Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno o prego de condicións económico-administrativas que rexerán no concurso para a contratación das obras de mello

ras tecnolóxicas do matadoiro comarcal de Celanova, 2ª fase, exponse ó público polo termo de catro días na Secretaría do concello.

Sácase ó mesmo tempo a licitación polo sistema de concurso, procedemento aberto e urxente, a adxudicación da devandita obra, coas condicións que, en extracto, se indican seguidamente:

A) É obxecto do contrato a realización, mediante concurso, en procedemento aberto, da obra de melloras tecnolóxicas do matadoiro comarcal de Celanova, 2ª fase, de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Julio Gómez Fernández e co presente prego de condicións económico-administrativas.

B) O tipo de licitación fíxase en trinta e dous millóns seiscentas sesenta e tres mil seiscentas oitenta e cinco pesetas (32.663.685 ptas.) (IVE e gastos incluídos), podendo ser mellorado nas ofertas que se presenten polos licitadores.

C) O financiamento establécese da seguinte forma: a) 12.000.000 de ptas. con cargo á subvención outorgada pola Consellería de Economía e Facenda dentro do programa PIEL do Fondo de Cooperación Local para 1995. b) 20.683.685 ptas., con cargo á aportación municipal, figurando consignación adecuada no orzamento de 1995, aprobado inicialmente o 24-2-95.

D) Os pagos serán efectuados polo concello contra certificacións de obras expedidas polo técnico director delas, logo de cumpridas as formalidades oportunas, e a medida que a Consellería de Economía e Facenda ingrese a parte correspondente.

E) A obra será rematada e entregada provisionalmente no prazo de tres meses. O prazo de garantía será dun ano e comezará a contarse a partir da recepción provisional da obra. O adxudicatario quedará obrigado ó cumprimento dos prazos sinalados, así como dos derivados do programa de traballo. No caso de incorrer en mora, o concello poderá optar pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades, de acordo co artigo 138 do Regulamento xeral de contratación.

F) Os licitadores deberán constituír unha fianza provisional do 2% do valor da licitación e unha definitiva do 4%.

G) As proposicións presentaranse en sobre pechado, no que figurará a inscrición «Proposición para tomar parte na contratación por concurso da obra de melloras tecnolóxicas do matadoiro comarcal de Celanova, 2ª fase, na Secretaría do Concello, durante as horas hábiles de oficina, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Dentro deste sobre maior incluiranse dous sobres A e B, pechados, coa mesma inscrición referida anteriormente e un subtítulo.

O sobre A subtitularase «Documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada», debendo incluí-la seguinte documentación: documento que acredite a personalidade do licitador, mediante copia, do DNI ou escritura de constitución no caso de ser unha sociedade; no caso de actuar en representación dou

tros, escritura de poder bastante; documento acreditativo de ter constituída a fianza provisional; declaración expresa de non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade a que se refire o artigo 23 do Regulamento xeral de contratación do Estado e o 3 e 4 do das corporacións locais; xustificante de estar ó día no pago da Seguridade Social e non ter débedas coa Facenda pública; documentación que acredite a clasificación do contratista: grupo J, subgrupo 5, categoría D; documentación que acredite o contido dos criterios que se esixen no apartado H.

O sobre B subtitularase: «Oferta económica» e conterá a proposición formulada de acordo co modelo seguinte:

MODELO DE PROPOSICIÓN

D./Dª... con DNI núm.... en nome propio/ou en representación de.. (o que se acredita con poder bastante), informado/a do acordo do Concello de Celanova sobre contratación e execución mediante concurso da obra de melloras tecnolóxicas do matadoiro comarcal de Celanova, 2ª fase, anuncio que aparece publicado no BOP de Ourense ou no DOG de data... de... de 1995 e coñecidos os pregos de condicións económico-administrativas, así como os demais documentos e condicións esixidas que constan no expediente, que acepta integramente, comprométese a executa-la obra no caso de ser admitido no prezo de.. pesetas (en letra)... pesetas (en cifras). Lugar, data e sinatura.

H) Os criterios que se terán en conta para a adxudicación, ademais do prezo, serán, en síntese, os seguintes: presentación do plan de obras esquemático; ter realizado obras de características similares e, en especial, relacionadas coa 1ª fase do propio matadoiro, e exposición do plan de control de calidade da obra que a empresa mantendrá durante a execución dela.

I) O acto de apertura de plicas será público e terá lugar no salón de sesións da casa consistorial ás trece horas do día seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación de proposicións.

J) O prego íntegro das condicións económico-administrativas, poderá obterse na Secretaría do concello.

Celanova, 9 de marzo de 1995.

O alcalde

Rubricado