Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 72/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e modificación do C.T. existente que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. de Areal ata o C.T. que se proxecta en Fabaiños-Portonovo, concello de Sanxenxo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T. soterrada, a 20 kV, de 275 m de lonxitude con conductores RHV.

C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

Modificación C.T. existente

Orzamento: 9.015.334 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sita na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 21 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra