Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalacións eléctrica que se cita. (Expediente 3.489 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa S.A. Rúa Saénz Díez, 95. Ourense.

Situación: Lecoce e Rubín, no concello de Sarria.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico da zona Lecoce e Rubín.

Caracteristicas principais: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón e metálicos, de 1.283 metros de lonxitude. Centro de transformación á intemperie B2, de 100 kVA o de Manán e 50 kVA o de Rubín, 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión, de 2.614 metros de lonxitude, e conductores RZ-95-50-25, no concello de Sarria

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 14.000.000 de pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, r/ Pascual Veiga, 12-14, e formulárense ó mesmo tempo as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 6 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo