De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,
RESOLVE:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (edificio administrativo de San Caetano, bloque 5, 3ª planta. 15711 Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.
Cuarto.-Os/as aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen.
Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.
Quinto.-No caso de que resulte seleccionado/a para ocupa-lo posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un funcionario/a con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserto o posto.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo, e de un mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezarase
a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite dos dous meses a que se fai referencia no apartado quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.
Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicalo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1995.
Juan Miguel Diz Guedes
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións
Laborais
ANEXO I
Código do posto: XUC030000015770001
Denominación do posto: secretario/a do director xeral
Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza e Interior
Localidade: Santiago de Compostela
Corpo ou escala: xeral
Formación específica: mecanografía
Grupo: CD
Nivel: 18
Específico: 506.772