Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno deste Concello de data 23-2-95 o prego de condicións técnicas e económico-administrativas que rexerán o concurso para a contratación, polo trámite de urxencia, dos servicios de limpeza pública, limpeza de xardíns, recollida de residuos sólidos urbanos e obxectos, e control do vertedeiro da vila do Barco, exponse o citado prego ó público por oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no BOP, para que poidan presentarse reclamacións por quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará canto resulta necesario de presentarse reclamacións ó prego de condicións.

Obxecto da licitación: contratación, polo sistema de concurso, dos servicios de limpeza pública, limpeza de xardíns, recollida de residuos sólidos urbanos e obxectos, e control do vertedoiro da vila do Barco.

Tipo de licitación: dadas as características do contrato, o tipo de licitación considerase indeterminado, e os interesados presentarán as distintas ofertas económicas segundo o sinalado no artigo 42 do prego de condicións.

Prazo do contrato: 10 anos.

Fianzas: a provisional fíxase en 500.000 ptas. e a definitiva en 8.000.000 de ptas.

Exposición do expediente: na Secretaría Xeral do Concello, tódolos días hábiles das 9 h ás 14 h, excepto sábados.

Prazo e lugar de presentación de proposicións. No rexistro xeral do concello, sito na Praza de España nº 1, 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense, desde o día seguinte ó de aparición do presente anuncio no último do diario oficial no que deba ser publicado, ata as trece horas do décimo día hábil desde a dita publicación.

Proposicións: a presentación da proposición presupón por parte do contratista, que se acepta incondicionalmente o prego de condicións e que reúne tódolos requisitos para contratar co concello do Barco de Valdeorras.

Documentación: a documentación presentarase en dous sobres pechados, que poderán estar lacrados e precintados, e nos que figurará a seguinte inserición:

«Proposición para tomar parte no concurso público convocado co obxecto de contrata-los servicios de limpeza pública, recollida e transporte de lixo e control do vertedeiro da vila do Barco de Valdeorras».

Os sobres deberán estar asinados polo licitador ou o seu representante. En cada un farase consta-lo número e relación de documentos que contén e o nome do licitador.

Sobre 1º: «Documentación xeral». Incluirase neste sobre a seguinte documentación:

a) Resgardo acreditativo da constitución da fianza provisional por importe de 500.000 ptas.

b) Declaración xurada na que o licitador afirme, baixo a súa responsabilidade, non estar comprendido en causa ningunha de incompatibilidade ou incapacidade das previstas no artigo 9 da Lei de contratos do Estado.

c) Declaración xurada de encontrarse ó corrente das obrigas tributarias, da Seguridade Social e para coa facenda local. O adxudicatario definitivo presentará certificados orixinais.

d) Certificado sobre incompatibilidade de altos cargos segundo a disposición adicional 3ª da Lei 25/1983.

e) Se o licitador fose persoa xurídica, copia da escritura de constitución ou modificación debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, e con cumprimento da obriga imposta no artigo 3.1 da Lei 19/1989, do 25 de xuño.

Se o licitador é persoa física, copia do DNI debidamente autentificada mediante compulsa.

Os que comparezan ou asinen proposicións e nome ou representación doutros, tanto se son persoas físicas como xurídicas, presentarán poder declarado bastante por letrado ou pola Secretaría Xeral do Concello, así como copia autenticada do DNI.

Tamén deberá engadirse copia compulsada do NIF.

No caso de que concorran á licitación varias

empresas formando unha UTE, cada un dos empresarios que a compoñan deberán acredita-la súa capacidade de obrar e no escrito de proposición deberán indica-los nomes e circunstancias dos empresarios que a subscriban, a participación de cada un deles e designa-la persoa ou entidade que durante a vixencia do contrato ostentará a plena representación de todos eles ante a Administración. En caso de que se adxudicase o contrato e unha UTE, esta deberá acredita-la súa constitución ante o órgano de contratación.

Sobre 2º: «Documentación relativa ó concurso». Neste sobre figurará:

a) A proposición económica, que se axustará ó modelo que consta como anexo ó prego de condicións.

b) Proxecto ou proxectos de servicio expresando claramente persoal, material, zonas de limpeza, recollida, etc. e demais extremos sinalados no cap. III ou en calquera outro apartado do prego de condicións.

e) Data e comezo de prestación dos servicios.

d) Cantos datos e referencias xulgue oportuno o concursante aportar e especialmente aqueles que permitan valora-la solvencia técnica e económica en relación ó cumprimento da contrata.

e) As modificacións que, sen menoscabo do disposto no prego, poidan presenta-los licitadores para contribuír á mellor prestación dos servicios.

As proposicións presentaranse escritas á máquina ou en letra maiúscula, sen que se acepten aquelas que presenten borranchos ou raspaduras ou conteñan omisións.

Celebración do acto de licitación.

O concurso terá lugar ás trece horas do día hábil seguinte ó de finalización do prazo para presentación de proposicións, excluíndose para eses efectos os sábados. Verificarase o acto no salón de sesións da Casa do Concello, baixo a presidencia do alcalde ou tenente de alcalde en quen delegue, constituíndose a mesa de contratación ademais polo concelleiro delegado do servicio, un representante da oposición, o interventor e secretario xeral da corporación autorizante do acto.

Dentro dos 5 días seguintes ó sinalado no parágrafo anterior, os asinantes das aproposicións admitidas e os das rexeitadas que mostrasen a súa desconformidade, poderán expor por escrito perante a Corporación canto coiden conveniente respecto ós preliminares e desenvolvemento do acto de licitación e capacidade xurídica dos demais concursantes.

Expirado o dito prazo, o Concello en Pleno resolverá sobre a nulidade ou validez do acto de concurso, e, se fose declarado válido, logo de asesoramentos técnicos pertinentes, efectuará no seu día a adxudicación del.