Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.105

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 20 de febreiro de 1995 pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Galicia Clínica.

Con data do 10 de febreiro de 1995 foi publicada no Diario Oficial de Calicia a orde da Conselleria da Presidencia e Administración Pública, do 27 de xaneiro de 1995, pola que se clasifica como científico-sanitaria a fundación Galicia Clínica adscribíndoa á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o seu protectorado.

Esta fundación, de acordo co establecido no artigo 2 dos seus estatutos, ten por obxecto a edición, publicación e distribución da revista médico-científica denominada Galicia Clínica.

Por todo isto, en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e seguindo o establecido no artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 32.3º a) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Reglamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Primeiro: declarar de interese galego a fundación Galicia Clínica, ó cumpri-los seus estatutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

Segundo: ordena-la inscrición da fundación Calicia Clínica no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección da Conselleria de Sanidade e Servicios Sociais, para os efectos constitutivos que sinala o artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Terceiro: a dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial, á obriga de dar publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a lle render contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico para o que se formula, e debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1995.

José M. Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicioso Sociais