Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.208 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Hidro-Eléctrica de José Matanza García.

Finalidade: mellora do servicio na zona.

Situación do transformador: Curuxeiro e Vila, no concello de Carballedo.

Características: centro de transformación, de 160 kVA 20.000± 5%, 380/220 V. Rede de baixa tensión, con conductores RZ 0,6/1 kV, 3 x 95 Al + 54,6 Alm.

Orzamento: 2.000.000 de pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 10 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo