Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.183

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1995 pola que se convocan unhas xornadas sobre consumo de alcohol e outras drogas en menores, dirixidas ós membros dos corpos da policía local dos concellos da comarca do Baixo Miño e doutros concellos limítrofes.

Dentro dos programas de actividades que a Aca

demia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1995 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre consumo de alcohol e outras drogas en menores, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Destinatarios

As xornadas van dirixidas ós membros do corpo da policía local dos concellos da comarca do Baixo Miño e concellos limítrofes.

Inscrición

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas

Sen limitación de prazas.

Solicitudes

1.O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 30 de marzo de 1995.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, s/n, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela.

Contido e duración

As xornadas celebraranse en sesións de mañá e tarde, e nelas trataranse, entre outros, os seguintes temas: a) os mozos diante das drogas: psicoloxía da adolescencia; b) pautas do consumo de drogas e alcohol en menores; e) vellas e novas drogas: as drogas de deseño; d) urxencias por consumo de drogas: pautas de actuación; e) marco xurídico da intervención policial. As drogas e a lei.

Datas

As xornadas celebraranse o día 6 de abril de 1995.

O horario será de 9 a 20 horas.

Relación de admitidos

A relación de admitidos publicarase o día 3 de abril de 1995 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar

Centro social e cultural da Guarda.

Certificado de participación

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a elas.

Modificacións

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás contirixencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1995.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade