Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANA

ANUNCIO de poxa.

O Concello de Cabana convoca licitación pública para adxudicar, mediante poxa, a contratación da obra incluída no Fondo de Cooperación Local I: pequenas infraestructuras e equipamentos locais, titulada «Pavimentación de camiños de acceso a núcleos das parroquias de Canduas, Cesullas, Corcoesto, Cundíns e Borneiro».

Aprobado polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 23 de febreiro de 1995, o prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerán a poxa da obra de pavimentación de camiños de acceso a núcleos das parroquias de Canduas, Cesullas, Corcoesto, Cundíns e Borneiro, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para efectos de reclamacións.

Simultaneamente anúnciase poxa pública, aínda que a licitación quedará aprazada no caso de se presentaren reclamacións contra o prego de condicións.

1. Obxecto.-Execución da obra de pavimentación de camiños de acceso a núcleos das parroquias de Canduas, Cesullas, Corcoesto, Cundíns e Borneiro.

2. Tipo de licitación.-Oito millóns seiscentas corenta e sete mil catrocentas oitenta (8.647.480) pesetas, que poderá ser mellorado á baixa.

3. Prazo de execución.-Tres (3) meses.

4. Fianzas:

Provisional.-Cento setenta e dúas mil novecentas corenta e nove (172.949) pesetas.

Definitiva.-O catro por cento (4%) do importe total da adxudicación.

5. Presentación de proposicións.-No rexistro xeral de entrada de documentos deste concello, durante o prazo de vinte días hábiles a partir do seguinte ó da última publicación no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia e en horas de nove a trece, en dous sobres cerrados: un terá a oferta económica e outro a documentación.

6. Apertura de proposicións.-Ás doce horas do segundo día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

7. Expediente administrativo.-Estará de manifesto durante o prazo de presentación de proposicións na secretaría do concello, onde poderá examinarse por tódolos interesados das nove ás trece horas.

8. Modelo de proposición:

Don/Dona .... con enderezo en...., rúa...., nº...., teléfono...., DNI nº ... (pasaporte ou documento que o substitúa), actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF nº..., e con enderezo en..., rúa..., nº..., teléfono ... ) desexa tomar parte na poxa convocada por.. e publicada en..., de data... para a execución das obras comprendidas no proxecto de... e para eses efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas, en relación ó tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

En... a... de.. de 199...

0 licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre:

-Proposición para tomar parte na contratación das obras de..., presentada por..

En... a... de.. de 19...

O/a licitador/a (asinado e rubricado)

Documentación:

a) Empresario individual: fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa.

b) Persoas xurídicas: escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil.

c) Poderes: cando o licitador non actúe no seu nome propio ou se trate dunha sociedade ou persoa xurídica, deberá achegarse poder notarial para representa-la persoa ou entidade no nome das cales concorre ante a Administración contratante.

d) Verificación da suficiencia de poderes: os poderes ós que se refire o apartado c) da presente cláusula deberán ser verificados na súa suficiencia previamente polo secretario da corporación ou no seu lugar polo letrado da corporación.

En consecuencia os licitadores deberán cumprir este requisito con anterioridade á presentación das ofertas.

e) As empresas estranxeiras presentarán os seus documentos constitutivos traducidos de forma oficial para o castelán ou para o galego, acompañados dun despacho expedido pola embaixada de España no país respectivo, onde se certifique que, conforme a súa lexislación, ten capacidade para contratar e obrigarse.

f) Declaración expresa de que a empresa interesada non está incursa en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas no artigo 9 da vixente Lei de contratos do Estado e Regulamento de contratación das corporacións locais.

g) Certificación ou recibo acreditativo do pagamento do imposto de actividades económicas correspondente á actividade concreta sobre a que se ofrece.

h) Certificación ou recibo acreditativo de estar ó corrente no pagamento da Seguridade Social.

Cabana, 27 de febreiro de 1995.

Manuel Fariña Suárez

Alcalde-presidente