Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.103

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente 3.486 A.T).

Visto o expediente incoado na Sección de Industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2.634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria,

Esta delegación provincial resolveu autorizar a Begasa a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liña de media tensión, 20 kV, con conductor LA-30, apoios de formigón e metálicos, cunha lonxitude de 23 metros, orixe na L.M.T. ó C.T. da depuradora e final no C.T. de Vilalvite e Vilar. Centros de transformación, de 50 kVA o de Vilalvite e 25 kVA o de Vilar, 380/220 V. Redes de baixa tensión, con conductores RZ-95-50-25 e apoios de formigón, para mellora da subministración nos lugares de Vilalvite e Vilar, no concello de Lugo.

Declarar a utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e o seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.

Este anuncio publícase para emendar erros de tramitación no expediente.

Lugo, 13 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo