Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de necesidade e urxente ocupación e imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica para a execución do proxecto con expediente 57/1993 A.T.

En cumprimento do disposto no art. 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, a declaración da necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o disposto no parágrafo 1 do art.14 do citado regulamento, transcríbese de seguido a relación concreta e individualizada dos interesados cos que se considera cómpre a expropiación para a execución do seguinte proxecto:

Liña eléctrica a M.T. a subestación de Ponteareas, no concello de Ponteareas, autorizada e declarada

de utilidade pública por resolución da Delegación Provincial de Industria do 11 de marzo de 1994 (expediente número 57/1993 A.T.).

Para os efectos do disposto no número 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da última publicación desta anuncio, que terá lugar no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e nun diario local dos de maior circulación así como os interesados en igual prazo, ós que se lles practica notificación individual, poderán aportar por escrito e por triplicado, os datos oportunos para corrixir posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para este efecto estará exposto o expediente, con proxecto da instalación, nesta dependencia, sita en Vigo, Gran Vía, 76, en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán instar a través desta delegación provincial que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Vigo, 7 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra