Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.077

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 132/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Severo Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións que seguen:

Liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 20 kV, con orixe na subestación de Vilar do Colo, cun primeiro tramo aéreo de 2.123 m de lonxitude ata apoio nº 16 en dobre circuíto, sobre apoios metálicos e de formigón e con conductor LA-110 e un segundo tramo subterráneo, baixo tubo e con conductor RHV 12/20 de 2x3 (1x240) mm Al, de 175 m de lonxitude e rematando no C.T. Cabanas. Cabanas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de

outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 17 de febreiro de 1995.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña