Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.124

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dispón a publicación da parte dispositiva da Orde do 1 de febreiro de 1995 pola que se dispón a devolución do proxecto denominado «Modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense, polígono 1 do SU-48, por instancia de Manuel Álvarez González, presidente do Comité de Empresa de Unión Carrocera, S.A. (UNICAR)».

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 1 de febreiro de 1995, dictou a orde que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Resolvo: devolver, en virtude e para os efectos do disposto no art. 132.2 do Regulamento de planeamento urbanístico, o expediente denominado

«Modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense, polígono 1 do SU-48, por instancia de Manuel Álvarez González, presidente do Comité de Empresa de Unión Carrocera, S.A. (UNICAR)», aprobado provisionalmente polo Concello de Ourense na súa sesión plenaria do 15 de abril de 1993, por estimar non completo o expediente e a fin de que, se fose o caso, se proceda á elaboración da correspondente memoria xustificativa da modificación e a cumprir en debida forma os pertinentes trámites e mandatos legal e regulamentariamente previstos.

Notifíquese a presente resolución e publíquese a súa parte dispositiva con expresión dos recursos legalmente procedentes.»

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos, advertíndose que contra a dita orde, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación, lembrando que se debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda