Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco, aprobou os pregos de condicións económico-administrativas e técnicas, por medio de concurso para a xestión do servicio de Fogar da Terceira Idade e Axuda a Domicilio, do Pazo de Arenaza, sito en Iñás, concello de Oleiros.

De conformidade co artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, queda exposto ó público durante o prazo de oito días hábiles para efectos de presentación de posibles reclamacións.

Simultaneamente, e para o caso de que non se produzan reclamacións, anúnciase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Obxecto do contrato.-O Concello de Oleiros convoca concurso que ten como obxecto a concesión administrativa da prestación do servicio de Fogar da Terceira Idade e Axuda a Domicilio.

2. Canon da concesión.-Será o proposto polo concesionario, na oferta presentada.

3. Retribucións do concesionario.-Consistirán no cobro das tarifas ás usuarios e na aportación por parte do Concello de dúas subvendións de importes máximos, 21.000.000 para financia-la prestación de Fogar da Terceira Idade e outra de 7.100.000 ptas. para financia-lo servicio de Axuda a Domicilio.

4. Prazo.-O prazo de concesión será de tres anos, podendo ser prorrogado de dous anos en dous anos sucesivos á solicitude do concesionario ata un máximo de once años, incluíndo o período inicial e as súas prórrogas.

O prazo da concesión imputarase a partir da formalización do contrato.

5. Prego de condicións.-Poderanse recoller na Oficina de Contratación deste concello, de 9 a 13 horas.

6. Garantía provisional.-1.950.000 ptas.

7. Garantía definitiva.-Consistirá no 3% do valor do inmoble do servicio público ocupado, ascendendo a 3.900.000 ptas.

8. Proposicións.-As proposiciéns, en sobre pechado e reintegradas cun timbre municipal de 10.600 ptas., para poder tomar parte na licitación, presentaranse no Rexistro Xeral da Casa do Concello de 9 a 13 horas. O prazo de presentación será de trinta días hábiles, a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio nos boletíns oficiais (BOP e DOG).

9. Apertura de plicas.-A apertura de plicas celebrarase no salón de reunións da Casa do Concello, sito no andar primeiro, ás doce horas do día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de plicas. No suposto de que fose sábado entenderase prorrogado o acto ó seguinte día hábil.

Oleiros, vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente