Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.182

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de revisión salarial do convenio de industrias vinícolas, licoreiras e sidreiras.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo industrias vinícolas, licoreiras e sidreiras, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o día 22-2-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Maioristas e Embotelladores de Viño, e da parte social por U.X.T., CC.OO. o día 10-2-1995, de conformidade co disposto do xa citado corpo legal, art. 90.2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre Rexistro e Depósito de Convenios Colectivos de Traballo e Real decreto 2.412/1982,

do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C)

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de febreiro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña