Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.104

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de excución da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 115/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións que seguen:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, con orixe na subestación de Vilar do Colo, de 556 m de lonxitude en triple circuíto, seguida de 3.197 m de lonxitud e en doble circuíto, con remate en apoio nº 6 da liña As Chancas-Franza.

-Derivación de 62 m de lonxitude desde a liña anterior ó C.T. Loira, Cabanas e Fene.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 17 de febreiro de 1995.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial, en funcións, da Coruña