Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instaláción eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 73/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., e C.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. ó C.T. antigo de Aguas ata o C.T. de Montecelo Baixo, concello da Guarda.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., a 24/20 kV, de 20 m de lonxitude, aérea, con conductor tipo RHV e apoios de formigón.

C.T. de 250 kVA, relación de transformación 24/20 kV-380/220 V.

Orzamento: 3.957.244 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 21 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra