanas de Xesús, que amosan o seu carácter de verdadeiro home, e das características e situacións que aluden ó seu ser verdadeiro Deus.

-Determinación de termos ou conceptos referidos a Xesucristo e a María, analizando a etimotoxía das palabras e situando, se se cre conveniente, a expresión no seu contexto histórico.

3.3.3. Actitudes, valores e normas

-Dignidade do humano: a humanidade aparece coma un valor fundamental, ó ser asumida por Deus como carne propia. Xesús pon ó home por enriba do sábado e da liturxia («se ó ir poñe-la ofrenda ... »).

-Actitude de respecto ante toda muller ou home, como necesaria consecuencia desta valoración. Os dereitos humanos son a xeito de normas que concretan esta actitude. Respecto de Xesús por todos: pobres, enfermos, pecadores, ...

-Valor da actitude de Xesús, que se entrega ós demais e que se compromete coa sociedade do seu tempo.

-Actitude de admiración e respecto ante a figura de Xesús e ante os que optaron e optan por un seguimento radical na súa vida coma crentes comprometidos.

-Actitude de interese, curiosidade e respecto cara ás expresións e imaxes que fan referencia a Cristo e a María.

-Valor relixioso, familiar e social das grandes festas e celebracións que teñen a Xesús e a súa Nai como protagonistas.

3.4. Bloque 4: A relación Deus-home na vida da comunidade cristiá (a Igrexa), no culto e na oración

3.4.1. Feitos, conceptos e principios

Experiencias da nena e do neno respecto á Igrexa.

-Contacto co templo cristián.

-Contactos con institucións eclesiais.

-Contactos con persoas representativas.

-Accións sacramentais que dan continuidade á misión salvadora de Xesús.

-Manifestacións externas, tanto da estructura visible da Igrexa e dos vínculos espirituais con que se unen tódolos seus membros coma da súa actividade eclesial.

-Manifestacións de como os seus membros aman, adoran e rezan a un só Señor, Deus e Pai, e traballan e loitan por un mundo de paz, xustiza e comunión.

-Manifestacións do cumprimento do mandato do Señor: «ide e predicade o Evanxeo a tódalas nacións». A acción misioneira e evanxelizadora da Igrexa.

A Igrexa de Xesús

-Xesús congrega ó seu arredor a un grupo de discípulos e logo envíaos polo mundo enteiro a proclama-la súa mensaxe e continua-la salvación.

-A Boa Nova de Xesús chega a Galicia a través da predicación apostólica.

-Xesús manda o Espírito á súa Igrexa e permanece nela ata a fin dos tempos.

O sentido de misterio da Igrexa de Xesús

-Significado descritivo da Igrexa e mais do rico vocabulario que ten para designa-los seus membros e accións.

-Significado descritivo-elemental da triple función da Igrexa.

-Significado descritivo-elemental das características fundamentais da Igrexa de Xesús: Unha, Santa, Católica e Apostólica (unha gran familia en comuñón).

Acción evanxelizadora, caritativa e cultural da Igrexa

-A Igrexa continúa a súa tarefa de proclama-la Boa Noticia a todo o mundo, tal como Xesús lle encomendou.

-A Igrexa de Xesús ten como deber inherente e ineludible a acción de atención, coidado e servicio ó pobre e ó marxinado.

-Aportación permanente da Igrexa á promoción humana e ó progreso cultural do pobo.

Feitos da experiencia da nena e do neno en referencia ó culto da Igrexa.

-Obxectos e accións da vida cotiá semellantes ós signos litúrxicos.

-Celebracións sacramentais e non sacramentais do culto cristián.

-O tempo litúrxico e as festas cristiás.

Fundamentación bíblica do culto e dos sacramentos.

-Narracións bíblicas de acontecementos que son arquetipo dos signos ou celebracións litúrxicas cristiás.

-Relatos do Novo Testamento que están na orixe da celebración dos Sacramentos.

Reflexión sistemática sobre os Sacramentos e o culto.

-Significado descritivo dos termos litúrxicos máis importantes.

-Partes fundamentais da celebración de cada Sacramento e significado dos símbolos e ritos importantes.

-Comportamentos e modos de conducta que son consecuencia das actitudes expresadas nas accións litúrxicas.

-A Eucaristía, fonte e meta de toda acción e de toda vida cristiá.

-Principio que rexe a oración litúrxica cristiá: ó Pai por Xesucristo no Espírito Santo.

3.4.2. Procedementos

-Exploración de datos sobre a igrexa do contorno das alumnas e alumnos.

-Recolleita e análise de textos sobre a Igrexa no Novo Testamento.

-Aplicación do sentido de Igrexa en relatos do Evanxeo e dos Feitos dos Apóstolos, mediante a representación plástica e dinámica dos mesmos.

-Busca de datos, estatísticas, ... sobre a acción evanxelizadora, caritativa e cultural da Igrexa.

-Analizar e valorar algúns dos máis significativos e importantes documentos do Maxisterio da Igrexa universal e local.

-Observación, análise e reconstrucción de datos de experiencia da nena e do neno en referencia ós Sacramentos e á liturxia: «parti-lo pan», «lavarse con auga», «dar masaxes con aceite para triunfar na competición», etc.

-Lectura e comprobación de relatos bíblicos e pasaxes evanxélicas, en relación cos Sacramentos. Facer e logo analizar un cadro semántico de sinónimos dos termos litúrxicos máis usuais.

-Composición esquemática dos Sacramentos arredor da Eucaristía para comproba-la súa posición central.

-Comprobar nalgunhas oracións litúrxicas o ritmo da fe cristiá: «ir ó Pai por medio de Xesús, baixo a acción do Espírito Santo».

3.4.3. Actitudes, valores e normas

-Valor da comunidade universal, formada pola totalidade de seres humanos, como algo non só desexable senón, ademais, como proxectado, querido e prometido polo mesmo Deus.

-Valorar, admirar e sentirse orgulloso dos nosos templos, institucións caritativas, ... ou das persoas responsables da Igrexa en Galicia.

-Valor fundamental da pertenza a unha comunidade parroquial concreta, que reclama unha actitude de participación nela.

-Actitude de interese cultural e de respecto ante a Igrexa Católica, amando e respectando persoas, institucións e actividades.

-Actitude positiva e comprometida diante da «tarefa» do ser humano no mundo, derivado do valor da vocación divina outorgada a «esa tarefa»; o compromiso pola promoción da muller e máis do home e a transformación do mundo.

-Valora-los obxectos, os xestos litúrxicos, ... e a celebración como expresións simbólicas e como expresións de esperanza e de estímulo para o futuro.

-Valor central da Eucaristía como cerne da salvación, fonte e termo da vida do cristián, e a importancia de participar nela xunto a toda a comunidade.

-Coherencia entre as actitudes internas e a expresión externa das mesmas.

-Actitudes que o ser humano expresa mediante os signos e mailas celebracións litúrxicas nas que participa: dispoñibilidade, solidariedade, colaboración, entrega, servicio, ...

-Respecto ós lugares sagrados e ás normas de celebración de Sacramentos e de accións de culto.

3.5. Bloque 5: A relación Deus-home na actuación dos crentes

3.5.1. Feitos, conceptos e principios

A experiencia moral da alumna e do alumno

-Feitos que se producen no ambiente onde viven os rapaces que amosan a capacidade que ten o ser humano para decidi-las súas propias accións.

-Feitos coñecidos polo alumnado sobre os que se formula un xuízo espontáneo en canto á súa bondade ou malicia.

-Feitos significativos de relación defectuosa ou mala consigo mesmo, cos demais ou coas cousas: a presencia do mal moral.

-Modelos e normas de relación cun mesmo que teñen a súa orixe nos principios da moral cristiá.

-Modelos e normas de relación cos demais, especialmente coa familia, que teñen a súa orixe nos principios da moral cristiá.

Fundamentación bíblica da ética cristiá

-Descricións do Novo Testamento relacionadas coas normas fundantentais da conducta cristiá cun mesmo, cos demais e con Deus.

-Narracións e imaxes do Novo Testamento nas que se presentan modelos de conducta cristiá en relación cun mesmo, cos demais e con Deus.

-Narracións, imaxes au declaracións descritivas nas que aparece a liberdade ou a capacidade de elección do ser humano.

-Significado descritivo de palabras bíblicas que designan elementos fundamentais da moral cristiá.

-O amor como principio regulador das normas e modelos de moral cristiá.

O acto moral e a formación da conciencia.

-Capacidade de decisión da persoa humana: dona e responsable dos seus actos.

-Significado descritivo dos compoñentes fundamentais do acto humano e do acto moral: liberdade, conciencia, norma ou lei, verdade, vontade, actitude, acto, virtude, vicio, ...

-Sentido elemental dos termos que expresan a relación con Deus (forma positiva e negativa).

-Descrición elemental das palabras que expresan a conducta cristiá consigo mesmo (forma positiva e negativa).

-Descrición elemental das frases e termos que expresan a relación do cristián cos demais (forma positiva e negativa).

3.5.2. Procedementos

-Observación e análise de accións que se dan no ambiente das alumnas e dos alumnos, ou, que coñecen polos medios de comunicación e pola literatura infantil.

-Reconstrucción de formas de comportamento moral vixentes no contorno (en relación cun mesmo e cos demais).

-Lectura e escolma de datos do Novo Testamento, clasificando as principais normas de conducta que nos deu Xesús.

-Comparacións e correlacións entre os distintos termos que fan referencia ás relacións con Deus, cun mesmo e cos demais.

-Confección dun esquema ou mapa conceptual no que se vexa que todo xira arredor do amor.

-Comparación entre as actividades de seres humanos, animais e plantas.

-Reconstrucción de accións de modelos históricos (pasaxes de vidas de santos).

3.5.3. Actitudes, valores e normas

-Ademais dos valores, actitudes e normas que constitúen o contido conceptual deste núcleo, pódense sinalar outros valores e actitudes:

-Actitude de toma de conciencia e permanente avaliación dos propios actos.

-O valor de ter un punto referencial permanente -normas da moral católica- para orientar e avalia-la conducta humana.

-O valor de saber facer referencia a normas, modelos e acontecementos do pasado para determiña-la conducta no presente.

-Valoración da conciencia recta como norma de conducta.

-Valoración das normas da Igrexa como expresión da experiencia acumulada para o ben do ser humano.

-Actitude de superación, dando prioridade ó «ser» sobre o «ter».

-Actitude de respecto e valoración da sexualidade.

3.6. Bloque 6: A relación Deus-home expresada a través da cultura e da arte

3.6.1. Feitos, conceptos e principios

Experiencias das alumnas e alumnos respecto das expresións culturais relixiosas do seu arredor.

-Manifestacións folclóricas, culturais ou artísticas de onde viven as alumnas e alumnos.

-Manifestacións tipicamente galegas.

-Expresións populares de relixiosidade.

-Principais manifestacións da cultura e da arte universal.

-Narracións de mitos e lendas sobre o ser humano e sobre o mundo, presentes na linguaxe habitual e nas diversas artes.

-Trasfondo relixioso de certas guerras e confrontacións.

Coñecementos de contido relixioso que reciben as alumnas e alumnos noutras áreas.

-Obras literarias, composicións musicais, feitos e obras arquitectónicas, obras escultóricas e musicais de contido relixioso.

-Feitos decisivos para a configuración da historia de Galicia e de España nos que tivo importancia o factor relixioso.

-Datos científicos sobre a orixe do ser humano e do mundo, e outros con repercusións ou referencias relixiosas.

Comparación da fe cristiá con outras crenzas.

-Cómpre unha purificación das expresións de fe. Convén que a nena e o neno vaian discernindo entre o que é relixioso e o que é superstición.

-Os cristiáns descobren noutras relixións elementos ou vestixios fragmentados da revelación que Deus fixo ós seres humanos.

-Os cristiáns ven na revelación de Deus por Xesucristo a plenitude do proxecto de salvación universal para tódalas persoas.

3.6.2. Procedementos

-Observación e análise do significado das nosas manifestacións folclóricas, culturais ou artisticas de carácter relixioso.

-Utilización e ettudio de láminas, textos literarios, ... como manifestacións relixiosas dunha época.

-Utilización de todo aquilo que co gallo do Ano Santo Compostelán se estean a publicar para que as alumnas e alumnos descubran o valor e a importancia do Camiño de Santiago e do sepulcro do Apóstolo.

-Utilización da plasticidade do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago ou retablos doutras catedrais ou igrexas galegas para explicitar verdades da mensaxe cristiá.

-Observación de elementos relixiosos nas novas que chegan sobre confrontacións actuais onde intervén o factor relixioso.

3.6.3. Actitudes, valores e normas

-Valoración da arte e da cultura como manifestacións das vivencias humanas e cristiás do noso pobo galego e doutros pobos.

-Valoración do relixioso como compoñente importante da arte e da cultura.

-Valoración de feitos e símbolos relixiosos como un elemento expresivo da condición humana: Problemas, esperanzas, inquietudes, posibilidades humanas, etc.

-Valoración práctica do dereito humano á non discriminación por motivos relixiosos.

-Actitude de valoración e aprecio por toda obra de arte relixiosa, e actitude de busca da experiencia persoal expresada polo autor ou autora nesas obras.

-Actitude de respecto ás conviccións relixiosas como condición mínima para a convivencia.

-Normas para aprender a expresa-la propia experiencia relixiosa persoal a través da literatura, música, pintura, escultura, ...

4. Orientacións didácticas

4.1. Consideracións xerais

Cómpre recordar que o primeiro que se debe ter moi en conta é o principio de onde deberá emanar toda a didáctica da ensinanza da relixión e moral católica: O principio da fidelidade. Fidelidade á alumna e ó alumno -comezo e remate do proceso de ensinanza-aprendizaxe- e fidelidade ós contidos da mensaxe de Xesucristo (verdades reveladas e explicitadas polo Maxisterio da Igrexa).

Así mesmo, convén dicir que a creatividade da profesora au do profesor, os métodos e materiais deben estar sempre en función dunha aprendizaxe e dunha educación personalizada e comprensiva, baseada na riqueza persoal da alumna e do alumno, na súa propia iniciativa e creatividade.

O profesorado deberá saber artellar, dun xeito equilibrado e proporcional, unha ensinanza-aprendizaxe constructivista, significativa e comprensiva; partindo do que o alumnado sabe, e camiñando cara aquilo que realmente lle é útil e importante para o seu crecemento integral.

A reforma da ensinanza da relixión e moral católica na escola non só afecta a aqueles obxectivos que agora deben lograrse -e á disposición dos contidos de cara a eses obxectivos- senón tamén á súa adaptación metodolóxica. Isto fai xurdir unha primeira orientación a ter moi en conta.

4.1.1 Interrelación dos bloques de contidos

Existe unha relación entre os contidos de feitos, conceptos e principios cos contidos de procedementos e cos contidos de actitudes, valores e normas.

A división e agrupación dos contidos en bloques obedece a un sinxelo criterio analítico que fai posible a diversificación dos elementos básicos. Tódolos bloques están intimamente relacionados; por iso é normal que tódalas unidades didácticas que se programen teñan elementos dos distintos bloques.

4.1.2. Actividades e técnicas para o ensino de relixión

A ensinanza de relixión e moral católica precisa unha aprendizaxe significativa a través de:

-Estratexias expositivas, xa sexan orais, escritas ou mímicas.

-Estratexias de indagación mediante a presentación de materiais seleccionados sobre un tema para que as alumnas e os alumnos os estructuren partindo de criterios abertos proporcionados polo profesorado.

-Estratexias de memorización. A concepción constructivista da aprendizaxe atribúe á memoria unha importancia considerable aínda que relativa. Unha memoria incentivada non de forma verbalista senón esencialmente comprensiva.

-Estratexias motivadoras, buscando coas mesmas alumnas e alumnos centros de interese, propios da súa idade antropolóxica, do seu contorno e da súa experiencia.

4.1.3. Partir da experiencia

Na base de toda pedagoxía relixiosa está (tal como se recolle en tódolos últimos documentos da Igrexa) esta clave de comprensión da teoría constructivista actual: partir da experiencia.

Este partir da experiencia do alumnado, na clase de relixión e moral católica, supón:

-Axudarlle a reflexionar sobre situacións propias e experiencias persoais, e sobre feitos que teñen lugar no seu ambiente familiar e social.

-Confrontar todas estas experiencias coa Boa Noticia: Xesús e a súa mensaxe.

-Descubri-las posibilidades que ofrece o Evanxeo de cara ó perfeccionamento da persoa e do seu mundo.

4.1.4. Actividade da alumna e do alumno

Na base mesma da pedagoxía relixiosa está tamén a actividade persoal da alumna e do alumno, pois está claro que a pedagoxía de Deus (tal e como se manifesta na Biblia, libro das experiencias e das vivencias relixiosas) respecta a condición e o ritmo de crecemento dos seres humanos e dos pobos.

A actividade da alumna e do alumno na clase de relixión, coma nas outras, é totalmente indispensable, pois a actividade do suxeito que se educa está na esencia mesma do acto educativo. Esta actividade na clase de relixión estará marcada

-pola individualización metodolóxica, que consiste en propoñerlles ás alumnas e ós alumnos obxectivos adaptados ás súas necesidades persoais, e actividades que, ademais de estaren na liña dos seus intereses, respecten o ritmo e o modo de actuación persoal.

-pola iniciativa e a creatividade das mesmas alumnas e alumnos e pola autoformación do seu sentido crítico de cara ó mundo e á sociedade na que viven, establecendo con esa realidade concreta súa un diálogo aberto, crítico e constructivo.

4.1.5. Pluralismo metodolóxico

Unha educación ou aprendizaxe «constructiva», «significativa» e, incluso, «conductiva-comprensiva» esixe un pluralismo metodolóxico.

É necesario utilizar e saber aplicar oportunamente todos aqueles recursos e materiais didácticos (explicacións da profesora ou profesor, charlas-coloquios, entrevistas, mesas redondas, traballos individuais e de grupos, medios lúdicos e de expresión corporal,...) para espertar nas alumnas e nos alumnos interese polo tema, e poidan manifestar ou expresa-las súas inquietudes e os seus logros na aprendizaxe.

4.1.6. A linguaxe

Hai que empregar unha linguaxe básica e común, respectuosa co ritmo, coas situacións dos alumnos e co seu grao de sensibilidade relixiosa. Deberá evitarse unha polarización entre unha linguaxe sacralizada que presupón uns coñecementos relixiosos, que a maioría dos rapaces e adolescentes non teñen, e unha linguaxe secularizada, de condicionamentos

puristas, que pretende facer da presentación da relixión unicamente coma unha descrición fenomenolóxica do feito relixioso, como se se tratase de grupos de alumnas e alumnos absolutamente desenraizados do patrimonio cultural.

4.1.7. Unha ensinanza-aprendizaxe nun clima de liberdade

Fundamentalmente debemos ter presente que a clase de relixión e moral católica está aberta a cantos a soliciten, crentes ou non; polo tanto, ha de impartirse nun clima que facilite a liberdade do alumnado. Isto farase non só por respecto a un posible pluralismo relixioso, senón por imperativo evanxélico: o coñecemento da fe ofrécese, non se impón nin se manipula.

As actividades complementarias de formación e asistencia relixiosa (celebracións, prácticas relixiosas, etc.) teñen un tratamento distinto, que é independente da clase de relixión e que debe adecuarse á verdadeira situación de fe dos grupos de alumnas e alumnos.

4.2. Orientacións específicas para a ensinanza de relixión e moral católica na educación primaria

4.2.1. Tratamento dos contidos

O enfoque dos contidos da Área de Relixión e Moral Católica na educación primaria debe responder á pregunta propia do pensamento concreto do alumnado de 6 a 12 anos, que se centra en aspectos descritivos da realidade.

Símbolos e imaxes, palabras, persoas, festas e costumes cuestionan e interpelan ás nenas e ós nenos destas idades sobre o feito relixioso que os rodea. A mestra ou mestre destas nenas e nenos -na clase de relixión- converte todo isto na pregunta de onde e como ten lugar a relación do ser humano con Deus.

Esta pregunta deberá aplicarse a tódolos bloques de contidos, e de tal xeito que, ó longo dos tres ciclos, se proceda de menor a maior dificultade. No desenvolvemento dos bloques de contidos púxose, efectivamente, o acento nos devanditos aspectos descritivos do feito relixioso cristián.

Expoñeranse con aquelas linguaxes propias da transmisión da relixión católica: litúrxica, doutrinal e testemuñal. Cómpre que a mestra ou o mestre recurran en cada momento ó tipo de linguaxe máis apropiada.

Os bloques de contidos non presupoñen en si mesmos unha secuencia pedagóxica determinada. A secuenciación que se siga para distribuílos entre os tres ciclos da educación primaria é clave para conseguir un proxecto curricular adaptado ás diversas idades e idiosincrasias dos distintos grupos.

Cada un dos ciclos responde a unha orientación básica que debe presidi-los criterios de selección.

4.2.2. Orientacións para cada ciclo

O primeiro ciclo (6-8 anos) apunta primeiramente a un sinxelo coñecemento dalgúns feitos de carácter relixioso, que ordinariamente rodean á nena e ó neno na súa vida. Hai que axudalos a adquirir unha pri

meira visión elemental das distintas manifestacións da relixión e moral católica nas que a nena e o neno están inmersos (festas, persoas, obxectos, lugares, ...).

Nesta idade ofrécenselle conceptos claves dunha aproximación á fe cristiá, a través duns temas claves:

-Deus Pai e Creador.

-Xesús e a Virxe María.

-A Igrexa.

-Actitudes morais básicas do cristián.

Importa tamén axudalos a crear actitudes básicas humanas e relixiosas, partindo da experiencia de valores humanos fundamentais nos que poden ir descubrindo a súa dimensión relixiosa, en contacto co testemuño e coas actitudes crentes da educadora ou educador.

Xunto coas normas de conducta que se lles van ofrecendo convén darlles as motivacións relixiosas das mesmas. Por esta razón, xa de cara ó remate deste primeiro ciclo, deberase inicia-la formación da conciencia moral da nena e do neno nos seus aspectos máis básicos, e que logo ha de continuarse nos outros ciclos.

O segundo ciclo (8-10 anos) pretende subministrar, progresivamente, os feitos e conceptos fundamentais da relixión e moral católica que lle permitirán á alumna e ó alumno completar, no ciclo seguinte, a primeira síntese dos saberes cristiáns, adecuada á idade e en constante diálogo con elementos culturais que lle aportan as demais áreas curriculares.

Este ciclo está centrado fundamentalmente na revelación de Deus ós homes en Xesucristo. Xesús é, pois, o punto de referencia de todo o ciclo, que se estructura arredor dos temas nucleares seguintes:

-Xesús é a Verdade (Novo Testamento)

-Xesús é o Camiño (Mandamento do amor)

-Xesús é a Vida (Sacramentos)

O terceiro ciclo (10-12 anos) pretende cubri-los obxectivos propostos para esta etapa de educación primaria, e completar así a síntese iniciada no ciclo anterior.

Os coñecementos en torno á figura de Xesús, revelación definitiva de Deus ós homes, complétanse agora coa Salvación que Deus nos ofrece en Xesucristo, e que concretamos nestes temas capitulares:

-Plan inicial de Deus para o home

-Rebeldía do home: o pecado

-Salvación en Cristo: o Reino de Deus

-A Igrexa: ó servicio do Reino

-A nova creación: o home novo nun mundo novo

Dun xeito máis concreto preténdese que as alumnas e os alumnos elaboren unha síntese elemental integrando todos aqueles elementos relixiosos que atopan ordinariamente no seu ambiente (obxectos, tempos, lugares, persoas, ...), dándolle-lo seu verdadeiro significado segundo a visión que destes elementos van, percibindo a través da relixión católica. Neste campo o encontro e o diálogo da relixión coa

cultura é constante, pois a relixiosidade exprésase en formas culturais determinadas (fórmulas, signos e símbolos, costumes, ...).

Os temas nucleares para estructura-los ciclos segundo e terceiro, avanzando desde o máis sinxelo ata o máis complexo, poden ser, en liñas xerais, os seguintes:

-Segundo ciclo: A revelación de Deus en Xesús, Camiño, Verdade e Vida, con referencia á Sagrada Escritura (N.T.), á Liturxia e Sacramentos e á vida moral, centrada no mandato do amor a Deus e ó próximo. O misterio de Deus como misterio de amor (Pai, Fillo e Espírito Santo).

-Terceiro ciclo: A salvación de Deus. Deus redime ó ser humano do seu pecado dentro dun proceso de Historia de Salvación (A.T.) que culmina coa morte e resurrección de Xesucristo (N.T.) e segue vixente ata o fin dos tempos na súa Igrexa, o Novo Pobo de Deus. A santificación do ser humano (Sacramentos, moral cristiá, salvación eterna).

5. Orientacións para a avaliación

5.1. Orientacións xerais

Avaliar é facerse un consciente do resultado do traballo en función duns obxectivos determinados, é unha valoración de todo o proceso educativo e debe estar integrada plenamente dentro do proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Só se poden avaliar aspectos do proceso de ensinanza-aprendizaxe, fundamentalmente o desenvolvemento das capacidades expresadas nos obxectivos xerais de área. A fe da alumna ou do alumno nunca pode ser obxecto de avaliación.

Avaliarase, non tanto o rendemento do alumno, coma o grao de progreso no desenvolvemento desas capacidades e o seu esforzo, traballo, etc. Tamén se avaliará o papel da mestra e do mestre no referente ós métodos e materiais empregados, coa finalidade de ver se se está seguindo o camiño correcto ou se é preciso facer algunha rectificación.

Dentro do proceso de ensinanza-aprendizaxe haberá que ter en conta, á hora de avaliar, os seguintes aspectos:

-Os contidos na triple vertente de conceptuais (feitos, conceptos, principios), procedementais (procedementos) e actitudinais (actitudes, valores e normas).

-As actividades que faciliten a acción e reflexión das alumnas e alumnos e poñan en funcionamento as súas capacidades.

-Os recursos metodolóxicos empregados (palabra oral e escrita; imaxes e sons; obxectos, libros de consulta, materiais tecnolóxicos, outros recursos didácticos,...)

-O traballo da alumna e do alumno (capacidade de observación, análise e síntese; participación, colaboración, responsabilidade, ...).

Pártese do principio de que a avaliación ten que ser continua e debe abarcar todo o proceso educativo; convén distinguir tres tipos:

-Avaliación inicial ou de diagnóstico, que nos permitirá coñece-lo grao de desenvolvemento e os coñecementos previos da alumna e do alumno; o que facilitará unha educación personalizada que teña en conta a súa situación real.

-Avaliación formativa ou orientadora; avaliación do proceso de maduración do alumnado que, máis ou menos conscientemente, se vai realizando ó longo do curso (permite face-las rectificacións oportunas cando se detectan deficiencias). É bo sistematizala para non deixar desatendida ningunha das actividades programadas.

-Avaliación final, que ten como finalidade saber se se conseguiron os obxectivos propostos e a eficacia ou non de todo o proceso de ensinanza-aprendizaxe. En certa maneira é, tamén, o punto de partida (avaliación inicial) do curso seguinte.

Nunca, pois, a avaliación debe ser normativa, non se pretende compara-lo rendemento da alumna ou do alumno cun rendemento medio propio da idade para poñer unhas «notas». Ten que ser unha avaliación adecuada ás metas propostas para cada un deles e, por isto, feita cunha grande flexibilidade.

6. Criterios de avaliación

Os criterios de avaliación establecen o tipo e grao de aprendizaxe que se espera alcancen as alumnas e os alumnos, segundo as capacidades indicadas nos obxectivos xerais de cada ciclo.

Os criterios de avaliación teñen un enunciado e unha breve explicación do mesmo. O comentario de cada enunciado facilita a súa interpretación dentro do contexto doutros elementos do currículo. Estes criterios queren ser pautas flexibles e nunca han ser entendidos de maneira ríxida.

6.1. Primeiro ciclo (6-8 anos)

A nena e o neno deste ciclo fan unha primeira aproximación ós puntos centrais da fe cristiá a través do seu contorno cultural e social.

No apartado de coñecementos esa aproximación pódese estructurar arredor dos catro grandes núcleos temáticos, repartidos polos diversos bloques de contidos.

No apartado de procedementos as nenas e nenos deste ciclo centraranse na

-observación do contorno.

-reconstrucción de escenas.

-iniciación á lectura.

-Na orde actitudinal, ó remate do ciclo, as nenas e nenos terán descubertos valores que provocan unhas actitudes determinadas e que se traducen nunhas normas básicas de convivencia.

Á hora de proceder a avaliar neste primeiro ciclo desta etapa educativa é preciso indagar se son capaces de:

-Descubrir que Xesús amósanos a Deus coma noso Pai e o paralelismo coa paternidade/maternidade e a fraternidade humanas.

-Descubri-la creación e a vida como regalo de Deus para os seres humanos, pola observación da natureza e do seu corpo.

-Situar e describir relatos evanxélicos sobre o nacemento de Xesús, a súa vida, morte e resurrección, a partires da observación dos elementos relixiosos que aparecen no ambiente en que viven.

-Descubrir que a Igrexa é a gran familia de Deus, observando os elementos que a constitúen e que a nena e o neno perciben no seu ambiente.

-Situa-la presencia de Xesús no Bautismo e na Eucaristía, pola observación ou a reconstrucción das cerimonias respectivas.

-Describir e valorar algunhas actitudes e comportamentos das nenas e dos nenos con outras persoas, mediante a reconstrucción de escenas sacadas da vida, de narracións, de películas, ...

-Recoñecer -por medio do diálogo, lecturas, observación da realidade, etc.- a existencia da propiedade persoal e comunitaria, para aprender a compartila e a respectala.

-Observa-las consecuencias de mentir ou dici-la verdade, mediante a reconstrucción de feitos de vida.

-Descubrir que o mandamento do amor, que propón Xesús, se fundamenta no amor de Deus, analizando o comportamento dos seus seguidores, na actualidade e no pasado.

-Observar e recoller datos relacionados coa relixiosidade do seu contorno (palabras, expresións, celebracións populares, obras de arte, ...).

6.2. Segundo ciclo (8-10 anos)

Neste segundo ciclo as alumnas e os alumnos inician unha primeira síntese da fe cristiá.

No apartado de coñecementos esta síntese céntrase na Revelación de Deus ós seres humanos, a través dos sinais que Deus deixou no contorno do neno. Xesucristo é o punto central de referencia neste ciclo.

-En canto ó apartado de procedementos as alumnas e os alumnos insistirán nos do primeiro ciclo e iniciaranse na aprendizaxe e desenvolvemento dos seguintes:

-análise de datos.

-localización espacio-temporal.

-elaboración de deseños gráficos.

-Na orde actitudinal serán capaces de relacionar valores, actitudes e normas que rexen a convivencia-na escola e na sociedade na que se moven.

Á hora de proceder a avaliar neste segundo ciclo desta etapa educativa é preciso indagar se as alumnas e os alumnos son capaces de:

-Situar a Xesús no seu momento histórico, localizar e describi-los principais feitos da súa vida.

-Encontrar e analiza-los principais textos do Novo Testamento que conteñen a mensaxe de Xesús e saber facer unha síntese dela.

Este criterio permite comprobar se a alumna e o alumno distinguen na mensaxe:

-Que Deus é Pai de Xesús e Pai noso.

-Que tódolos seres humanos somos irmáns.

-Que o camiño da felicidade verdadeira está nas Benaventuranzas.

-Que con Xesús comeza xa o Reino de Deus.

-Reconstruír, coa axuda dos Evanxeos e reproduccións de Semana Santa, o itinerario da paixón, morte e resurrección de Xesús.

-Localizar textos do Evanxeo nos que se nomean as tres Persoas da Santísima Trindade.

-Sintetiza-los contidos do ciclo arredor da persoa de Xesús, como Fillo de Deus, na súa mensaxe e na súa obra.

-Analiza-lo símil do corpo que fai San Paulo para explica-la Igrexa de Cristo e a unidade que hai entre os seus membros.

-Utiliza-los recursos da linguaxe (corporal, simbólica, gráfica, etc.) para facer unha síntese elemental e estructurada dos Sacramentos referentes á vida persoal do crente (Bautismo, Confirmación, Eucaristía, Reconciliación, Unción de Enfermos).

-Capta-lo sentido da Misa como realización actualizada da Última Cea e da morte de Xesús na Cruz.

-Analizar, mediante técnicas grupais, as características que definen ó amor humano para contrastalas coas que Xesús proclama.

-Elaborar un esquema no que se vexa a relación entre os dez Mandamentos (Antiga Alianza) e o Mandamento do Amor na dobre vertente: Deus e ó Próximo (Nova Alianza).

6.3. Terceiro ciclo (10-12 anos)

-No terceiro ciclo a alumna e o alumno completan a súa primeira síntese de fe arredor do proceso de salvación e santificación dos seres humanos.

-No apartado de coñecementos esta síntese, que no ciclo anterior se iniciou ó arredor da figura de Xesús como revelación de Deus, preséntase agora como oferta de Salvación que Deus ofrece en Xesucristo.

-Na orde dos procedementos, ademais dos utilizados nos ciclos anteriores exercitarán os seguintes:

-análise comparativa.

-síntese globalizadora.

-comentario e interpretación de textos.

-Na orde actitudinal, as alumnas e os alumnos serán capaces de aprecia-los valores ofrecidos pola escola e pola familia para conseguir actitudes que favorezan a convivencia e que os leven a actuar en harmonía con eses valores.

Á hora de proceder a avaliar neste terceiro ciclo desta etapa educativa é preciso indagar se as alumnas e os alumnos son capaces de:

-Ordenar cronoloxicamente os grandes fitos da Historia da Salvación e identifica-los seus principais protagonistas.

-Identifica-lo pecado, na realidade da vida e nos relatos bíblicos, como mal que o ser humano se fai a si e ós demais, e como ruptura con Deus.

-Describi-la reacción amorosa de Deus cos pecadores, utilizando as parábolas da misericordia (Lc. 15) e os relatos evanxélicos sobre a actitude de Xesús con eles.

-Analiza-los distintos significados das palabras «redención» e «redimir» para aclarar en que sentido se aplica a Xesús o termo «Redentor».

-Aplicar á Igrexa a noción de Pobo de Deus, localizando esta idea nos textos do Novo Testamento.

Con este criterio preténdese comprobar se as alumnas e os alumnos comprenden que na Igrexa, ademais da realidade visible (edificios, estructuras, institucións, ... ) hai unha vida animada polo Espírito de Xesús.

-Identificar, a partir de datos concretos, as actividades da Igrexa (na súa acción evanxelizadora, caritativa e cultural-social), para comprende-lo seu servicio á humanidade en orde a implanta-lo Reino de Deus e a xustiza.

-Describir distintas respostas á chamada de Deus, na Biblia e na Historia da Igrexa (Abrahán, Moisés, Samuel, María, Apóstolos, Santos, ...).

-Recoller información sobre o sacerdocio cristián, para conseguir unha aproximación ó que é o Sacramento da Orde.

-Elaborar unha síntese sobre o matrimonio cristián onde apareza con claridade o papel do amor e o do signo sacramental.

-Elaborar un vocabulario descritivo de termos bíblicos que designan elementos fundamentais da moral cristiá.

-Describi-las características dun cristián, muller ou home, que vive a súa vida laboral, familiar e política de xeito coherente coas esixencias da súa fe.

-Facer unha análise comparativa onde se vexan as diferencias entre as características do Reino de Deus nesta vida e na vida eterna.

Educación Secundaria Obrigatoria

1. Introducción

O comezo do ensino secundario obrigatorio coincide coa aparición do pensamento formal da alumna e do alumno, así como cun conxunto de cambios que caracterizan a preadolescencia e a adolescencia.

A nova forma de pensamento, que, ó contrario do que acontece nas etapas anteriores, parte da idea xeral para comprende-lo concreto como un caso particular desta, fai que o adolescente sinta a necesidade de revisa-la súa visión do mundo e mailas súas relacións con el, intentando abarcalo, personalizalo, etc.

A sensibilidade e a afectividade, consecuencia desta nova etapa do seu crecemento, levan ó adolescente a establece-la súa propia identidade «para tomar conciencia do seu lugar no universo».

A educación secundaria obrigatoria debe afrontar estas inquietudes das alumnas e dos alumnos de xeito que cheguen a ser unhas persoas participativas e integradas no seu contorno social.

A Área de Relixión e Moral Católica quere dar a coñecer á alumna e ó alumno os esquemas de significación cultural baseados en propostas relixiosas vixentes na nosa sociedade ou no seu pasado, aportando un coñecemento de Deus e dos valores morais que lle axudan a formar unha conciencia recta e permítenlle adherirse, desde a propia liberdade, ás crenzas e valores cristiáns descubertos e ó desenvolvemento de aspectos fundamentais relacionados coas capacidades básicas concretadas para esta etapa:

-Capacidade de interpreta-la realidade utilizando distintas linguaxes, tanto do ámbito da experiencia coma da representación simbólica (o transcendente, o gratuíto, a narración, a creación estética e axiolóxica, etc.) que forman parte do patrimonio cultural da Humanidade.

-Capacidade de comprensión e de expresión das narracións de sentido relixioso e secular que teñen relevancia na nosa cultura.

-Capacidade de utilización autónoma e crítica das fontes de información, contribuíndo, desde a pluralidade de conviccións, á fundamentación dos códigos éticos da sociedade civil.

-Capacidade de relación, cooperación e respecto ós demais, situándose con madurez e tolerancia ante experiencias e crenzas sobre o relixioso, tanto propias como alleas, contribuíndo deste xeito a un equilibrio socioeconómico colectivo que impida a persistencia de comportamentos fanáticos ou sectarios sobre o feito relixioso.

-Capacidade de desenvolver unha personalidade equilibrada e libre, cunha preparación adecuada para dar resposta axeitada ás situacións problemáticas da vida.

-Capacidade de saber dar razón da «esperanza».

-Capacidade de explicar «o porqué» da ética persoal.

-Capacidade de dar resposta ás preguntas máis radicais do ser humano.

A educación secundaria obrigatoria proponse facer fronte a estas necesidades do alumno e encamiñalo á participación e integración como adulto no propio contorno social e cultural.

Nesta etapa a Área de Relixión e Moral Católica proponse, polo tanto, dar a coñecer obxectivamente ás alumnas e alumnos os esquemas de significación cultural baseados en propostas relixiosas vixentes na sociedade galega e española actual así coma no pasado, contribuíndo deste xeito á súa inserción social.

2. Obxectivos

Preténdese que ó remata-la educación secundaria obrigatoria as alumnas e os alumnos sexan capaces de:

-Coñece-los textos fundamentais da fe católica, que veñen a se-lo núcleo esencial da mensaxe cristiá, para comprender e expresar axeitadamente o vocabulario e as formulacións da fe.

-Situa-las principais fontes do cristianismo na súa orixe, forma e finalidade, mediante algúns criterios de interpretación da Igrexa Católica, e actualiza-la información que nos aportan.

-Identificar a Xesucristo como núcleo central do feito cristián, na súa mensaxe, vida e actualidade, e na realización histórica da Igrexa.

-Coñecer e valorar criticamente o significado da Igrexa para os cristiáns como a realización institucional do servicio de humanización e salvación que Cristo lle ofrece ó ser humano, descubri-la súa aportación histórica na construcción e crecemento da sociedade galega, española e europea.

-Coñece-lo significado dos signos e símbolos relixiosos máis relevantes, con especial atención ós Sacramentos e ás prácticas relixiosas máis estendidas no seu arredor.

-Acceder ás interpretacións que o cristianismo e outras relixións dan sobre a condición humana fundamental e sobre o sentido do transcendente, a través dalgunhas grandes preguntas que inquietan ó ser humano.

-Aplica-los principios da moral cristiá ás hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo e o medio ambiente para unha valoración crítica.

-Descubri-lo fondo significado cristián da tolerancia, participación, responsabilidade e solidariedade aplicándoos a situacións sociais habituais: traballo, ocio, xogo, familia, amigos,...

-Iniciarse na formación dunha conciencia moral cristiá con sentido crítico e de auténtica liberdade persoal ante as realidades sociais, económicas e políticas do seu contorno.

-Sensibilizarse ante os valores, actitudes e normas que conforman o ser cristián de cara ás opcións que poidan dar sentido á súa propia vida, contrastándoas con outros posibles valores, actitudes e normas que poden rexer na sociedade.

-Coñecer, valorar e respecta-lo patrimonio relixioso, artístico e cultural, a través da linguaxe simbólica e icónica da arquitectura, pintura, literatura, música e liturxia, como expresión das grandes etapas da historia da Igrexa.

3. Contidos

A proposta de bloques de contidos para esta etapa de educación secundaria obrigatoria ten, como punto fundamental, a relación que na vida e na historia humana se establece entre Deus e os seres humanos, considerados como persoas ou como pobos: «o feito relixioso».

Cómpre destacar catro aspectos básicos:

-Unha visión da muller e do home como seres abertos e religados a Deus.

-Na historia do ser humano maniféstase a experiencia relixiosa codificada polo tempo.

-A ética estructura os valores que fan á persoa plenamente tal.

-O Maxisterio da Igrexa e a reflexión teolóxica están ó servicio da profundización na mensaxe cristiá.

A alumna e o alumno de educación secundaria obrigatoria han de situarse ante a relixión como «experiencia» humana, persoal e social, constituída tamén como feito cultural. Unha visión antropolóxica cristiá debe estar, pois, presente no desenvolvemento de tódolos bloques de contidos.

Para un tratamento axeitado dos obxectivos de relixión e moral católica na educación secundaria obrigatoria propóñense catro eixes vertebradores dos bloques de contidos:

-O home e o sagrado, as fontes e a linguaxe relixiosa. Na medida na que os seres humanos ó longo da historia se preguntan polo sentido da súa vida, da morte, do amor, da liberdade, do sufrimento, da súa limitación,... estanse a relacionar cunha dimensión que roza o misterio, a experiencia do Absoluto. Esa experiencia tradúcena historicamente as relixións de occidente nun Deus persoal en comunicación coas criaturas. A cultura integra esta realidade vital do ser humano como relixión e como comunicación de Deus á muller e ó home abertos á transcendencia. Esa experiencia adquire a súa propia capacidade de representación e de comunicación na expresión simbólica. Deste xeito vaise tamén configurando unha linguaxe relixiosa que se plasma, ó longo da historia, na literatura, na arte, etc.

-A revelación de Deus na historia do ser humano. A experiencia relixiosa xudeu-cristiá ten como núcleo a revelación dun Deus persoal que convoca a un pobo. A muller e o home descobren ó Deus liberador, e esa liberación pasa a formar parte da súa historia. No Novo Testamento maniféstasenos Deus, na persoa de Xesús, cun proxecto de fraternidade para tódolos seres humanos, que radica na común paternidade de Deus.

-O feito cristián na historia e en Galicia. A Igrexa, como organización que a través da historia transmite a mensaxe salvadora de Deus, preséntase como camiño de salvación.

A pluralidade das igrexas cristiás, e a Igrexa Católica como realidade significativa no noso mundo occidental, permitiralle ó alumnado de etapa educativa ter unha perspectiva da evolución histórica do cristianismo.

Analizarase o feito da «encarnación» do cristianismo no noso pobo, dando sentido cristián a unha realidade antropolóxica existente.

Os concilios tamén serán analizados aquí como feitos importantes para a igrexa do século XX, espe

cialmente o Vaticano II e o Concilio Pastoral de Galicia.

Abordarase nesta etapa, dunha maneira máis sistemática e como feitos esenciais, o conxunto de expresións do cristianismo: crenzas, oración, liturxia, caridade, testemuño,...

-A mensaxe ética da fe cristiá. A vida dos cristiáns. O cristián, individual e colectivamente, é, en principio, un suxeito moral cunha experiencia relixiosa da que se deriva un comportamento ético e unha praxe cristiá determinada.

É preciso non confundir, sen embargo, Evanxeo, cristianismo e ética. Non se pode reduci-lo cristianismo a unha pura mensaxe ética; pero tampouco se ha de ignora-lo ético como forma articulada da oferta de sentido que o cristianismo fai.

A distinción entre Evanxeo, cristianismo e ética permitiranos, ademais, centra-la comprensión da condición moral do crente e da comunidade cristiá.

Cando o ser humano axusta os seus comportamentos ós valores éticos do cristianismo, estase a realizar plenamente o «home ético» desde unha perspectiva cristiá.

Un tratamento simplemente cultural-relixioso que ignore a carga ética de transformación da realidade social, cultural e humana que leva consigo o cristianismo, sería claramente insuficiente para a alumna e o alumno de educación secundaria obrigatoria, dado o seu momento evolutivo.

En cadanseu núcleo temático sinalaranse as actitudes, valores e normas que correspondan. Sen embargo, cómpre ter presentes os que a continuación se citan, que deben estar no fondo de toda acción educativa e, polo tanto, no ensino da relixión e moral católica:

-Apertura e capacidade de diálogo diante de opcións éticas ou relixiosas diferentes da propia.

-Actitude de cooperación e responsabilidade na busca común de opcións.

-Postura crítica que somete a xuízo os valores descubertos en accións individuais ou sociais.

-Actitude práctica de concreción de valores en realizacións da vida diaria.

-Actitude aberta e receptiva diante do feito relixioso e das súas manifestacións.

-Valoración do peso do cristianismo na cultura occidental e, concretamente, na galega.

-Predisposición á interiorización dos feitos e experiencias relixiosas descubertas e vividas.

-Valoración e defensa da vida.

-Actitude de acollida e valoración das leis.

-Actitude de compromiso co ser humano e defensa dos dereitos da persoa.

-Actitude de solidariedade e defensa da xustiza e da paz.

-Orde, rigor e sistematización no traballo.

-Valoración das cousas como «medio para».

3.1. Bloque 1: O home e o sagrado. A relixión. Saberes sobre a relixión

3.1.1. Feitos, conceptos e principios

A experiencia relixiosa: natureza, elementos, forma e nomes

-A experiencia como realidade antropolóxica. As grandes demandas do ser humano onde se enraíza o relixioso. O sentido da vida e da morte, do amor, da liberdade, do sufrimento, da saudade...

-Algunhas implicacións morais da experiencia relixiosa.

-A increnza e as súas formas: materialismo, agnosticismo, ateísmo, indiferencia relixiosa,...

-Proceso de secularización no noso tempo. O retorno do sagrado. O proceso de secularización na institución básica de Galicia: a parroquia rural.

O tema de Deus nunha cultura secularizada

-A secularización e o secularismo ante a realidade divina. Linguaxes sobre Deus na actualidade (racionalista, experiencial, simbólica, de relixiosidade popular,...).

-A raíz antropolóxica da pregunta sobre Deus:

-O ser humano, pola súa natureza, capaz de descubrir a Deus.

-En que sentido existen vías humanas de acceso a Deus.

-A fe cristiá ante o ateísmo e a indiferencia. Reflexión contemporánea sobre estes feitos. Diálogo cristián cos non crentes.

Mediacións relixiosas

-Crenzas, relatos e lendas, costumes, lugares, grupos...-Símbolos relixiosos esenciais.

-A linguaxe relixiosa.

-A práctica relixiosa: oración, culto, contemplación, adoración, ritos, sacrificios, a peregrinaxe...

-Lugares, persoas e tempos sagrados.

-Manifestacións da relixiosidade popular.

-Diferenciación entre relixión e sectas ou supersticións.

As grandes relixións históricas

-Principais características do hinduísmo, budismo, xudaísmo, cristianismo, islam.

-Estudio destas grandes relixións en relación cos problemas básicos da existencia humana. Textos sagrados fundamentais (Vedas, Biblia, Corán).

O cristianismo ante as diversas relixións

-Principios xerais do cristianismo en relación coas grandes relixións, segundo o Concilio Vaticano II.

-As relixións naqueles aspectos que preparan para a acollida do Evanxeo.

A busca da salvación nas distintas relixións.

-Cristo, norma e criterio de valoración para o cristián ante toda manifestación relixiosa: unha consideración positiva das relixións á luz de Xesucristo.

-Orixinalidade do feito cristián en relación coas grandes relixións.

3.1.2. Procedementos

-Lectura e doada interpretación dos textos relixiosos; dos signos, dos ritos e a súa correspondencia coa significación orixinal.

-Utilización axeitada das principais expresións da linguaxe relixiosa.

-Análise dos factores históricos, culturais e xeográficos dos feitos relixiosos.

-Busca e análise do tema de Deus nos bloques de contidos das diversas áreas (literatura, historia, arte,...).

-Análise e interpretación do trato que se lle dá ó relixioso nos medios de comunicación.

-Análise comparativa entre os problemas básicos da existencia humana e as crenzas e prácticas relixiosas. Exercicios de diálogo aberto sobre as distintas posturas relixiosas.

3.1.3. Actitudes, valores e normas

-Actitude receptiva ante o feito relixioso.

-Respecto e comprensión ante outras formas de pensamento portadoras dun sentido positivo da vida.

-Apertura ó pluralismo, ó diálogo, ó exercicio da corresponsabilidade, da solidariedade e da cooperación.

-Aprecio dos valores humanos expresados en ritos, en signos relixiosos e testemuños de fe.

-Actitude de discernimento e de análise sobre os datos e interrogantes que as outras áreas presentan sobre a relixión.

3.2. Bloque 2: A revelación de Deus. Deus maniféstase na historia de Israel.

3.2.1. Feitos, conceptos e principios

A Biblia

-A historia de Israel e a progresiva revelación de Deus.

-Categorías fundamentais coas que se expresa a historia de salvación: Creación, Promesa, Alianza, Lei, resto de Israel, mesianismo,...

-A culminación desta manifestación de Deus no pobo de Israel ten lugar en Xesucristo: plenitude do cumprimento das promesas.

-Antiga Alianza ou Antigo Testamento.

-Lingua dos libros orixinais da Biblia.

-Os distintos libros do Antigo Testamento. División.

-Xéneros literarios.

-Tradicións e proceso de formación.

-Inspiración... Revelación.

-Nova Alianza ou Novo Testamento.

-Os libros do Novo Testamento (descrición, estructura, autores, xéneros,...).

-Situación xeográfica, histórica, social e relixiosa de Israel en tempos de Xesucristo.

-Criterios de interpretación cristiá da historia da salvación do pobo de Israel que culmina en Xesucristo.

Concepción cristiá da Revelación

-Natureza da Revelación: feitos e palabras.

-Fontes da Revelación: Escritura, Tradición, Maxisterio.

-Conceptos fundamentais: inspiración, canonicidade, verdade na Biblia.

-A fe, resposta á Revelación.

3.2.2. Procedementos

-Utilización da Biblia dun xeito correcto e práctico; sabendo localiza-los textos bíblicos e as súas notas marxinais para unha mellor comprensión dos mesmos, e sabendo contrastar datos e informacións dos feitos bíblicos.

-Confección de sinopses, esquemas e gráficos a partir dos datos informativos sobre a Biblia.

-Interpretación adecuada dos textos bíblicos segundo as regras e métodos elementais da hermenéutica bíblica.

-Identificación das principais categorías e conceptos bíblicos naquelas pasaxes máis importantes.

3.2.3. Actitudes, valores e normas

-Actitudes que explicitamente propón a revelación cristiá: loita pola xustiza, verdade e paz; fraternidade, fidelidade, abnegación, desprendemento, etc.

-Actitude de valoración, estima e lectura frecuente da Biblia.

-Actitude de resposta á revelación de Deus.

-Valoración do influxo da cultura bíblica nas manifestacións artísticas, literarias e de pensamento da civilización occidental, particularmente da galega e da española.

-Valoración dos acontecementos sociais, políticos e históricos á luz da Sagrada Escritura.

-Valores da revelación de Deus presentes na cultura contemporánea: amor, respecto, solidariedade, dignidade humana, apertura do mundo a un futuro novo, opción polos pobres, etc.

3.3. Bloque 3: Manifestación de Deus en Xesusristo

3.3.1. Feitos, conceptos e principios

-A persoa de Xesús. Vida e obra

-O Deus de Xesús é o Deus da fe cristiá.

-Algunhas fontes para achegarnos á persoa, á vida e os tempos de Xesús. A cuestión, sinóptica.

-Vida de Xesús.

-A obra de Xesús.

-A elección dun «grupo» para realiza-la súa obra.

-A predicación da doutrina.

-A súa obra salvadora: paixón, morte e resurrección.

A mensaxe de Xesús

-O anuncio do «Reino de Deus»: núcleo central da predicación de Xesús.

-Temas fundamentais da mensaxe de Xesús.

-Os grandes discursos.

A confesión de fe en Xesús

-Confesións de fe na encarnación, na morte e na resurrección de Xesús nas primeiras comunidades cristiás.

-A confesión de fe en Xesús como Cristo e Señor: verdadeiro Deus e verdadeiro home.

-Títulos cristolóxicos.

-Expresións artísticas e populares da figura de Xesús.

O Deus de Xesús é o Deus da nosa fe

-O Deus de Xesús é o Deus que revela a Biblia.

-Deus Creador e Pai na mensaxe de Xesús. Reflexión teolóxica sobre os atributos de Deus. Deus é un misterio de comunión: a Trindade.

O ser humano na mensaxe de Xesús. Concepción cristiá do ser humano.

-O ser humano na fe cristiá.

-Situación do ser humano no mundo de hoxe:

-Esperanzas e temores ante os cambios tan acelerados e os desequilibrios actuais.

-A nova sensibilidade polo humano: dereitos humanos, promoción da muller, forte sentido da xustiza e da paz, etc.

-Sentido da transcendencia do home actual.

-Ensaio dunha antropoloxía cristiá á luz do Concilio Vaticano II.

-A dignidade da muller e do home na mensaxe de Xesús.

-A dor e a morte. Ausencia de sentido e resposta cristiá.

-Cristo, o Home Novo.

3.3.2. Procedementos

-Situación dos relatos evanxélicos no contexto en que foron escritos.

-Aproximación ó perfil humano da persoa de Xesús, subliñando feitos e persoas máis significativas da infancia e da vida privada e pública de Xesús.

-Descrición e análise dos feitos máis expresivos da humanidade de Xesús segundo o relato bíblico.

-Descubrimento da mensaxe de Xesucristo, nas diversas expresións artísticas.

-Análise da mensaxe predominante nas festas, devocións e prácticas relixiosas do contorno.

-Busca e análise do tema de Deus nos bloques de contidos das diversas áreas (literatura, historia, arte...) e nos medios de comunicación social.

-Estudio comparado sobre as diversas posturas acerca de Deus.

-Identificación dos diversos modos de presentar a Deus na arte (pintura, escultura, música, cine,...).

-Análise do progresivo coñecemento de Deus ó longo da revelación bíblica. Contraste entre a imaxe de Deus revelada por Xesús e outras imaxes de Deus.

3.3.3. Actitudes, valores e normas

-Actitude de contemplación, escoita, admiración.... ante a persoa de Xesús.

-Actitude receptiva, aberta, crítica e de respecto ante a crenza e o problema de Xesús. Valora-los aspectos positivos e negativos.

-Actitude de busca para fundamentar e afianza-las propias conviccións relixiosas.

-Actitude de loita contra a degradación humana: home ou muller obxecto, analfabetismo, racismo...

-Actitude integradora da sexualidade en orde a consegui-lo verdadeiro amor, superando toda tentación hedonista.

-Actitude positiva ante o descanso (ocio, diversións, deportes .... ) considerado, máis que como mera evasión, como realización persoal.

-Valor da aportación do cristianismo á evolución positiva da vida e da cultura de occidente, particularmente en España.

-Importancia da xustiza, da liberdade e do amor como criterios evanxélicos para valora-la realidade circundante.

-Valores sobre a persoa que xorden da mensaxe central de Xesús.

-Valora-la dignidade do ser humano: valor primixenio da vida humana, liberdade, lei, etc.

-Valoración crítica do corpo e sensibilidade ante situacións que degradan ó ser humano (violencia, terrorismo, fame, guerra, droga,...)

-Valoración da cultura como canle de liberación humana e de realización persoal.

3:4. Bloque 4: A comunidade dos discípulos de Xesucristo. Historia e misterio da Igrexa

3.4.1. Feitos, conceptos e principios

As orixes da Igrexa

-Xesucristo convoca e congrega á comunidade dos seus discípulos.

-A Igrexa Primitiva nos Feitos dos Apóstolos.

-Ministerios nas primeiras comunidades.

Devir histórico da Igrexa. Luces e sombras.

-A implantación e consolidación da comunidade eclesial.

-A expansión do cristianismo. Os grandes pastores (pregoeiros).

-O cristianismo en Galicia: raíces apostólicas, relixiosidade popular, Galicia e Santiago na construcción de Europa e os grandes fitos históricos e culturais: romanización, suevos, monacatos,...

-Evanxelización dos pobos durante a Idade Media.

-Renacemento da antigüidade clásica.

-A reforma protestante e a renovación católica.

-Evanxelización e implantación da Igrexa nos territorios dos novos descubrimentos.

-A secularización da sociedade.

-Renovación interior da Igrexa.

-Movemento ecuménico.

-Concilio Vaticano II.

-A Igrexa. no mundo contemporáneo. Os católicos na vida pública: o Evanxeo como factor de humanización da sociedade.

A Igrexa, pobo de Deus

-A Igrexa, realidade visible e ó mesmo tempo espiritual, santa e pecadora.

-A Igrexa, misterio de comunión, sacramento da unidade do xénero humano.

-A Igrexa, pobo de sacerdotes, profetas e reis. Fe e Bautismo.

-O Espírito Santo, forza e vida dos crentes.

-Estructura xerárquica da Igrexa. Ministerios e carismas.

-Catolicidade da Igrexa: carácter misioneiro.

3.4.2. Procedementos

-Selección e clasificación de documentos escritos máis significativos sobre a historia da Igrexa. Comentario de textos doutrinais sobre a Igrexa no seu contexto histórico.

-Selección e clasificación de documentos escritos máis importantes en torno á Igrexa en Galicia e en España.

-Interpretación e representación dos feitos máis relevantes da historia da Igrexa: diagramas, mapas, murais, medios cronolóxicos....

-Investigación e análise da acción social da Igrexa hoxe a través dos movementos e organizacións católicas.

-Investigación e análise daqueles datos que aportan os medios de comunicación social sobre a vida da Igrexa e as súas institucións.

-Busca de datos sobre a aportación que fai a Igrexa á sociedade actual no campo da cultura, da educación e da promoción social; tanto na nosa igrexa diocesana e galega coma na española.

-Busca de datos sobre a aportación da Igrexa á cultura e á sociedade postmoderna.

3.4.3. Actitudes, valores e normas

-Valoración do cristianismo e da Igrexa na nosa cultura occidental.

-Principais valores que aparecen expresados en testemuños históricos da comunidade cristiá.

-Actitudes de comprensión, respecto e tolerancia de cara a outras formas de pensamento.

-Actitude de cariño e comprensión de cara á Igrexa.

-Normativa fundamental sobre a pertenza á Igrexa Católica.

-Actitude do cristián ante a conexión intrínseca da Igrexa con Cristo.

3.5. Bloque 5: A vida dos discípulos de Xesucristo. A moral católica

3.5.1. Feitos, conceptos e principios

Dimensión ética da vida humana

-O concepto de persoa, condicionante do sentido moral.

-A persoa ante Deus: recoñecemento de Deus e oración.

-A persoa ante o amor ós seres humanos.

-Dignidade do ser humano, imaxe de Deus.

-Responsabilidade ante a verdade e a liberdade.

Xesucristo, fundamento da moral católica

-Modelo de identificación cristiá.

-Principio específico da orientación cristiá da vida.

-A súa mensaxe marca pautas de conducta para o cristián. A lei do amor, o Decálogo, as Benaventuranzas, a felicidade do Reino.

Conceptos fundamentais da moral católica

-Elementos obxectivos do acto moral. Conciencia, valores e leis. Maxisterio da Igrexa. Coincidencias e contrastes destes elementos cos dereitos fundamentais da persoa humana proclamados pola ONU.

-Elementos subxectivos do acto moral

-Razón e liberdade.

-A busca da verdade. Responsabilidade.

Moral persoal e social do cristián

-Moral das relacións do ser humano con Deus. 1º, 2º e 3º Mandamentos.

-Moral da vida humana e problemática que presenta no momento actual.

-Integridade física da persoa e agresións: manipulación xenética, aborto, etc.

-Integridade psíquica: manipulación cerebral, droga, alcoholismo, etc.

-Esixencias éticas da morte.

-Moral cristiá do amor e da sexualidade.

-Moral do matrimonio e da convivencia familiar.

-O matrimonio como vocación e como institución. O divorcio.

-A familia como comunidade cristiá. Relacións entre xeracións.

-Moral en relación coa xustiza, a liberdade, a verdade e a conciencia persoal.

-Moral das relacións laborais, da solidariedade, da convivencia e da paz.

-Medio ambiente. Ética da comunicación. Deberes cívicos. O contrabando.

A dignidade da persoa humana no pensamento social da Igrexa

-Fundamento da dignidade da persoa.

-O desenvolvemento integral da persoa inclúe a dimensión moral e relixiosa.

-Os dereitos fundamentais da persoa.

-Igualdade, solidariedade, fraternidade humana, racismos, nacionalismos, minorías étnicas,...

-O ser humano, preocupación fundamental da Igrexa.

3.5.2. Procedementos

-Obtención de datos a partir da observación directa.

-Interpretación correcta dos grandes textos da moral cristiá.

-Realización de enquisas, entrevistas e cuestionarios para acadar información sobre a problemática social do contorno.

-Formulación de xuízos axeitados sobre a conducta humana en cada circunstancia concreta: escravitude, discriminación da muller, inxustiza social, guerras,...

-Determinadas implicacións sociais dos datos obtidos dunha lectura crítica dos medios de comunicación.

-Elaboración de esquemas, antropolóxico-éticos de acordo cos métodos propios da teoloxía católica e das ciencias relixiosas.

-Utilización adecuada e valoración correcta das fontes da linguaxe doutrinal da Igrexa (bíblicas e do Maxisterio).

-Análise e valoración do contexto histórico no que se produce un feito á luz da doutrina social da Igrexa.

-Localización espacio-temporal dos descubrimentos científicos no progreso humano.

-Obtención de datos a partir de estudios científicos e doutros documentos.

-Elaboración de proxectos de colaboración con outros grupos de cara á construcción dun mundo novo.

-Análise de documentos escritos e icónicos ande se plasma a fe cristiá no máis alá.

-Estudio e valoración das «realidades últimas» nos medios de comunicación.

-Análise e avaliación de datos e estudios sobre o ser humano. A situación humana e social da persoa nos informes e estatísticas elaborados polos organismos nacionais e internacionais.

-Síntese dos aspectos fundamentais do ser humano que se estudian noutras áreas.

-Interpretación das diversas expresións humanas na arte (cine, canción, pintura, teatro,....).

-Análise da situación do home galego na sociedade actual, así como a situación de opresión e pobreza no mundo.

-Análise da situación da muller galega na sociedade actual.

-Análise comparativa entre a concepción da persoa da antropoloxía cristiá e outras concepcións.

3.5.3. Actitudes, valores e normas

-Valores que aparecen expresados nos testemuños históricos da comunidade cristiá.

-Valores do ser humano que xorden da revelación de Deus: dignidade da persoa, inviolabilidade e defensa da vida humana,...

-Valores sancionados positivamente na mensaxe cristiá: o «ser» sobre o «ter», a opción pola xustiza, a confianza radical na salvación de Deus e a capacidade crítica ante os contravalores.

-Valoración crítica do cristianismo como fenómeno histórico e sociocultural no mundo occidental e particularmente en Galicia.

-Valoración do traballo como un medio de realización persoal.

-Actitudes persoais na vida cotiá e no estudio.

-Respecto polas pautas de conducta para a convivencia escolar, familiar, social e relixiosa.

-Valor do enriquecemento que supón a convivencia na unión, o amor e a paz, e apertura ó diálogo e ó pluralismo.

-Valor da participación activa e responsable no traballo colectivo.

-Valor da gratuidade nunha sociedade pragmática e de consumo.

-Actitude crítica ante o indiferentismo, o totalitarismo, o terrorismo e as drogas.

-Actitude de fundamentación das propias conviccións respecto do compromiso social e do máis alá.

-Normas para interpreta-los documentos da Igrexa sobre a actividade humana e as realidades últimas.

-Interese por coñece-lo contexto social, político e histórico de calquera problema ou feito relixioso relevante.

-Valoración da conciencia moral en orde a adquirir conviccións e compromisos persoais.

-Valoración do traballo como medio de realización persoal e de cooperación cos demais en orde ó ben común.

-Normas de respecto de cara ó nome de Deus na fala.

3.6. Bloque 6: Liturxia e sacramentos da Igrexa

3.6.1. Feitos, conceptos e principios

-Iniciación na liturxia como acceso a unha tradición e ó dinamismo dunha cultura viva.

-Obxectos e símbolos sagrados.

-Obxectos simbólicos e símbolos iconográficos.

-Persoas sagradas.

-Accións sagradas.

-Principais accións litúrxicas e paralitúrxicas.

-Celebración cristiá da festa. O domingo, día do Señor.

-Oración, adoración, contemplación, sacrificio,...

-Os Sacramentos da Igrexa.

-A Igrexa como sacramento de Cristo.

-A Eucaristía, fonte e culminación de toda a vida cristiá.

-Os outros Sacramentos.

3.6.2. Procedementos

-Selección e clasificación de documentos escritos máis significativos sobre a historia da Igrexa.

-Comentario de textos doutrinais da Igrexa no seu contexto histórico.

-Interpretación e representación dos feitos máis relevantes da historia da Igrexa (diagramas, medios cronolóxicos, mapas, murais .... ).

-Investigación e análise da acción social actual dos movementos e organizacións católicas.

-Investigación e análise dos datos que aportan os medios de comunicación social sobre a vida da Igrexa e as súas institucións.

-Busca de datos sobre a aportación que fai a Igrexa no campo da cultura, da educación e da promoción humana no mundo de hoxe, particularmente en España.

-Identificación e distinción dos obxectos, persoas, e accións sagradas do contorno.

-Relación do sentido orixinal dos Sacramentos coa súa práctica actual.

-Análise do paralelismo entre os diversos Sacramentos e a vida humana (nacer, medrar, morrer,...).

-Comparación entre a linguaxe corporal e os xestos e signos da acción litúrxica.

-Confección dunha síntese de tipo sinóptico sobre os Sacramentos: orixe, finalidade, sentido eclesial, signos-símbolos esenciais, compromiso.

3.6.3. Actitudes, valores e normas

-Actitude de comprensión, respecto e tolerancia de cara a outras formas de pensamento.

-Valoración do cristianismo na nosa cultura occidental.

-Interese por coñece-los principais valores que aparecen expresados nos testemuños históricos da comunidade cristiá.

-Normativa fundamental sobre a pertenza á Igrexa Católica.

-Actitude do cristián ante a conexión intrínseca da Igrexa con Cristo.

-Actitude de respecto de cara ás expresións litúrxicas e sacramentais.

-Interese por coñece-la orixe, vitalidade e actualidade das cerimonias relixiosas.

-Valoración da dimensión artística dos obxectos do culto e da beleza das cerimonias litúrxicas.

-Normativa da Igrexa sobre as celebracións litúrxicas e sacramentais.

3.7. Bloque 7: A esperanza dos cristiáns. Liberación temporal e salvación definitiva

3.7.1. Feitos, conceptos e principios

A esperanza dos cristiáns

-A esperanza nun ceo novo e nunha terra nova.

-A salvación de Deus en Xesucristo é, ó mesmo tempo, inmanente e transcendente.

-Loita contra unha «cultura da morte» (droga, violencia, pasotismo.... ) e construcción dunha civilización do amor: o Reino de Deus.

Sentido cristián da actividade humana.

-Repercusións da ciencia e da técnica ante o plan de Deus.

-Ordenación da actividade humana en ben da creación. Deformación da actividade humana polo pecado e a súa rectificación e perfeccionamento en Cristo.

-Dimensión comunitaria -social e públicada fe cristiá. Signos de compromiso cristián no noso tempo.

-Concepción cristiá da liberación.

-Colaboración dos cristiáns xunto con outras persoas na construcción da cidade terrestre. Movementos mundiais nos que participa a Igrexa Católica.

-Xesucristo, Señor da creación e da historia.

A salvación definitiva: Escatoloxía.

-Sentido cristián da morte.

-A resurrección dos mortos e a resurrección de Cristo.

-A volta final do Señor, o xuízo e a vida eterna. Cristo, alfa e omega, primeiro e último, principio e fin.

-Elementos destacables das «postrimerías» noutras relixións.

3.7.2. Procedementos

-Selección, clasificación e valoración de datos sobre a actividade do ser humano, en canto á súa liberación, a partir de estudios estatísticos e científicos de organismos nacionais e internacionais.

-Análise e valoración do tratamento que sobre as realidades últimas fan os medios de comunicación e algunhas expresións artísticas.

-Análise crítica das variadas expresións relixiosas de romarías, procesións, exvotos, etc. relacionadas coa escatoloxía.

-Aproximación esexética ó xénero apocalíptico da Biblia nalgúns textos fundamentais.

-Estudio sistematizado sobre os principios da acción cristiá en orde á liberación temporal e á salvación definitiva.

3.7.3. Actitudes, valores e normas

-Actitude de diálogo e colaboración.

-Interese por coñece-lo contexto social, político e histérico dos problemas ou acontecementos presentados.

-Tolerancia, comprensión, valoración e respecto en relación con outras formas de pensamento e crenzas.

-Actitude de comprensión e de fundamentación das propias conviccións relixiosas respecto ó compromiso social e en relación «co máis alá».

-Normas para ler, interpretar e utiliza-los documentos do Maxisterio da Igrexa sobre a actividade humana e sobre as realidades últimas.

4. Orientacións didácticas.

4.1. Consideracións xerais

Cómpre recordar que o primeiro que se debe ter moi en conta é o principio de onde deberá emanar toda a didáctica da ensinanza da relixión e moral católica: o principio da fidelidade. Fidelidade á alumna e ó alumno -comezo e remate do proceso de ensinanza-aprendizaxe- e fidelidade ós contidos da mensaxe de Xesucristo (verdades reveladas e explicitadas polo Maxisterio da Igrexa).

Así mesmo, convén dicir que a creatividade da profesora ou do profesor, os métodos e materiais deben estar, sempre en función dunha aprendizaxe e dunha educación personalizada e comprensiva, baseada na riqueza persoal da alumna e do alumno, na súa propia iniciativa e creatividade.

O profesorado deberá saber artellar, dun xeito equilibrado e proporcional, unha ensinanza-aprendizaxe constructivista, significativa e comprensiva; partindo do que o alumnado sabe, e camiñando cara aquilo que realmente lle é útil e importante para o seu crecemento integral.

A reforma da ensinanza da relixión e moral católica na escola non só afecta a aqueles obxectivos que agora deben lograrse -e á disposición dos contidos de cara a eses obxectivos-, senón tamén á súa adaptación metodolóxica. Isto fai xurdir unha primeira orientación a ter moi en conta.

4.1.1. Interrelación dos bloques de contidos

Existe unha relación entre os contidos de feitos, conceptos e principios cos contidos de procedementos e cos contidos de actitudes, valores e normas.

A división e agrupación dos contidos en bloques obedece a un sinxelo criterio analítico que fai posible a diversificación dos elementos básicos. Tódolos bloques están intimamente relacionados; por iso é normal que tódalas unidades didácticas que se programen teñan elementos dos distintos bloques.

4.1.2. Actividades e técnicas para o ensino de relixión

A ensinanza de relixión e moral católica precisa unha aprendizaxe significativa a través de:

-Estratexias expositivas, xa sexan orais, escritas ou mímicas.

-Estratexias de indagación mediante a presentación de materiais seleccionados sobre un tema para que as alumnas e os alumnos os estructuren partindo de criterios abertos proporcionados polo profesorado.

-Estratexias de memorización. A concepción constructivista da aprendizaxe atribúe á memoria unha importancia considerable, aínda que relativa. Unha memoria incentivada non de forma verbalista senón esencialmente comprensiva.

-Estratexias motivadoras, buscando coas mesmas alumnas e alumnos centros de interese, propios da súa idade antropolóxica, do seu contorno e da súa experiencia.

4.1.3. Partir da experiencia

Na base de toda pedagoxía relixiosa está (tal como se recolle en tódolos últimos documentos da Igrexa) esta clave de comprensión da teoría constructivista actual: partir da experiencia.

Este partir da experiencia do alumnado, na clase de relixión e moral católica, supón:

-Axudarlle a reflexionar sobre situacións propias e experiencias persoais, e sobre feitos que teñen lugar no seu ambiente familiar e social.

-Confrontar todas estas experiencias coa Boa Noticia: Xesús e a súa mensaxe.

-Descubri-las posibilidades que ofrece o Evanxeo de cara ó perfeccionamento da persoa e do seu mundo.

4.1.4. -Actividade da alumna e do alumno

Na base mesma da pedagoxía relixiosa está tamén a actividade persoal da alumna e do alumno, pois está claro que a pedagoxía de Deus (tal e como se manifesta na Biblia, libro das experiencias e das vivencias relixiosas) respecta a condición e o ritmo de crecemento dos seres humanos e dos pobos.

A actividade da alumna e do alumno na clase de relixión, coma nas outras, é totalmente indispensable, pois a actividade do suxeito que se educa está na esencia mesma do acto educativo. Esta actividade na clase de relixión estará marcada

-pola individualización metodolóxica, que consiste en propoñerlle ás alumnas e ós alumnos obxectivos adaptados ás súas necesidades persoais, e actividades que, ademais de estar na liña dos seus intereses, respecten o ritmo e o modo de actuación persoal.

-pola iniciativa e a creatividade das mesmas alumnas e alumnos e pola autoformación do seu sentido crítico de cara ó mundo e á sociedade na que viven, establecendo con esa realidade concreta súa un diálogo aberto, crítico e constructivo.

4.1.5. Pluralismo metodolóxico

Unha educación ou aprendizaxe «constructiva», «significativa» e, incluso, «conductiva-comprensiva» esixe un pluralismo metodolóxico.

É necesario utilizar e saber aplicar oportunamente todos aqueles recursos e materiais didácticos (explicacións da profesora ou profesor, charlas-coloquios, entrevistas, mesas redondas, traballos individuais e de grupos, medios lúdicos e de expresión corporal .... ) para espertar nas alumnas e nos alumnos interese polo tema, e poidan manifestar ou expresa-las súas inquietudes e os seus logros na aprendizaxe.

4.1.6. A linguaxe

Hai que empregar unha linguaxe básica e común, respectuosa co ritmo, coas situacións dos alumnos e co seu grao de sensibilidade relixiosa. Deberá evitarse unha polarización entre unha linguaxe sacralizada que presupón uns coñecementos relixiosos, que a maioría dos rapaces e adolescentes non teñen, e unha linguaxe secularizada, de condicionamentos puristas, que pretende facer da presentación da relixión unicamente coma unha descrición fenomenolóxica do feito relixioso, como se se tratase de grupos de alumnas e alumnos absolutamente desenraizados do patrimonio cultural.

4.1.7. Unha ensinanza-aprendizaxe nun clima de liberdade

Fundamentalmente debemos ter presente que a clase de relixión e moral católica está aberta a cantos a soliciten, crentes ou non; polo tanto, ha de impartirse nun clima que facilite a liberdade do alumnado. Isto farase non só por respecto a un posible pluralismo relixioso, senón por imperativo evanxélico: o coñecemento da fe ofrécese, non se impón nin se manipula.

As actividades complementarias de formación e asistencia relixiosa (celebracións, prácticas relixio

sas, etc.) teñen un tratamento distinto, que é independente da clase de relixión e que debe adecuarse á verdadeira situación de fe dos grupos de alumnas e alumnos.

4.2. Orientacións específicas para a ensinanza de relixíón e moral católica na educación secundaria obrigatoria

Á hora de programa-la relixión e moral católica para a educación secundaria obrigatoria é preciso que se teñan moi presentes esas características antropolóxicas que marcan profundamente a etapa da preadolescencia. Podiámolos reducir fundamentalmente ás seguintes:

-Empeza a ruptura progresiva e dolorosa coa infancia e con todo aquilo que lle foi creando o mundo infantil,...

-Iníciase, con moito balbucido, o percorrido polos camiños do ser adulto. A personalización e a busca da súa propia identidade son conquistas ineludibles que se lle presentan ó preadolescente no campo educativo.

-Comeza a desenvolverse a razón formal; xa ten capacidade de abstracción e de xeneralización. Pouco a pouco vai adquirindo a posibilidade de operar a través da análise e da síntese, inducción e deducción, hipótese e comprobación, conceptos e símbolos....

Toda esa situación de ruptura, de ensaio, de novidade... fai que o preadolescente viva nunha realidade que condiciona substancialmente todo programa educativo e, sobre todo, o da Área de Relixión e Moral Católica.

O preadolescente vive en constante estado de crise. Tende á introversión, a encerrarse nun mundo de ostracismo e soidade. Amósase ridículo e indolente, frío e independente... gregario, antiautoritario, amante da verdade, da liberdade, da xustiza, etc. No campo da fe atópase agora desconcertado e desvalido.

4.2.1. Orientacións para cada ciclo

No primeiro ciclo (12-14 anos) da educación secundaria obrigatoria a alumna e o alumno entran nun período de despegue intelectual. Xa son capaces dunha certa organización mental marcadamente racional, o seu funcionamento empeza a ser hipotético-deductivo. Pode resolver operacións lóxico-formais partindo do lóxico concreto.

Este alumnado ábrese ó mundo relixioso de forma máis racional que afectiva (propio da infancia), sentindo curiosidade polas cuestións relixiosas e transcendentes. A noción de Deus faise máis existencial e evolutiva do «algo» fase da atributividade ó «alguén». O problema relixioso, pois, preséntaselle con agudeza.

No segundo ciclo (14-16 anos) poténciase a capacidade racionalizadora do adolescente. Entra nunha fase clara de interiorización que está «cabalgando» entre o maior descubrimento de si mesmo e a súa crecente capacidade de abstracción. Nesa situación é posible que xurdan moitas dúbidas de fe e que se funcionalice a relixión ó servicio da ética. Senten uns enormes desexos de cambia-lo mundo que lles ofrecen os adultos, pois, para eles, hai moitas cousas desagradables, inxustas, degradantes.... que é preciso desterrar,... obxectivos claros da Área de Relixión e Moral Católica.

Ante isto a profesora ou profesor desta área debe ter moi en conta o seguinte:

-O punto de partida na presentación dos temas deberá tocar sempre ós seus centros de interese.

-A exposición da doutrina deberá facerse co maior rigor científico posible.

-Debe intentar dar resposta a tódolos interrogantes que estes presentan, con serenidade e respecto.

-Os métodos deberán ser, en todo momento, activos, participativos, personalizantes e divertidos, segundo a súa idade e capacidade.

-Finalmente a profesora ou o profesor deberá ter sempre en conta o constante exercicio, da interdisciplinariedade -confronta-los saberes da Área de Relixión e Moral Católica cos das restantes área se a sistematización da mensaxe cristiá (obtención sistematizada dos coñecementos indispensables das crenzas, actitudes e valores cristiáns).

5. Orientacións para a avaliación

5.1. Orientacións xerais

Avaliar é facerse un consciente do resultado do traballo en función duns obxectivos determinados. É unha valoración de todo o proceso educativo e debe estar integrada plenamente dentro do proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Só se poden avaliar aspectos do proceso de ensinanza-aprendizaxe, fundamentalmente o desenvolvemento das capacidades expresadas nos obxectivos xerais de área. A fe da alumna ou do alumno nunca pode ser obxecto de avaliación.

Avaliarase, non tanto o rendemento do alumno, coma o grao de progreso no desenvolvemento desas capacidades e o seu esforzo, traballo, etc. Tamén se avaliará o papel da profesora ou profesor no referente ós métodos e materiais empregados, coa finalidade de ver se se está seguindo o camiño correcto ou se é preciso facer algunha rectificación.

Dentro do proceso de ensinanza-aprendizaxe haberá que ter en conta, á hora de avaliar, os seguintes aspectos:

-Os contidos na triple vertente de conceptuais (feitos, conceptos, principios), procedementais (procedementos) e actitudinais (actitudes, valores e normas).

-As actividades que faciliten a acción e reflexión das alumnas e alumnos e poñan en funcionamento as súas capacidades.

-Os recursos metodolóxicos empregados (palabra oral e escrita, imaxes e sons, obxectos, libros de consulta, materiais tecnolóxicos, outros recursos didácticos,...).

-O traballo da alumna e do alumno (capacidade de observación, análise e síntese, participación, colaboración, responsabilidade ... ).

Pártese do principio de que a avaliación ten que ser continua e debe abarcar todo o proceso educativo; convén distinguir tres tipos:

-Avaliación inicial ou de diagnóstico, que permitirá coñece-lo grao de desenvolvemento e os coñecementos previos da alumna e do alumno; o que facilitará unha educación personalizada que teña en conta a súa situación real.

-Avaliación formativa ou orientadora; avaliación do proceso de maduración da alumna e do alumno que, máis ou menos conscientemente, se vai realizando ó longo do curso (permite face-las rectificacións oportunas cando se detectan deficiencias). É bo sistematizala para non deixar desatendida ningunha das actividades programadas.

-Avaliación final, que ten como finalidade saber se se conseguiron os obxectivos propostos e a eficacia ou non de todo o proceso de ensinanza-aprendizaxe. En certa maneira é, tamén, o punto de partida (avaliación inicial) do curso seguinte.

Nunca, pois, a avaliación debe ser normativa, non se pretende compara-lo rendemento da alumna ou do alumno cun rendemento medio propio da idade para poner unhas «notas». Ten que ser unha avaliación adecuada ás metas propostas para cada un deles e, por este motivo, feita cunha grande flexibilidade.

6. Criterios de avaliación

Os criterios de avalación establecen o tipo e grao de aprendizaxe que se espera alcancen as alumnas e os alumnos, segundo as capacidades indicadas nos obxectivos xerais, de cada ciclo.

Os criterios de avaliación teñen un enunciado e unha breve explicación do mesmo. O comentario de cada enunciado facilita a súa interpretación dentro do contexto doutros elementos do currículo. Estes criterios queren ser pautas flexibles e nunca se entenderán de maneira ríxida.

Como xa queda dito a propósito das orientacións didácticas o alumnado de educación secundaria obrigatoria empeza a facerse preguntas propias do pensamento formal. No primeiro ciclo (12-14 anos) a clave está na pregunta ¿que é e en que consiste a relación home-Deus?. No segundo ciclo (14-16 anos) profúndase nesa relación buscando ademais o porque.

6.1. Primeiro ciclo (12-14 anos)

-Capta-las ideas esenciais e o sentido dos textos do Antigo e do Novo Testamento onde se descobre a progresiva revelación de Deus como Pai.

Este criterio pode servir para comprobar se as alumnas e alumnos comprenden o contido esencial de textos relacionados coa revelación de Deus Pai ó longo dos séculos. Esta comprensión poden demostrala de maneira oral ou escrita.

-Comentar verbalmente e/ou por escrito a mensaxe de Deus Creador e Salvador do ser humano, sintetizado nas pasaxes da Revelación.

Preténdese avaliar se a alumna e o alumno comprenden e expresan os principais elementos da mensaxe de Deus Creador do home e Salvador da Humanidade. A capacidade de síntese debe permitirlle

á alumna e ó alumno facer unha escolma de textos sobre a Creación e a Salvación.

-Localizar e integrar información da Biblia, desde un punto de vista histórico, xeográfico e cultural, que amose a súa veracidade e inspiración.

Trátase de avaliar se a alumna e o alumno son capaces de localizar informacións bíblicas, interrelacionando os distintos aspectos históricos, xeográficos, etc., que lle axuden a comprende-la veracidade da palabra inspirada por Deus.

-Identifica-las características fundamentais da persoa de Xesucristo e as características principais da súa mensaxe realizada na súa obra salvadora.

Este criterio pretende un coñecemento básico da persoa de Xesús e das características esenciais da súa mensaxe, feita vida na súa obra de salvación (paixón, morte e resurrección de Cristo).

-Sintetiza-la mensaxe das parábolas e dos grandes discursos de Xesús para coñece-las actitudes básicas da vida cristiá.

Este criterio tenta que a alumna e o alumno consigan unha síntese dos puntos básicos da vida cristiá, suxeridos pola lectura dalgunhas parábolas e dos grandes discursos.

-Resumi-las ideas esenciais da Igrexa como Pobo de Deus e sacramento de salvación e como continuadora da obra redentora de Cristo.

Avalíase con este criterio a capacidade do alumnado para capta-lo esencial da Igrexia, explicitando en breves resumes o que significa Pobo de Deus e Sacramento de Salvación.

-Describir e sintetiza-los símbolos e finalidades dos Sacramentos do Bautismo, Confirmación, Penitencia, Eucaristía e Unción dos Enfermos, en relación coas etapas da vida humana e da comunidade eclesiástica.

Este criterio permítenos avaliar se a alumna e o alumno son capaces de describi-las características esenciais dos Sacramentos, relacionándoas coas diversas etapas: nacemento, crecemento, madurez e morte da vida humana e eclesial.

-Situa-los Sacramentos, as festas relixiosas e os actos de culto na vida da Igrexa, como exaltación a Deus, celebración gozosa e compromiso persoal e social.

Tenta poñer de manifesto se as alumnas e os alumnos son capaces de situa-los Sacramentos, festas e actos de culto en relación coas máis importantes accións humanas, e expresan a vitalidade da Igrexa e o seu compromiso no mundo.

-Enumerar e comenta-los elementos básicos da moral, á luz dos valores evanxélicos, vendos reflectidos no mandamento do amor e nas benaventuranzas.

Este criterio trata de comprobar se a alumna e o alumno, reflexionando sobre a conducta moral, son capaces de distingui-los elementos esenciais do acto moral e expresar verbalmente, ou por escrito, o seu contido na liña do mandato do amor e das benaventuranzas.

-Recoñecer textos bíblicos e do Maxisterio da Igrexa que describan á persoa como imaxe de Deus, para valora-la súa dignidade, o respecto e aprecio de si mesmos e dos demais.

Este criterio permite comprobar que a alumna e o alumno recoñecen na Biblia e nos textos do Maxisterio o concepto de ser humano como imaxe de Deus, co fin de aprecia-los valores que deste feito se derivan.

-Contrasta-las propias actitudes coas dalgúns modelos de vida cristiá, que se caracterizan pola súa fidelidade ó Evanxeo .

Con este criterio trátase de avaliar se o alumnado respecta e valora a resposta que moitas testemuñas deron da persoa e da palabra de Xesús, contrastándoas con outras respostas.

-Obter información da problemática social do seu arredor, relacionándoa coas respostas cristiás fundamentais que se derivan do seguimento de Xesús.

Este criterio pretende garantir que a alumna e o alumno saiban detectar no ambiente os principais problemas sociais e fai unha síntese das resposta que o cristianismo aporta a estes interrogantes, se se sabe le-lo forte compromiso social do Evanxeo.

-Descubri-las relacións que hai entre os aspectos bíblicos, doutrinais, litúrxicos e as expresións artísticas e culturais do contorno e do patrimonio universal.

Preténdese comprobar se as alumnas e os alumnos son capaces de descubri-lo patrimonio relixioso, artístico e cultural, en relación coa Biblia, a liturxia, e a doutrina da Igrexa, no seu contorno artístico e na cultura universal.

6.2. Segundo ciclo (14-16 anos)

-ldentificar e localizar algúns elementos gráficos, textos literarios, símbolos, ritos, lugares, persoas, que manifesten como o ser humano, ó longo da historia, está nunha constante busca de Deus.

Trátase de avaliar se as alumnas e os alumnos son capaces de descubrir e recoñece-la constante busca de, Deus por parte do ser humano, que se manifesta na cultura popular, nos documentos das grandes relixións e na Biblia.

-Enumerar e describi-las preguntas fundamentais que o ser humano se fai, enraizadas no relixioso, e sintetiza-las principais respostas cristiás a esas preguntas.

Este criterio trata de avaliar se o alumnado é quen de se formula-las cuestións do sentido da vida e de expresa-las respostas que a fe cristiá dá a esas cuestións.

-Facer un estudio-síntese comparativo entre a mensaxe das grandes relixións históricas e a mensaxe cristiá en relación ós problemas básicos da existencia humana.

Este criterio pretende comprobar se a alumna e o alumno son capaces de facer unha formulación comparando os puntos principais das grandes relixións e os da mensaxe cristiá, que lle posibilite ter unha actitude de comprensión, respecto e diálogo cos diferentes sistemas de crenzas.

-Identificar na Biblia as categorías fundamentais nas que se expresa a Historia da Salvación e a Revelación progresiva de Deus ó pobo elixido.

Preténdese avaliar se o alumnado é quen de descubrir na Biblia a progresiva revelación de Deus que culmina con Xesucristo.

-Facer unha síntese dos contidos fundamentais da mensaxe de Xesús que constitúen a Boa Nova, localizándoos no Novo Testamento.

Con isto quérese comprobar se a alumna e o alumno son capaces de descubrir e expresa-los temas principais da vida e predicación de Xesús.

-Buscar no Novo Testamento a confesión de fe en Xesucristo que expresaron as primeiras comunidades cristiás e que foron recollidas nos feitos dos Apóstolos e nas súas Cartas.

Con este criterio preténdese comprobar se as alumnas e alumnos son capaces de localiza-las principais afirmacións da fe católica contidas nestes libros do Novo Testamento.

-Describi-los valores sobre o ser humano que xorden da mensaxe de Xesús, así como as consecuencias persoais e sociais desta mensaxe, e localiza-los textos do Evanxeo nos que se asentan as afirmacións que se fagan.

Por este criterio preténdese ver se o alumnado é quen de captar e expresa-la concepción do ser humano que está no fondo da mensaxe do Evanxeo.

-Describi-las posturas que respecto de Deus teñen diversos colectivos sociais na actualidade e expresar como ten que se-lo diálogo cristián cos non crentes.

Trátase de observar se o alumnado é quen de capta-la problemática sobre Deus que teñen moitas persoas do noso tempo e de manter con elas unha actitude de respecto e diálogo.

-Expresar claramente cal é o fundamento da dignidade da persoa humana e da igualdade de tódolos seres humanos, e as consecuencias morais destas dúas afirmacións que contrastan coas situacións humanas de opresión e de pobreza que existen na sociedade actual.

Este criterio trata de valorar se o alumnado é quende descubrir e manifesta-los fundamentos esenciais do pensamento social da Igrexa.

-Aplica-los carismas e ministerios da Igrexa á vivencia cristiá dos Sacramentos da Orde Sacerdotal e do Matrimonio.

Con este criterio téntase saber se as alumnas e os alumnos coñecen ás orixes, símbolos e finalidades destes Sacramentos, dispostos para á vida da comunidade humana eclesial.

-Situar nas distintas etapas da historia da Igrexa a realización da mensaxe de Xesús coa axuda dos modelos de vida, a expresión cultural e artística e o servicio á Humanidade.

Mediante este criterio avalíase se as alumnas e os alumnos, utilizando as coordenadas do tempo e

espacio, saben expresar de maneira sinxela os feitos fundamentais da vida da Igrexa.

-Analizar e valora-las características esenciais da Igrexa e a súa fidelidade ó mandato de Xesucristo nas distintas etapas da súa realización histórica.

Trátase de comproba-la capacidade do alumnado para establece-los aspectos fundamentais da Igrexa, a súa realización institucional ó servicio das persoas e a súa aportación histórica á construcción do mundo.

-Descubri-lo sentido e o significado da Eucaristía como fonte e culminación de toda a vida cristiá.

Con este criterio preténdese ver se as alumnas e os alumnos son capaces de comprender e expresa-la orixe, o signo e o sentido que ten este Sacramento para a vida da Igrexa e da Humanidade.

-Seleccionar información sobre feitos e conductas morais, a partires da observación da realidade ambiental e dos medios de comunicación, e valorar criticamente estes feitos e conductas desde a perspectiva dos valores contidos na mensaxe de Xesús.

Con este criterio preténdese coñece-la capacidade da alumna e do alumno para analiza-la realidade social do seu arredor e comparala cos valores cristiáns de paz, xustiza, fraternidade, igualdade, dignidade da persoa, dereito á vida....