Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

0 Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 9 de marzo de 1995, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización parcial da rúa Fonte dos Canos e rúa Maside, por instancia de Alfredo Pendo Amaro».

Anúnciase a exposición ó público do devandito proxecto nas oficinas do Departamento de Xestión e Promoción Urbana, de conformidade co establecido no artigo 117.3 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana.

Ourense, 14 de marzo de 1995.

Manuel Veiga Pombo

Alcalde