Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.045

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1994 pola que se declara a condición de mineral natural das augas do manancial de Fonxesta sito no concello de Láncara (Lugo).

Vista a solicitude de declaración de mineral natural das augas procedentes do manancial denominado Fonxesta, sito na parroquia de Vega de Anzelos, concello de Láncara, instado por Jesús Lence Ferreiro en nome e representación de Sociedad Limitada de Aprovechamientos Naturales (Solan, S.L.)

Resultando: que o Instituto Tecnolóxico Xeomineiro de España e a Dirección Xeral da Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, emiten informe favorable sobre a condición de mineral da dita auga.

Vistos: a Lei de minas, do 21 de xullo de 1973, o Regulamento xeral do réxime da minería, do 25 de agosto de 1978, e o Real decreto 1.164/1991, de regulamentación técnico-sanitaria para a elaboración, circulación e comercio de augas de bebida envasadas.

Considerando: que esta consellería é competente para a resolución do presente expediente, de acordo co Estatuto de autonomía de Galicia, os RR.DD. 1.534/1990 do 31 de xullo, e 2563/1982, do 24 de xullo, os decretos 6/1982, do 29 de xaneiro, e 132/1982, do 4 de novembro, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificado polo Decreto 15/1990, do 6 de febreiro, en relación coa vixente Lei de procedemento administrativo, a Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, o R.d. 2,857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minería.

Considerando: que na tramitación do expediente se cumpriron tódolos preceptos regulamentarios contidos no artigo 39 do regulamento anteriormente citado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Industria, declara expresamente a condición de mineral natural das augas do manancial Fonxesta, sito na parroquia de Veiga de Anzelos, concello de Láncara (Lugo).

Esta declaración de auga mineral natural queda condicionada ó cumprimento de tódolos requisitos establecidos no Real decreto 1.164/1991, do 22 de xullo, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria para a elaboración, circulación e comercio de augas de bebida envasadas, e revogarase no suposto de comprobarse o incumprimento das esixencias impostas pola regulamentación mencionada para este tipo de augas.

De acordo coa normativa vixente, previamente ó aproveitamento das augas obxecto da presente declaración, o interesado deberá acredita-lo cumprimento do apartado 1.3 do anexo II do real decreto antes citado.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1994.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria