Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión do 15 de decembro de 1994, acordou convocar concurso para a concesión administrativa da xestión do servicio público do matadoiro comarcal de Celanova, sito en Veiga Pequena Barxa.

Con esta finalidade, publícase un extracto do prego de condicións que rexerá o devandito concurso, facendo constar que o prego completo está á disposición dos interesados na Secretaría Municipal.

Obxecto do concurso.-O Concello de Celanova, de conformidade co art. 114 e seguintes do Regulamento de servicios, 111 e seguintes do Real decreto lexislativo 786/1986 e a Lei e regulamento de contratos do Estado, convoca concurso que ten por obxecto a concesión administrativa da xestión do servicio público do matadoiro comarcal de Celanova, sito en Veiga Pequena Barxa.

O servicio obxecto da concesión inclúe o sacrificio faenado do gando vacún, porcino, equino e lanar, así como o transporte.

Prazo de concesión.-A concesión destes servicios será por un período de 10 anos contados a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato, prorrogándose automaticamente por períodos de 5 anos, excepto no caso de que con 6 meses, como mínimo, de antelación ó termo do prazo de contratación ou dalgunha das posibles prórrogas, algunha das partes manifeste á outra o propósito de rescindi-lo contrato á expiración do devandito prazo.

Canon.-Tendo en conta as características dos servicios que se contratan, establécese para si como canon mínimo o de 1 pts./kg canal, reservando para si o Concello en Pleno o dereito a efectuar libremente a adxudicación avaliando no seu conxunto as condicións ofertadas polos licitadores e, polo tanto, sen necesidade de aterse á oferta económica máis alta, incluso a declaralo deserto.

Tarifas que se percibirán.-Os concursantes deberán acompañar proposta de tarifas de prezos.

As tarifas a cargo do usuario, que percibirá como retribución o concesionario, serán aprobadas polo Pleno da Corporación; as devanditas tarifas modificaranse anualmente como mínimo de acordo ó IPC.

Persoal.-O concesionario obrígase a que o 50%, como mínimo, dos postos de traballo deste servicio se cubra por veciños do concello de Celanova.

Garantía.-O adxudicatario deberá constituír no prazo dos dez días seguintes a aquel no que se lle notifique a adxudicación unha fianza definitiva por importe de oito millóns de pesetas (8.000.000 de ptas.), en calquera das formas indicadas no apartado anterior, a que experimentará anualmente a variación porcentual que sufra o IPC, durante todo o prazo contractual e posibles prórrogas.

Proposición, documentos e prazo de presentación.-O expediente deste concurso poderá ser examinado na Secretaría do Concello de 9 a 13 horas, no prazo de vinte días hábiles, a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio deste concurso no BOP ou no DOG. Durante os devanditos días e horas poderanse entregar as proposicións, que irán en sobre pechado e no que se incluirán os seguintes documentos: proposición conforme o modelo que se establece ó final deste edicto; acreditación de ter

presentado garantía provisional; fotocopia do DNI do asinante da proposición; se o licitador é unha sociedade, escritura da súa constitución inscrita no Rexistro Mercantil; poder verificado polo secretario no caso de que se actúe por representación ou por mandado doutra persoa física, entidade ou persoa xurídica; declaración na que o licitador manifeste baixo a súa responsabilidade que non se encontra comprendido en ningún dos casos de incapacidade e incompatibilidade dos artigos 4 e 5 do Regulamento de contratación das corporacións locais ou no art. 9 da Lei de Contratos do Estado, documentación que xustifique estar ó día no pagamento da contribución de impostos estatais e locais ou estar exento deles así como das cotas da Seguridade Social; memoria explicativa referida á presentación do servicio na que necesariamente se deberán conte-los datos seguintes:

-Posibles obras ou instalacións de mellora que se realizarán polo concesionario e ó seu cargo, custo destas e período no que se executarán.

-Documentación que acredite a experiencia de traballo do licitador como empresario de matadoiros.

-Suxerencias ou modificacións que, sen entrar en contradicción co establecido no prego, poidan mellora-la realización do servicio para a concesión do que se convoca o presente concurso, incluíndo a organización de prestación do servicio.

-Alta no I.A.E. no epígrafe que o autorice para realizar servicios do tipo que se contrata.

-Proposta de tarifas de prezos.

Apertura de proposicións e adxudicación da concesión.-A mesa do concurso constituirase o día seguinte hábil ó de terminación do prazo de presentación de proposicións, conforme o determinado no art. 33 do Regulamento de contratos das corporacións locais, excepto que coincidira en sábado, xa que neste caso a apertura realizarase o lunes seguinte, en acto público, na Casa do Concello, a partir das 12 horas. Unha vez lidas as proposicións polo presidente, poderanse rexeita-las que non xunten toda a documentación esixida, así como as non axustadas ó modelo que poida producir dúbida racional sobre a persoa do licitador, prezo ofrecido ou compromiso que non asumira.

Baremos.-O Pleno do Concello resolverá discrecionalmente o presente concurso, logo dos informes correspondentes e do dictame da Comisión Informativa Municipal competente, aplicando os seguintes baremos: 1º Especialización, referencias técnicas e experiencia que se teña acreditada como empresario en explotacións da mesma índole do servicio obxecto do concurso. Valoración: 0 a 5 puntos; 2º Plan de organización do servicio proposto polo licitador. Valoración: 0 a 5 puntos; 3º Obras e instalacións non obrigatorias neste concurso e que mellorarían o servicio. Valoración: 0 a 5 puntos; 4º Canon e tarifa de prezos. Valoración: 0 a 5 puntos; 5º Calquera tipo de garantía que se coide como contribución a unha mellor forma para a prestación do servicio, así como a posible participación, fixada porcentualmente, do Concello nos beneficios da empresa. Valoración: de 0 a 5 puntos.

MODELO DE PROPOSICIÓN

Don/a... con domicilio en.... en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, en nome propio, ou en representación de..., conforme acredito con..., informado/a do prego de condicións e demais documentos obrantes no expediente do concurso convocado polo Concello de Celanova, para adxudica-la explotación do servicio de matadoiro comarcal na parroquia de Barxa, declara que non está incurso/a en ningunha das causas de incapacidade e incompatibilidade previstas nas normas vixentes que se regulan a contratación nas administracións públicas e que se encontra ó día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social; acepta e sométese expresamente ós pregos de condicións deste concurso e cantas obrigas do mesmo se deriven ós tribunais de Celanova. Como canon de explotación, excluído o IVE, se é o caso, proponse o seguinte: ... pesetas. En Celanova o... de.. de 1995 (Data e sinatura do/a licitador/a).

Celanova, 9 de marzo de 1995.

O alcalde

Rubricado