Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1995 pola que se anuncia concurso público para a delimitación dos camiños de Santiago a Fisterra, a súa zona de influencia, propostas de instruccións para a intervención neles, medidas urxentes e inventario.

A Consellería de Cultura convoca o seguinte concurso público.

-Obxecto: delimitación dos camiños de Santiago a Fisterra, a súa zona de influencia, propostas de instruccións para a intervención neles, medidas urxentes e inventario.

-Orzamento de licitación: tres millóns cincocentas mil (3.500.000) pesetas.

-Clasificación do contratista: non é necesaria.

-Prazo de execución: seis (6) meses.

-Fianza provisional: setenta mil (70.000) pesetas.

-Documentación de interese para os licitadores: o proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago da Consellería de Cultura (edificios administrativos San Caetano) ou en calquera das delegacións provinciais da consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas.

-Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Consellería de Cultura (edificios administrativos San Caetano), en sobre pechado, e por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio. As proposicións axustaranse ó modelo establecido, que se une ó prego de cláusulas administrativas particulares, como anexo I.

-Apertura de proposicións: serán abertas na sede do órgano contratante pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, e se este coincidise en sábado ou festivo deixarase para o primeiro día hábil seguinte.

-Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

(DOG nº 244, do 21)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura