Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvernento Rural da Coruña, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Vilanova-Merín (Vedra-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Vilanova-Merín

(Vedra-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 513/1990, do 14 de novembro (DOG nº 232 do 26 de novembro de 1990) que a xunta local da zona, na súa reunión do 26 de xaneiro de 1995, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Vedra e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte o da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no diario de maior circulación desta, de conformidade co establecido no art. 36 Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

O expediente que se poderá examinar no local do concello contén á determinación do perímetro; clasificación de terras; fixación de coeficientas que servirán de base para face-las compensacións necesarias; determinación de propietarios, titulares de gravames e outras situacións xurídicas.

Contra estas bases os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de trinta días contados na maneira que determina o artigo 36 antes citado. Os recursos poderán presentarse no rexistro xeral da consellería (edificio administrativo de San Caetano s/nº, Santiago de Compostela), no rexistro da Delegación Provincial da Consellería na Coruña (edificio administrativo praza Luis Seoane s/nº, A Coruña) ou por calquera das canles que se establecen no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando un domicilio para efectos de notificacións.

A Coruña, 8 de febreiro de 1995.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento

Rural