Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso de asistencia á deputación para a organización e coordinación do programa 1995 Noite de Cine.

Obxecto.-A contratación da asistencia á deputación para a organización e coordinación do V Programa Noite de Cine.

Orzamento.-O orzamento do contrato ascende á cantidade de pesetas 19.380.000, das que a cantidade que aboará esta deputación será a correspondente ó 70% da adxudicación, o 30% restante será recadado pola entidade adxudicataria, mediante o cobramento da citada cantidade ós concellos participantes no programa.

Clasificación.-Grupo III, subgrupo 8, categoría B.

Fianza provisiona.-387.600 pesetas.

Fianza definitiva.-775.200 pesetas.

Prazo de execución.-5 meses.

Proposicións-Documentación.-Presentarase en sobre cerrado segundo a cláusula 10 do prego de condicións e deberá conter oferta económica axustada ó seguinte modelo:

Don/Dona..., con enderezo en.... rúa..., nº..., código postal.... con DNI nº..., actuando en nome propio (ou en representación de... con enderezo en.... rúa.... nº..., código postal ... ), toma parte no concurso convocado pola Deputación Provincial da Coruña e publicado con data... para a adxudicación do contrato consistente na organización e coordinación do Programa 1995 Noite de cine, e fai constar que coñece e acepta o prego de condicións e que se compromete a realiza-lo devandito contrato con suxeición ás referidas cláusulas no seguinte prezo ... ptas. (IVE incluído).

O/a licitador/a (data e sinatura).

Prazo de presentación.-Poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación, r/ Alférez Provisional, s/n, 5º andar, dentro do prazo de 20 días contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOE, BOP ou no DOG, das 9 ás 13 horas.

Exposición do prego.-O presente prego queda exposto ó público na sección do patrimonio e contratación durante o prazo de 8 días para os efectos previstos no artigo 122.2 do Decreto lexislativo 781/1986.

Apertura de proposicións.-Terá lugar na sala de conferencias do Pazo Provincial ás 12 horas do día seguinte ó último sinalado para a presentación de ofertas.

A Coruña, 7 de marzo de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau Supervía

Secretario