Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co previsto no art. 123 do R.d. lexislativo 781/1986, do 18 de abril, faise público que o Concello Pleno, en sesión celebrada o día 6 de marzo de 1995, acordou convocar concurso para adxudica-la concesión da explotación da piscina municipal climatizada de Ribadeo coas seguintes características:

-Obxecto da concesión: explotación da piscina climatizada maila cafetería e ximnasio anexos.

-Duración da concesión: 10 anos.

-Fianza provisional: 200.000 ptas.

-Fianza definitiva: 500.000 ptas.

-Subvención máxima: 2.968.213 ptas.

-Presentación de proposicións: realizarase nas oficinas municipais durante o prazo de vinte días hábiles seguintes ó de publicación deste anuncio no BOE; así mesmo, poderán remitilas por correo cos requisitos do art. 100 do RCE.

-Apertura de plicas: realizarase dentro dos dez días seguintes ó do remate do prazo de presentación de proposicións. A data concreta comunicaráselles ós licitadores mediante telegrama ou fax, con dous días de antelación.

-Prego de condicións xurídico-económicas: está a disposición dos interesados na secretaría deste concello, xuntamente co proxecto de explotación e regulamento de réxime interno do servicio, publicado no BOP nº 58, do 11 de marzo de 1995, e poderán consultarse e obterse copias en horarios de oficina, das 9 ás 14 horas.

Ribadeo, 13 de marzo de 1995.

Eduardo Gutiérrez Fernández

Alcalde