Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.141

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (255/1994).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo executivo nº 255 de 1994, notifícase ó demandado, Manuel Rodríguez Baameiro, a sentencia dictada neles, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz de primeira instancia número un desta cidade e do seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado ó número 255 de 1994, entre estas partes: dunha, como demandante, Fiseat, S.A., entidade de financiamento, con domicilio social en Madrid, representada en autos polo procurador García Piccoli, asistido do letrado Paz Costas; e doutra, como demandado, Manuel Rodríguez Baameiro, maior de idade, empregado e que foi veciño desta cidade, actualmente en paradoiro descoñecido, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, sobre letras de cambio.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante execución despachada neste proceso sobre Manuel Rodríguez Baameiro, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Fiseat, S.A. entidade de financiamento, da suma principal de 245.152 pesetas, gastos, xuros pactados e legais, e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se impoñen á parte debedora, a quen será notificada esta resolución por edictos na forma e modo que dispón a lei; fáiselles saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días por ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

Para que sirva de notificación ó demandado Manuel Rodríguez Baameiro, declarado en rebeldía, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado