Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 9 de marzo de 1995, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no límite do núcleo co río Coroño, eliminando o vial sobre o esteiro e delimitando dúas unidades de execución, exponse ó público durante o prazo de 30 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP e DOG co fin de que durante o mesmo se poidan formular alegacións, reclamacións ou suxerencias, en cumprimento do disposto no artigo 114 do texto refundido da Lei do solo e ordenación urbana do 26 de xuño de 1992 en relación cos artigos 109 e 126 do mesmo corpo legal.

Boiro, 13 de marzo de 1995.

Manuel Velo Velo

Alcalde