Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1995, da dirección xerencia do complexo hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de limpeza dentro do centro materno infantil Teresa Herrera.

O xerente do complexo hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15-9-94, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde convoca o concurso público número 1/1995 para a contratación do servicio de limpeza.

I.-Obxecto e orzamento: a adxudicación do servicio de limpeza para o centro materno infantil Teresa Herrera, cun orzamento de cento trinta millóns de pesetas (130.000.000 de ptas.) anuais, IVE engadido, sen prexuízo dos prazos de execución sinalados no apartado seguinte.

II.-Prazo de execución: o contrato terá vixencia ata o 31 de decembro de 1995 desde o momento da súa sinatura, aínda que poderá prorrogarse anualmente por acordo expreso das partes, segundo dispón o art. 5 do Decreto 1.005/1974, do 4 de abril.

III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión, Sección de Investimentos, no edificio anexo da Escola de Enfermería, planta soto do Hospital Juan Canalejo, As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas.

IV.-Fianzas: o 2% do orzamento de licitación (2.600.000 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no art. 112 de LCE e 340 e 376 do seu regulamento.

V.-Clasificación: as empresas licitantes deberán xustifica-la clasificación grupo III, subgrupo 6, categoría D, como mínimo.

VI.-Presentación das proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pecha

dos e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do complexo hospitalario mencionado no apartado III, antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou por correo, do xeito indicado no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

VII.-Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas de xerencia do complexo hospitalario Juan Canalejo-Oza ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

VIII.-Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e especiais.

IX.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 7 de marzo de 1995.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do complexo hospitalario

Juan Canalejo-0za