Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 135/1994 (51.229)).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública

a solicitude da entidade mercantil Eléctrica de Fuciños Rivas, S.L., co enderezo na Ronda da Coruña, 36, 15800 Melide (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

Modificación da L.M.T. denominada campo da feira, C.T. Ronda da Coruña, autorizada no exp. 51.229, entre os apoios números 7 e 9 pasándoa a subterránea á tensión de 3/15/20 kV en conductor R.H.V. 95 de Al. Concello de Melide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 18 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña