Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 1995 Páx. 1.953

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (452/1994-2).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo de cognición 452/1994, que se segue neste xulgado por instancia de Luis Meijide Rodríguez, representado pola procuradora Goimil Martínez, contra Sankyme, S.L., por medio da presente cédula emprázase o referido demandado do que se descoñece o actual domicilio, co fin de que no prazo de nove días compareza en autos coa prevención de que de non o facer será declarado en rebeldía e darase por contestada a demanda, notificándolle a dita resolución e as demais partes que se dicten nos estrados do xulgado.

E, para que sirva de emprazamento a Sankyme, S.L. expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o oito de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado