Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 1995 Páx. 2.028

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1995 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos das prazas 1.254 e 1.262/1994 de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.d. 1.427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6 do dito Real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidade os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela de data 15 de xuño de 1994 (BOE do 27 de xuño de 1994) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da Universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1995.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de catedrático de escola universitaria

Área de coñecemento: dereito civil.

Praza número: 1.254/1994.

Comisión titular:

Presidente: José Manuel Lete del Río. C.U. de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: José Antonio Lois Fernández. C.U. da Coruña.

Vocal 1º: Mª Carmen Gete-Alonso Calera. C.U. Autónoma de Barcelona.

Vocal 2º: Luis Díez Picazo Ponce de León. C.U. Autónoma de Madrid.

Vocal 3º: Luis Felipe Ragel Sánchez. C.U. Estremadura.

Comisión suplente:

Presidente: Ángel L. Rebolledo Varela. C.U de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Miguel Massot Miquel. C.E.U. Baleares.

Vocal 1º: Antonio Gordillo Cañas. C.U. Sevilla.

Vocal 2º: Carlos Vattier Fuensalida. C.U. Valladolid.

Vocal 3º: José Javier Hualde Sánchez. C.U. País Vasco.

Praza de profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: dereito común.

Praza número: 1.262/1994.

Comisión titular:

Presidente: José A. Lois Fernández. C.E.U da Coruña.

Vocal secretaria: Paloma Fisac de Ron. T.E.U Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Francisco Sales Capilla Roncero. C.U Cádiz.

Vocal 2º: Miguel Ángel Torres Ferreiro. T.E.U. da Coruña.

Vocal 3º: María Isabel Trujillo Calzado. T.E.U. Granada.

Comisión suplente:

Presidente: Miguel Massot Miquel. C.E.U. Baleares.

Vocal secretaria: Aurelia Blanco González. T.E.U. da Coruña.

Vocal lº: Jesús Delgado Echevarría. C.U. Zaragoza.

Vocal 2º: Álvaro Núñez Iglesias. C.E.U Almería.

Vocal 3º: Tomás Noguera Nebot. T.E.U. Huelva.